xoves. 01.05.2025
El tiempo

O Volei Dumbría roza a medalla no Campionato de España Xuvenil

O Volei Dumbría roza a medalla no Campionato de España Xuvenil
Expedicion do Volei Dumbria en Loca Expedición do Volei Dumbría en Loca

Tras un comezo impecable, a participación do Voleibol Dumbría no Campionato de España xuvenil masculino deixa un fabuloso 5º posto para o cadro costeiro. O campionato, celebrado en Lorca (Murcia) do 26 ao 20 de abril, deixa unha sensación agridoce na familia dumbriesa pois aínda que é certo que a 5ª posición é a mellor clasificación da súa historia nos campionatos nacionais, tamén é certo que este ano se viron con serias opcións de regresar de Lorca cunha medalla colgada do pescozo.

A mala sorte e unha decisión arbitral errónea que provocou unha só a derrota en 7 partidos evitou que os costeiros puidesen competir polas medallas.

Unha soa derrota

Volei Dumbria xuvenil en Muric

O torneo comezou de xeito espectacular, vencendo a primeira fase de grupos a todos os seus rivais por 3-0 e clasificándose primeiros de grupo. Na segunda fase, onde se xogaban o pase a semifinais, o primeiro partido contra o equipo local de Eliocroca terminou con idéntico resultado e quedaba todo pendente do último partido contra o CV Teruel. Aos dumbrieses pasoulle factura a presión e tras poñerse por diante no primeiro set por 25-20, non souberon manter a intensidade no segundo e perdérono por 19-25.
A clave do Campionato foi o terceiro set deste partido. Os xogadores de Dumbría empezaron moi forte para intentar sentenciar desde un inicio e tralo 11-8 no marcador, o anotador comeuse un punto tras un saque directo de Marco Lado que non subiu ao marcador e que era o 12-8 a favor. O equipo técnico dumbriés iniciaría unha serie de protestas que non xurdirían efecto e pedirían axuda aos estatísticos do CV Teruel alegando que o partido estaba gravado e que se podía demostrar, pero os aragoneses negarían todo e dábanlle a razón ao anotador, o que demostra a pouca deportividad dun dos equipos máis grandes do panorama nacional. Aínda así os xogadores da Costa da Morte chegarían con vantaxe de 23-20 ao final de set, pero tras atacarse nunha rotación perderían 24-26.
O cuarto set non tivo historia e tralo batacazo anterior e os feitos acontecidos perderían o partido por 3-1 e quedábanse fóra das merecidas semifinais.

Na loita do 5º ao 8º posto vencerían por idéntico resultado, 3-1, a dous grandes equipos como o Voleadores de Cieza e o Cv Soller de Mallorca.

Malia todo os adestradores dumbrieses valoran como moi positivo o campionato realizado, con 6 vitorias e só 1 derrota, demostrando un gran nivel de xogo e sendo felicitados polos rivais e consolados pola gran inxustiza sufrida no pase a semis e que quedou demostrado tras ver o vídeo do partido que foi un erro garrafal do equipo arbitral que puido cambiar a sorte dese partido.

Crónicas do Volei Dumbría

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios