Mércores. 08.05.2024
El tiempo

Fin de semana de maratóns e derbis para a familia Anorthosis

Fin de semana de maratóns e derbis para a familia Anorthosis
Equipo Vimianzo TM Equipo Vimianzo TM

Completa a fin de semana para a familia do Anorthosis, con doble derbi en 3ª Galega, derrota do Anorthosis en Conxo, e regular maratón do equipo feminino de categoría nacional por Ferrolterra.

3ª División Nacional. Grupo Centro

  • Resultado: Conxo TM - Anorthosis Vimianzo (4-2).

Mala xornada para o Anorthosis en Santiago pois só puido traer 2 puntos e tiña todas as esperanzas de sacar máis puntos na súa visita.
Pero hai que xogar cada encontro de equipo e cada partido individual a tope para puntuar nesta liga na que todos coinciden en que está moi igualada. Os puntos de Miguel Rey e Gonchu. Desta vez Stevo defraudou ao caer ante mario Otero ao que parecía que lle tiña a medida collida.

O primeiro equipo da familia queda na 8ª praza, con marxe sobre as dúas prazas de abaixo.

 

2ª División Galega

  • Resultado: Concello de Zas Cernadas - Concello de Zas Ponciano Nieto (1-5).
  • Resultado: Vimianzo TM - Concello de Mazaricos (5-1).

En 2ª Galega, doble derbi local entre os equipos do clube e que foron solventados polo mesmo resultado de 5-1. No caso do Concello de Zas Ponciano Nieto foi normal a súa vitoria e que ademais aproveitaron a baixa forma de Edu Cernadas e Manuel Costa, que apenas entrenaron nos últimos meses co Cernadas. No Ponciano Nieto destacou Brais Blanco, moi superior aos demais, e no Cernadas Joel, que conseguiu o punto e puxo en apretos a súa irmá Laura nun duelo familiar.

No outro encontro de rivalidade entre os de Vimianzo (Adrián Riveiro Oreiro, David Roget Blanco e Francisco Paz Trillo) e os de Mazaricos (Javier Rodríguez Castelo, Alejandro Blanco Iglesias e Juan J. Moledo Barreiros) foron moi superiores aos soneiráns e a razón está nos días de entrenamento que cada semana fai cada equipo. Así os de Vimianzo con disponibilidade de local entrenan 4 ou 5 días días, polos 2 de Mazaricos, ambos equipos ás ordes do mesmo adestrador, Miguel Rey. Iso non quita a mellora de todos e o nivel adquirido e sobre todo o compromiso e de sobresainte. Polo tanto cómpre resaltar a progresión de todos os xogadores nesta primeira temporada de competición e a boa armonía que corroboraron cunha merenda-cea nun establecemento de Vimianzo. Alí outra vez fronte a fronte pero no medio non estaba a rede senón os refrescos e as pizzas.

 

2ª División Nacional Feminina

  • Resultado: Club Narón - Concello de Zas O Pinar (3-0).
  • Resultado: Club San Xoan "B" - Concello de Zas O Pinar (3-0).
  • Resultado: Cafeteria Ipanema San Xoan - Concello de Zas O Pinar (1-3).
  • Resultado: Cidade de Narón - Concello de Zas O Pinar (3-0).

En 2ª Nacional Feminina, o equipo que máis alto está por categorías da familia, o Concello de Zas O Pinar voltou de Ferrol cunha vitoria de equipo e varias individuais por parte de Tatiana Recarey e isto dalles ánimos e moral para vindeiros compromisos.

 

Vindeira fin de semana

Venres 22 de xaneiro ás 19:00h - 2ª Galega: Concello de Zas Ponciano Nieto - Vimianzo TM.

  • Sábado 23 de xaneiro ás 17:00h:
    - 3ª Galega: En Ribadumia. Guiusseppe Anthony - Concello de Zas Cernadas.
    - 3ª Galega en Santiago: Arteal Ventanas "B" - Concello de Mazaricos.
    2ª Nacional Feminina en Narón. Ás 11:00h: Aluminios Xeal - Luarca Tenis de Mesa.
    - 2ª Nacional Feminina en NarónÁs 16 h. Aluminios Xeal - Avilés TM.
  • Domingo 24 xaneiro as 11 h. en Zas - 3ª Nacional: Anorthosis Vimianzo - Conxo Ponte de Ferro.
  •  

    Máis información

    Novas relacionadas

    Crónicas da temporada pasada

    Fonte

    Comentarios