Mércores. 27.10.2021
El tiempo

Os Corviños devolven o sorriso a Arliña

Os Corviños devolven o sorriso a Arliña
Os Corviños de Muxía en Arliña-Foto-Eva Rodríguez Os Corviños de Muxía en Arliña-Foto-Eva Rodríguez Non teñen os Rapacollóns. Pero si Os Corviños. Nas bancadas de Arliña, dende finais do curso pasado, soan os “Lolololololo, vamos mi Muxía, vamos campión” ou os “Muxía eh, Muxía eh, Alaví alavá”. Esta tempada, no canto das barbaridades de antano, cando a afección está en desacordo cunha decisión arbitral, saltan insultos elegantes como ruín ou miserable. Esa é a política do grupo de afeccionados que están enchendo de cor o campo muxián. Nótase que este ano a nova directiva está tomando en serio a cousa, e está erradicando as impertinencias que engrandeceron nas últimas décadas o mito de Arliña como campo maldito para rivais e colexiados. Alén dalgúns, contados, “casos especiais” que parecen que non estiveron metidos nesto do fútbol durante anos, a cousa está moito máis calmada. Un exemplo aconteceu a pasada semana ante o Nantón, a gran besta negra dos vermellos.. Nunha xogada no medio campo un xogador cabanés respondía cun mal xesto a unha entrada dun muxián. Hai dous anos unha xogada coma esta podería ter acabado co Muxía con tangana, varias expulsión e a Garda Civil sacando ao árbitro do campo. Este ano a cousa é distinta. Todos os equipos da 3ª coinciden en que a actitude da directiva e dos xogadores. “Nada que ver co Muxía de hai uns anos”, coinciden varios adestradores. É certo que ir de líderes sempre é máis sinxelo, pero nas derrotas demostraron que a cousa vai por bo camiño.  

Os Corviños

Escudo dos Corviños do Muxía CF Escudo dos Corviños do Muxía CF As causas podémolas atopar na nova directiva, pero tamén na nova fornada de afeccionados: Os Corviños. Se ben algúns forman parte da Asociación Xuvenil Comarea, a día de hoxe no grupo de whatsapp xa son uns 30 rapaces que operan como unha peña ao uso. “Os Corviños xurdiu o ano pasado cando o Muxía comezou a remontar e se metiu na promoción. A verdade que o ambiente no campo rra algo moi soso, e había que darlle algo de chispa. Ao principio íamos ao bar antes, e iamos antes do campo, e pouco a pouco a cousa foise animando e ca Promoción xa tiñamos bufandas e todo”, explícanos Juanjo. “Este ano xa vimos que había que ir en serio cando o Presi nos trouxo un día ao campo un regalo, unha enorme dunha bandeira enorme cun Corviño. Foi unha pasada”. ”Agora Arliña ten un ambiente espectacular, Eu lembro cando eu era pequeniño era unha pasada, non vai haber comparación nunca. Pero nos últimos anos estaba todo máis morto. E agora que hai xuventude “comarea”, e temos colegas xogando, imos darlle un empurrón porque temos que subir dunha puñetera vez á Liga da Costa, que é a que nos pertence”, explícanos, ao tempo que nos conta o segredo: “Nós ao que imos é a pasalo ben e divertirnos”. Juanjo recoñece que “sobre os insultos hai moita melloría. Hai outro ambiente. Os anos pasados había moitos insultos. Agora imos ao campo é para pegar unhas risas, e ver gañar o noso equipo. E gañar sempre axuda, é certo. Asi loce o campo de Arliña coas bandeiras dos Corviños Así loce o campo de Arliña coas bandeiras dos Corviños

En Bus a Malpica

E para demostrar que a cousa vai en serio, directiva e afección uniranse por exemplo esta fin de semana. O Club está fletando un bus para os siareiros, así que xa estades poñéndovos en contacto con eles para ir animar ao Muxía a Pedra Queimada. O choque contra o Seaia é importante para ir rubrincando o ascenso directo canto antes. Un ascenso que devolvería un equipo histórico á súa categoría para, entre outras cousas, loitar contra os "carneiros" do outro lado da ría camariñá!  

Novas relacionadas

Fonte

comentarios