Venres. 26.04.2024
El tiempo

O Fisober recibe ao Bilbo F.S. no Conco

O Fisober recibe ao Bilbo F.S. no Conco
As do Fisober xogaron recentemente un partido amistoso contra o Moana As do Fisober xogaron recentemente un partido amistoso contra o Moañna Este sábado, ás 20 horas, as instalacións deportivas do Conco de Dumbría acollen a segunda xornada da Segunda División Nacional do Grupo I na que o Fisober F.S.F. se enfrenta ao Bilbo F.S. Os dous equipos ocupan o primeiro e o segundo posto da clasificación despois da primeira xornada. O Bilbo quedou primeiro clasificado na pasada tempada neste grupo 1 ainda que non foi quen de lograr o ascenso na promoción. Ademáis, na tempada 2014/15 xogou na División de Honor. O Bilbo é un equipo sempre favorito ao ascenso e habitual nas promocións. Que ademais xa chega coma líder despois da primeira xornada. Un conxunto cun enorme potencial, e moi difícil de batir. Veñen de gañar por 4 a 1 na primeira xornada ao F.S. San Bernabé de Logroño que precisamente serán o vindeiro rival das costeiras. Ás xogadoras do Fisober non se lles dá nada ben ao Bilbo; xa que nas catro ocasións que se enfrontaron ata o de agora sempre saíron vencedoras as vascas con claridade. Nos dous enfrontamentos coma locais, na tempada 2012/13 o resultado fora de 3 a 7 a favor do Bilbo, e na tempada 13/14 fora de 0 a 3 tamén a favor das vascas. O Fisober deberá ofrecer a súa mellor imaxe e traballar de principio a fin se quere ter algunha opción ante tan potente rival. E aproveitar a tranquilidade e ilusión que da ter gañado na primeira xornada.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios