Senda Nova descubriu os coidos e as corredoiras de Caión

Medio centenar de persoas uníronse este pasado domingo á antepenúltima saída da 16ª edición do programa Primavera en Ruta. A familia de Senda Nova, fixo un percorrido descubrindo as corredoiras e os coídos de Caión, achegándose ata a costa de Baldaio.
Entre os camiñantes, houbo un grupo chegado de Guitiriz, que puideron gozar de lugares como o Castro de Constenla, a Feira do Rapadoiro, Borrazás, Casa de Benito, praia fósil de Leira, furna furada, praia da Arnela ou a propia vila mariñeira de Caión.
Ademais do patrimonio cultural, analizaron a flora da zona, condicionada por un microclima abrigado do nordés que permite o establecemento de especies máis propias do clima mediterráneo como a xara ou o cerquiño.

Dúas andainas máis
Quedan dúas andainas, o 18 e o 28 de maio, por Zas e Trazo, respectivamente, e podedes apuntarvos en 611037617 ou en sendanova@hotmail.com.
Máis novas