Martes. 07.05.2024
El tiempo

O Anorthosis espalla o tenis de mesa pola Costa

O Anorthosis espalla o tenis de mesa pola Costa
Familia do Tenis de mesa da Costa da Morte

Impagable o labor que fai a familia Anorthosis para espallar a semente do tenis de mesa pola Costa da Morte.70 cativos participaron este pasado sábado na concentración deste deporte celebrada no ximnasio do CPI de Zas. Unha xornada “excepcional”, como califica a alma máter da familia, Stevo Lema.

”Algúns gañaron máis partidos que outros, pero o importante foi o bo ambiente deportivo, a camaradería entre eles, o desfrute do deporte e, por suposto, as gañas de volver”, destaca Stevo. Sobre todo dos que foi a súa primeira vez e que antes de marchar preguntaron cando era a seguinte. "Desfruta do nadal e aprende moito que será moi pronto"

Os mozos deportistas de toda a zona (que chegaban do Concello de Vimianzo, do AD Zas, co CPI A Baña, do CEIP Portomouro, e do CPI de Outes) déronlle duro á bola coa súa raqueta e non perdían detalle de como lle daba o posible contrincante da próxima partida. Tal foi a concentración no xogo e nos partidos que cando algún saía fora do ximnasio rapidamente se reclamaba a súa presenza. De feito, un grupo de rapaces que vendían refrescos e chuches para facer fondos de cara a excursión de fin de curso, entraron para queixarse de que non saían comprar, por que tiñan que xogar seguido…

Vemos na foto os últimos que quedaron no ximnasio, xa pasadas as 19:30h. Gran parte dos participantes xa marcharan, despois de 4 horas xogando non é de estrañar e estan desculpados. “Gañadores, todos os que viñeron.”

Máis información

Novas relacionadas

Crónicas da temporada pasada

Fonte

Comentarios