mércores. 13.11.2024
El tiempo

O MáisDeporte mete presión á Cantina na previa da gran final da Liga de FS de Cee

O MáisDeporte mete presión á Cantina na previa da gran final da Liga de FS de Cee
Mais Deporte e Meson A Cantina volven competir pola Liga de FS de Cee Mais Deporte e Meson A Cantina xóganse, de novo, a Liga de FS de Cee

Como están as Ligas de Fútbol Sala Costa da Morte de Cee.

Tropezou esta pasada semana ante o Ferralla San Mamede o líder da Liga de FS de Cee – 1ª División. Os fisterráns da Cantina, vixentes campións, sufriron a primeira derrota do curso, pero manteñen o liderado. Iso si, cun só punto de vantaxe sobre o Máis Deporte, ao que se enfronta na vindeira xornada.
Así, despois do parón polo Entroido, o luns 15 ás 20:30h abriremos a xornada cun duelo no cumio: A Cantina-Máis Deporte, toda unha final cando só quedaría unha xornada máis para o final da liga.

En canto aos pichichis, Bruno, con 20, e Roberto con 13, ambos da Cantina, son os máximos goleadores, polos 13 tamén de Diego Cespón, do Máis Deporte.

Finalísima tamén en 2ª

Tamén na Liga de FS de Cee – 2ª División teremos partidazo esta semana. O Estrella Roja está metido de cheo na pelexa polo ascenso e enfrontrarase ao líder, o Panadería Pichín. O Pichín ten 4 puntos de vantaxe sobre os míticos do Estrella Roja, e 3 sobre un Armario de Marta-Pub Nerio que espera un empate e que non pode fallar ante o Auto Garaxe Xallas, tendo en conta que na última xornada haberá un mortal Panadería Pichín - Armario de Marta-PubNerio.


As táboas

Novas relacionadas

Temporadas pasadas

Fonte

Comentarios