Os peques de F8 esperan a gran final da Copa da Costa no Cunchido

Remataron as Ligas de F8 e os nosos peques xa están pensando na I Copa da Costa Prebenxamín, Benxamín e Alevín. Este sábado 13 de xuño, o Municipal de Outes, o Cunchido, acollerá esta segunda edición, logo do éxito da primeira.

Os 4 primeiros de cada grupo metéronse na final, tendo xa preparadas as eliminatorias nas 3 categorías, que comezarán cuns vividos Cuartos enfrontando ao 1º do grupo Norte co 4º do Grupo Sur, ao 2º do Norte co 3º do Sur, ao 3º do Norte co 2º do Sur e ao 4º do Norte co 1º do Sur.

Así quedan pois os emparellamentos e os horarios.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
Etiquetas