xoves. 01.05.2025
El tiempo

O DeporCampus espallará a semente branquiazul a uns 100 cativos en Zas

O DeporCampus espallará a semente branquiazul a uns 100 cativos en Zas
Presentacion do Deporcampus en Zas 2

Todo un luxo para Zas ser unha das 10 sedes do DeporCampus 2017. O RCD Deportivo escolleu o concello zaseiro para esta experiencia deportiva inesquecible que poderán disfrutar nenos e nenas de idades comprendidas entre os 6 e os 14 anos de toda a comarca. Un campos que se desenvolverá do 26 ao 30 de xuño de 2017 nas instalacións do Campo de Fútbol Platas Reinoso de Baio.

Onte foi a presentación oficial no Concello de Zas. Moitos rapaces das Escolas Municipais, que seguro que non faltarán, acodiron para escoitar as palabras de Pablo Barros, director de DeporCampus e José Barcala, director metodolóxico de Real Club Deportivo; ademais de Manuel Corredoira, responsable das E.M, e o alcalde Lolo Muíño.

Os encargados de dirixir as actividades do campus son profesores e técnicos do Real Club Deportivo, e fomentan valores como o xogo limpo, o respecto polo rival, o esforzo, a solidariedade e a amizade a través do deporte.

Como apuntamento, haberá dous autobuses para os rapaces da contorna. Un sairá de Muros e virá polo interior, e outro dende Fisterra.

Inscrición

Poden inscribirse ata o xoves 22 de xuño ás 12h. O custe é de 100 €para os nen@s das Escolas Municipais de Zas, e 120 para o resto. Poderá realizarse mediante formulario dispoñible na web deporcampus.rcdeportivo.es, no correo deporcampus@rcdeportivo.es, no teléfono 636.884.243 ou cubrindo o formulario e entregándoo no Centro Sociocultural de Zas ou Baio.

Fonte

  • Concello de Zas.

Comentarios