Xoves. 10.10.2024
El tiempo

O Zas vence ao Milagrosa e pon a Liga de Veteranos patas arriba para a última xornada

O Zas vence ao Milagrosa e pon a Liga de Veteranos patas arriba para a última xornada
Minutos de silencio das Ligas dos VeteranosMinutos de silencio das Ligas dos Veteranos Minutos de silencio nas Ligas dos Veteranos por Abdoulaye

A Liga de Veteranos está impresionante a falta dunha xornada. Trala vitoria do Zas ante o Milagrosa (que viña de líder nas últimas xornadas), o Dumbría queda nun pantasma 1º posto, empatado co At. Milagrosa, polo golaveraxe individual. Pero o cadro dumbriés xa disputou os 28 partidos de Liga, e tócalle descansar na última xornada quedando sen opcións ao título pola presencia dun terceiro invitado á cea final: o Soneira, 3º a só 2 puntos dos líderes, e que recibe ao Milagrosa na última xornada.

Deste xeito, Soneira e Milagrosa xogaranse todo a unha carta na finalísima do Municipal de Vimianzo do vindeiro domingo.

A xornada tivo como protagonista á emotividade e todos os campos da liga de Veteranos da costa gardouse un minuto de silencio polo falecemento do Xogador Abdulaye do Muxía.

Sande marrou un penalti que pode valer unha Liga

Sande fallou un penalti que Sande fallou un penalti que
  • Partidazo da xornada: At. Milagrosa - Sp. Zas (2-3)
O At Milgrosa puido proclamarse campion da Liga de Veteranos O At Milagrosa puido proclamarse campión da Liga de Veteranos
  • At Milagrosa: Jorge, Óscar, Alexos, Alex, Castriño, Rodo, Marcos, Pichel, Carlos Rei, Sande e Caamaño. Tamén xogaron: Upi, Bryan, Pablo Couto, Lui e Jorge Amado.
O Zas venceu ao Milagrosa O Zas venceu ao Milagrosa
  • Sporting Zas: Elías, César Vermello, Jose, Chento, Álvaro, Roli, Dubo, Quintáns, Mario, Felipe e Pichín. Tamén xogaron: Adolfo, Emilio e Sergio.
  • Goles: 0-1, m.8: Felipe; 0-2, m.35: Roli; 0-3, m.40: Dubo; 1-3, m.65: Caamaño; 2-3, m.85: Bryan.

O pasado domingo o At. Milagrosa ao non puntuar perdeu a oportunidade de proclamarse campión de liga de 1ª División nas Eiroas. Pero atopouse cun Zas que foi a por todas, e iso que sabían que non se xogaban nada, unha vez que eran coñecedores da vitoria do Soneira.

Así e todo, e sen nada que perder, foi unha gran primeira parte do Zas, na que puido marcar máis goles por medio do seu gran dianteiro Pichín, que foi o gran pesadelo da defensa do At. Milagrosa en compañía de Felipe.

Cambiou o guión na seguna e o Milagrosa pechou ao Zas na súa área. Sande e Bryan fixeron lucise ao meta zaense Sergio, antes de que Camaaño o superase e metese o 1-3. Con claro dominio do At.Milagrosa, a 15 do final, chegaba unha acción clave: penalti a favor do Milagrosa que Sande tira por riba do traveseiro. Un penalti que puido ter metido defintivamente ao Milagrosa no partido. Seguía empurrando o cadro carballés, pero Pichín facía dano á contra, e a pouco do final Bryan facía o 2-3 xa sen tempo para darlle a volta ao marcador. Destacar a gran deportividade en todos os xogadores, un exemplo para tanto nenos que estaban a ver o partido este domingo na Eiroas de Carballo.

 

O título de 2ª, tamén en xogo

Imaxe do Cerqueda-Porteno Imaxe do Cerqueda-Porteño

A última xornada será tamén a que decida o campión de liga da 2ª División. Se ben Porteño e Club do Mar teñen asegurado o ascenso (cubrindo as prazas dos descendidos Laxe e Cabana), afrontan a última xornada cun só punto de diferencia.

O Porteño goleaba ao Cerqueda e o Club do Mar mantense na loita tras remontar nos últimos 10 minutos cos goles de Richard, de penalti, e de Ramos.

O domingo, o Porteño, se vence ao Poniente, será campión, e o Club do Mar terá que vencer ao Corcoesto (3º) e esperar un tropezo dos camariñáns.

 

Pensando na Copa

Xa está o Comité preparando a Copa da Costa de Veteranos 2016, e o fará cunha reunión o venres 29 de abril ás 21:30h no Local Social de Neaño, e Cabana.

 

Crónicas deste ano

Máis información en www.futboldacosta.com

Tempadas anteriores

 

Fonte

Comentarios