Venres. 30.09.2022
El tiempo

O Conservas Boya competirá en categoría nacional

O Conservas Boya competirá en categoría nacional

Impresionante ver como unha vila de 3.000 habitantes compite cara a cara con vilas de centos de milleiros de persoas. Impresionante ver un pobo volcado cun deporte como o balonmán. Impresionante disfrutar do ascenso á 1ª División Nacional do Balonmán Camariñas Conservas Boya.

Os de Dioni Quenlle tiñan a oportunidade de acadar un ascenso, case que nin soñado, na casa. A Fase celebrouse no Areal e aí estivo a afección conserveira facendo de número 7 levando en volandas aos seus xogadores cara o ascenso.

Para o ano que vén o Balonmán Camarinas levará o nome de Camariñas, da Costa da Morte e da empresa Conservas Boya por todo o país pola 3ª división nancional. Equipos galegos como At. Novás, o Balonmán Deza de Lalín, O Porriño ou Calvo Xiria carballés, así como outros asturianos e zamoranos, serán os rivais dos conserveiros.

Desenvolvemento da Fase

O Conservas comezaba cun empate a 22 ante o Universidad La Laguna na tarde noite do venres. Precisaba pois dúas vitorias e acadaba a primeira ante o Plasencia.

E como se prevía, todo quedaba para o mediodía do domingo. O todopoderoso Salamanca, que chegaba con dúas vitorias claras, era o rival a batir. O Areal, a rebosar, e as gañas de vitoria espoleaban aos xogadores de Dioni Quenlle. 32-27 para celebrar un día histórico para o balonmán da Costa da Morte.

No tocante aos máximos goleadores, o camariñan X. Canedo Rey quedou segundo con 19 tantos na fase detrás do xogador C. Hernández Fdez. do Unversidad de la Laguna.

Vídeo do ascenso

Novas relacionadas

Crónicas do título do Conservas

Máis novas

Fonte e Máis información

comentarios