xoves. 01.05.2025
El tiempo

O Volei Dumbría disputa o Campionato de España Xuvenil en Lorca

O Volei Dumbría disputa o Campionato de España Xuvenil en Lorca
O Volei Dumbria disputa o Campionato de Espana de Volei Xuvenil en Lorca

Despois de alzanzar o título de Campión Galego, toca pelexar polo estatal. Ou polo menos, por quedar o máis alto posible no Campionato de España Xuvenil 2017. Os Xuvenís do Volei Dumbría arrincan xa para Lorca, Murcia, onde a partir de mañá mércores se disputa un dos acontecementos nacionais máis agardados a nivel de clubes: o Campionato de España Xuvenil 2017. Os mellores equipos de todo o territorio nacional loitarán por facerse co prestixioso título ata o vindeiro domingo 30 de abril.

Os dumbrieses serán un dos 4 representantes galegos, xunto ás campionas do Hospital Veterinario Aceña Emevé (feminino) e os subcampións, Club Vigo Voleibol e Autos Cancela Zalaeta.

Este será o 7º campionato de España no que participa o club nos seus case 10 anos de historia, e buscarán mellorar a 6ª posición conseguida o ano pasado en Almería.

Destino Murcia

Fundamental será a primeira fase para determinar a posición final dos dumbrieses. Un dos grandes rivais do Dumbría Voleibol no Grupo E no que quedou encadrado será o subcampión valencián, CV Playas de Benidorm, con quen abrirán a competición mañá ás 11.00 horas. Pola tarde enfrentaránse a outro duro adversario, o AD Cáceres, campión estremeño, ás 18.00 horas, para finalizar a fase inicial o xoves (13.00 horas) ante o subcampión balear, o Motorisa CV Pórtol.

O obxectivo nesta primeira fase é o de conseguir quedar entre os dous primeiros do grupo para poder disputar na segunda fase os postos do 1ao 12, xa que pola contra pasarían a disputar os postos 13 ao 24.

O equipo dirixido por Juan Carlos Suárez e Luís Alberto Fernández está formado por David Redonda, Manuel Marcote, Gabriel Trillo, Marco Lado, Juan Bautista Marcote, Manuel Costa, Unai Larrañaga, Adrián Garea, Sergio Marco, Pedro Hermida e os cadetes Yoel Moreno e Xabier Larrañaga.

Moita sorte para os nosos e dende aquí lles pedimos que sobre todo disfruten da experiencia de xogar un campionato de España.

 

Máis información

Crónicas do Volei Dumbría

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios