Obxectivos cumpridos para Volei Dumbría nesta estrea na SuperLiga2
Dous eran os obxectivos que se marcaban a principio de tempada para afrontar a súa debut na Superliga 2. O primeiro era o de alcanzar a permanencia e o segundo facelo con xogadores formados no club coa incorporación de dúas refuerzos. Obxectivos cumpridos.
A estes habería que engadirlle o obxectivo de crear afección, e parece que tralo visto nos últimos partidos no Conco, queda máis que ratificado.
Os xogadores dirixidos por Juan Carlos Suárez e Luís Alberto Fernández finalizaron na 7ª posición, sendo o club que máis sets disputaron nos 2 grupos, e puntuando contra todos os equipos da competición exceptuando os dous primeiros clasificados que disputarán o play off de ascenso.
Último partido, na casa
Demasiado rival o San Sadurniño para os dumbriesesPrecisamente contra un deses equipos, o Intasa de San Sadurniño, disputaron o pasado sábado o seu último partido da tempada. Facíano ante a súa afección, pero o partido finalizaría cunha vitoria por 3-0 de San Sadurniño con parciais de 23-25, 19-25 e 22-25. Con esta vitoria no derbi galego, os xogadores de Manuel Branco logran o obxectivo de meterse entre os 2 primeiros pustos do grupo A, que lle dan dereito a disputar o play off de ascenso a Superliga 1. Os xogadores do Intasa marcarían un ritmo alto de xogo desde o inicio, sabendo da importancia do encontro, e poñeríanse por diante cun parcial de 13-20. A partir de aí os dumbrieses tirarían de casta e encabezados por un gran Dani Muñoz (23 puntos) colocarían o 23-24, que serían insuficiente para darlle a volta ao marcador.
O segundo set non tería cor xa que os xogadores visitantes non querían complicaciones e se impodrían comodamente por 19-25. O terceiro e defenitivo set sería similar ao primeiro, e tras ir por detrás no marcador, os xogadores locais empatarían a 18. A partir de aí a mocidade dos xogadores dumbrieses faría que cometesen numerosos erros non forzados que darían por finalizado o encontro.
En todo caso, o choque serviu para comprobar que neste primeiro ano na 2ª categoría estatal que xa se formou un nutrido grupo de afeccionados que seguirá ao club por onde milite.
Máis información
Crónicas do Volei Dumbría
- O Volei Dumbría puxo en apretos ao UVA, 3º da SuperLiga2.
- O Volei Dumbría ratifica en Tenerife a permanencia na categoría de prata do volei estatal.
- A afección aúpa ao Volei Dumbría cara a permanencia.
- Volveu o volei máis vibrante ao Conco.
- O Volei Dumbría completa unha dura e competida primeira volta da SuperLiga2.
- A canteira do Volei Dumbría tamén responde.
- O potente UVA non deu opcións ao Volei Dumbría.
- Volei: Unha montaña rusa de compromiso.
- Néstor, a fichaxe venelozana do Volei Dumbría, comeza a demostrar o seu poderío.
- O Volei Dumbría abónase ao 3-2 da man dun gran Néstor González.
- Unha derrota e un empate para as categorías inferiores do Volei Dumbría.
- Unha remontada épica para soñar.
- O Volei Dumbría volve á crúa realidade da SuperLiga2
- O Volei Dumbría engancha á afección no histórico debut en SuperLiga2.
- O Volei Dumbría comeza a súa histórica andaina pola SuperLiga2.
- O Volei Dumbría xogará na Superliga 2.
Fonte
- Volei Dumbría.