Os calendarios da 2ª e 3ª Galicia xa en www.futboldacosta.com

Xa temos en www.futboldacosta.com os calendarios da 2ª Galicia Gr.2, e 3ª Galicia Gr.4º completitos. Esas ligas da Costa ás que tanta atención prestamos e das que volveremos traer as crónicas dos luns, as entrevistas e reportaxes máis interesantes, e o único carrusel tecnolóxico do fútbol modesto galego.
As ligas comezan o 16 de setembro e acaban o 5 de maio, e serán ben interesantes.
2ª Igualada

Poucos equipos parten como favoritos este curso. Se cadra o San Lorenzo, recén descencido, e os Corme, Mazaricos e Baíñas, sempre arriba nos últimos anos, parecen partir na zona boa da parrilla.
Incógnitas serán os Muros e Volantes despois do seu ascenso cheo de superioridade do ano pasado, demostrando que a 3ª lles quedaba pequena.
O que si haberá serán fermosos e tensos derbis, como os choques entre os equipos muradáns (Montelouro, Muros, Volantes); os malpicáns (Malpica, Buño e Cerqueda) ademais do sempre vivido Corme-Ponteceso e do novedoso Cee-Ameixenda.
A 3ª: unha novidade e catro equipos de Camariñas

Na 3ª destaca a presencia de 4 equipos camariñáns, Camelle, Camariñas, Porteño e a novidade do curso, As Baleas, que despois de anos no fútbol base, dá o salto á categoría de modestos.
Por outro lado, longas viaxes terá que facer o Outes ao longo do curso, pois non os equipos máis cercanos son Castriz e Corcubión.
Máis información
- www.futboldacosta.com.