xoves. 01.05.2025
El tiempo

O Volei Dumbría repite o título de Campión Galego Xuvenil

O Volei Dumbría repite o título de Campión Galego Xuvenil
Volei Dumbria campion Galego Xuvenil 1 Volei Dumbría, campión Galego Xuvenil

Menudo ano para o Volei Dumbría. Despois de cumprir os obxectivos na SuperLiga2, mandar xogadores mesmo á Selección Española, celebran nada menos que o título de campión galego Xuvenil por segundo ano consecutivo.

O pasado domingo celebráronse en Vigo os play offs polo título e o cadro dumbriés demostrou un tremendo poderío. O Club Vigo Voleibol era o primeiro en asegurar a praza na final cun 3-1 ante o H. Veterinario Aceña Emevé Lugo. Na segunda semi, Dumbría Voleibol e CV Oleiros xogábanse o pase. Nos primeiros dous sets o rodaxe dos dumbrieses, con varios xogadores de Superliga 2, facíase evidente, gañando sen excesiva complicación 25-19 e 25-21. No terceiro a reacción dos de Oleiros chegou a propiciar unha vantaxe de 10 a 5, pero a experiencia dos candidatos a revalidar o título autonómico prevaleceu no xogo, sentenciando 25 a 20.

Final de infarto en Vigo

O momento da verdade chegaba na tarde do domingo, nunha disputadísima final entre dous equipos moi parellos. Xa os inicios foron moi igualados, cun Vigo entregado que pelexou cada punto e un Dumbría forte en ataque que apoiado en Sergio Marco marcaba a diferencia para adiantarse 23 a 25. Seguiu a emoción no segundo set, e o conxunto de Dumbría aguantaba con pequenas vantaxes por diante do marcador ata que, xa na recta final, non podía co bloqueo e o contundente ataque vigués (26-24).
Vibraba o pavillón de Coia e a tensión chegaba á pista central, cun 1-5 para o Dumbría e xogada polémica que descentraba aos anfitrións, permitindo aos da Costa da Morte liderar ata o 25 a 20 final.
A pesar de que no cuarto volvían a mandar os dumbrieses ata ben entrado o set (14-16), a capacidade de traballo dos olívicos quedaba patente nunha remontada que forzaba o tie break 23 a 25.

O partido, e con el o título, decidíase pola mínima e o Dumbría lograba dominar os momentos máis decisivos para levantar un ano máis o trofeo autonómico tras o 15-11 final.

Vindeira cita

O Campionato de España Xuvenil Masculino será en Lorca do 26 ao 30 de abril. Alí estarán os nosos bravos dumbrieses.

 

Máis información

Crónicas do Volei Dumbría

Fonte

Comentarios