O Volei Dumbría realiza un impecable comezo do Campionato de España Xuvenil


Impecable a primeira fase do Volei Dumbría no Campionato de España Xuvenil que se celebra estes días en Lorca (Murcia). O equipo xuvenil masculino finaliza como primeiro de grupo tras sumar 3 vitorias en tres encontros.
Tralas dúas vitorias da xornada inaugural, 3-0 ante Benidorm (25-18, 25-20 e 25-21) e 3-0 ante AD Cáceres (25-14, 25-23 e 25-14), os dumbrieses afrontaban o partido desta mañá ante Portol coa tranquilidade de saberse xa clasificados para a segunda fase. Pese a isto non quixeron perder a oportunidade de clasificarse como primeiros de grupos, e aínda que dando minutos a todos os seus xogadores e descanso a algún dos titulares, afrontaron o encontro coa intensidade necesaria para gañar 3-0 con parciais de 25-11, 25-16 e 25-20.
Agora están encadrados no grupo 3 co equipo local, o Eliocroca de Lorca, e o CV Teruel. Esta tarde de xoves a partir das 20:00 xogarán o partido contra o Eliocroca e mañá venres á mesma hora farano contra o potente CV Teruel. O ganador deste grupo conseguirá un posto nas semifinais que se disputarán o sábado ás 20:00h.

Crónicas do Volei Dumbría
- O Volei Dumbría disputa o Campionato de España Xuvenil en Lorca.
- O Volei Dumbría repite o título de Campión Galego Xuvenil.
- O xogador do Volei Dumbría, Unai Larrañaga, convocado pola Federación Española.
- Obxectivos cumpridos para Volei Dumbría nesta estrea na SuperLiga2.
- O Volei Dumbría puxo en apretos ao UVA, 3º da SuperLiga2.
- O Volei Dumbría ratifica en Tenerife a permanencia na categoría de prata do volei estatal.
- A afección aúpa ao Volei Dumbría cara a permanencia.
- Volveu o volei máis vibrante ao Conco.
- O Volei Dumbría completa unha dura e competida primeira volta da SuperLiga2.
- A canteira do Volei Dumbría tamén responde.
- O potente UVA non deu opcións ao Volei Dumbría.
- Volei: Unha montaña rusa de compromiso.
- Néstor, a fichaxe venelozana do Volei Dumbría, comeza a demostrar o seu poderío.
- O Volei Dumbría abónase ao 3-2 da man dun gran Néstor González.
- Unha derrota e un empate para as categorías inferiores do Volei Dumbría.
- Unha remontada épica para soñar.
- O Volei Dumbría volve á crúa realidade da SuperLiga2
- O Volei Dumbría engancha á afección no histórico debut en SuperLiga2.
- O Volei Dumbría comeza a súa histórica andaina pola SuperLiga2.
- O Volei Dumbría xogará na Superliga 2.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).