Os cadetes do Voleibol Dumbría completan unha tempada histórica co bronce no Campionato Galego
Menudo ano leva a familia do Volei Dumbría. Un subcampión galego infantil, un un Campión Galego Sénior, un 6º posto no Campionato de España Xuvenil… E o pasado domingo 15 de maio, os Cadetes conseguían a medalla de bronce no Campionato Galego, o cuarto que disputa a familia dumbriesa este curso, facendo unha tempada histórica cos seus catro equipos masculinos nos diferentes podiums dos Campionatos Galegos
Acollía o campionato o Pavillón da Cachada de Boiro. Ás 12:00 disputaría a semifinal contra o equipo anfitrión do Jealsa Boiro, que vencerían ós xogadores da Costa da Morte por un contundente 3-0. Na outra semifinal, o equipo das Mariñas de Oleiros gañaría 3-1 o CV Vigo.
Pola tarde, na loita polo bronce, o novo equipo dumbriés derrotaría por un contundente 3-0 (25-19, 27-25 e 25-22) o equipo olívico. O equipo dirixido por Luis Alberto Fernández estaría formado por tan só 3 cadetes, o receptor Unai Larrañaga, o colocador Manuel Costa e o central Adrián Garea. O resto do equipo serían os infantís Sergio Castro, Alex López, Xabier Larrañaga e Adrián Rodríguez.
As mozas conseguiron a permanencia
As cadetes do Volei Dumbría conseguiron a permanenciaPola súa parte, o equipo cadete feminino logrou manter a categoría na 2ª división autonómica cadete tras darlle a volta a eliminatoria ante o Teis de Vigo.
O sábado14 ás 10 da mañá, as rapazas de Gurutz Larrañaga imporíanse por 3-1 (22-25, 25-14, 25-9 e 25-14) ó Teis de Vigo, e remontaban o 3-1 (23-25, 25-14, 25-22, 25-10) que traían en contra da semana pasada de Vigo. O mellor cociente entre os puntos a favor e en contra daríalle a vitoria as dumbriesas que foron quen de darlle a volta a eliminatoria tras empezar perdendo o primer set. Desta maneira finaliza a tempada en pista para as rapazas dumbriesas.
Novas relacionadas
- O Manuela Rial, canteira de ouro en fútbol sala e voleibol.
- O Volei Dumbría, Campión Galego Sénior no seu segundo ano en competición.
- Os Xuvenís do Volei Dumbría alcanzan un meritorio 6º posto no Campionato de España.