Martes. 07.04.2020
El tiempo

O Volei Dumbría engancha á afección no histórico debut en SuperLiga2

O Volei Dumbría engancha á afección no histórico debut en SuperLiga2
DEBUT DO VOley Dumbria en Superliga 2 copia Plantel do histórico debut do Voley Dumbría en Superliga 2 -Foto - VD

Xa o dicía o presi César Ferrío: “Os partidos de Superliga2 son moi intensos e emocionantes”. E zasca, primeiro choque e remontada espectacular ante un pavillón do Conco volcado.

Foi un día histórico o pasado sábado 1 de outubro no Conco. 9 anos despois do comezo desta singradura deportiva, e con varios xogadores completando o periplo de categoría en categoría, este Volei é a perfecta demostración de como se trata o deporte no Concello dumbriés.

Máis de 350 siareiros disfrutaron do máximo nivel desta disciplina deportiva, xusto despois de facelo co novo Fisober Dumbría tamén nunha 2ª división estatal. E parece que este grupo formado por xente da casa cun par de fichaxes de categoría vai conseguir enganchar.

Era a 1ª xornada da SuperLiga 2 e os dumbrieses non se amilanaron ante todo un CYL Palencia, subcampión o ano pasado. E iso que os costeiros comezaron caendo por 0-2, en dous sets tremendamente apretados nos que os nosos non tiveron sorte nos momentos finais.

Pero non estaba todo dito. Cos centrais Marco Lado e Javier Domínguez en plan estelar, e un espectacular Manu Marcote, que xa se convertiu no primeiro MVP da temporada, facendo á perfección as labores de colocador, os dumbrieses dábanlle a volta e arrasaban nos 3 últimos sets, sen dar opción algunha aos palentinos.

Ademais, o Dumbría comeza pisando forte na categoría. Ademais do primeiro MVP, a Federación destacou tamén a “colectividade” do cadro de Charli como nota destacada da xornada, e ademais Marco meteuse no mellor sexteto inicial.

Manu Marcote escollido MVP da 1 xornada da SuperLiga 2 Manu Marcote escollido MVP da 1ª xornada da SuperLiga 2

Así ruxía o Conco ao remate desta histórica xornada para o deporte da Costa da Morte.

Máis información

Novas relacionadas

Temporada pasada

Novas relacionadas

Fonte

  • Volei Dumbría.

comentarios