O Concello de Zas Ponciano Nieto enfoca o ascenso


Moi bo ambiente na tarde fría do sábado no pavillón municipal de Vimianzo, donde os equipos de xóvenes xogadores e xogadoras tanto de Mazaricos coma de Vimianzo ou Ribadumia puxeron todo o seu saber xogar para sacar os partidos adiante. E os equipos da familia Anorthosis acadaron resultados normais, entre os que destaca o traballo do Concello de Zas Ponciano Nieto, que puxo as cousas claras de cara o ascenso quedándolle agora moito máis doado. E os outros equipos terán que pelexar polo 2º posto.
2ª División Galega Grupo centro
- Resultado: Arteal Ventanas "B" - Concello de Zas Ponciano Nieto (1-5).
- Resultado: Concello Mazaricos - Bodegas Güiusseppe Anthony (5-1).
- Resultado: Vimianzo TM - Bodegas Güiusseppe Anthony (3-3).
Gran vitoria do Concello de Zas Ponciano Nieto que o enfoca ao ascenso. Miki (2 puntos), Miriam, Brais e Ana (1 punto cada un) foron os que participaron neste encontro.
Os de Mazaricos, cun pouco máis de experiencia, resolveron ben ao seu favor o encontro. E os de Vimianzo con Lucía e Nico sen moitos partidos xogados foron capaces de sacar un empate grazas aos 2 puntos acadados por David Roget, o outro conseguino Lucía. Hai que ter en conta que Ribadumia compite con xogadoras benxamíns pero teñen a experiencia da competición. Foi moi bonito velos xogar.
Vindeiros encontros
- Venres 4 de marzo ás 18:30h. en Ribadumia (Pontevedra): Bodegas Güiusseppe Anthony - Concello de Zas Ponciano Nieto.
- Sábado 5 de marzo ás 16:00h. no pavillón de Mazaricos: Concello de Mazaricos - Concello de Zas Cernadas.
- Domingo 6 de marzo ás 11:00h. no pavillón Principe Felipe de Pontevedra: Monte Porreiro Abanca - Vimianzo TM.
- Sábado 5 de marzo en Narón na 1ª División Nacional Feminina:
- Ás 16:00h. Aluminios Xeal - CTM Coruña.
- Ás 18:00h. Aluminios Xeal - CTM Cidade de Narón.
Máis información
- Clasficacación da 2ª División Nacional Feminina.
- Clasificación da 3ª División Nacional Grupo Centro.
- Clasificación da 2ª División Galega Grupo Centro.
Novas relacionadas
- Moito futuro na canteira do Anorthosis.
- Fin de semana de maratóns e derbis para a familia Anorthosis.
- O Anorthosis suma e O Pinar prepara o maratón ferrolán.
- Pinpon tamén por Nadal.
- O Anorthosis espalla o tenis de mesa pola Costa.
- Vimianzo, Zas e Mazaricos seguen vibrando co tenis de mesa.
- A familia Anorthosis segue medrando.
- Miriam Domínguez, ao Campionato Estatal de tenis de mesa.
- O Mazaricos non pode cos seus mestres do Anorthosis.
- Dúas de cal e dúas de area para a familia do Anorthosis.
- As rapazas do Aluminios Xeal estrearon categoría Nacional cunha viaxe a Asturias.
- O Anorthosis nota a falta de adestramento neste comezo de temporada.
- Stevo Lema disfrutou dun premio á súa carreira no Campionato de Seleccións de maiores.
- O Anorthosis comeza a tempada entre os primeiros equipos de tenis de mesa.
Crónicas da temporada pasada
- Ana García, triple podio no Campionato Galego de tenis de mesa
- O tenis de mesa galego celebrou en Zas a súa homenaxe a Moncho Varela.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
- Anorthosis, da man de Stevo Lema.