Luns. 29.04.2024
El tiempo

Crónica dunha fin de semana espectacular co ascenso do Sofán e os xa finalistas de Copa

Crónica dunha fin de semana espectacular co ascenso do Sofán e os xa finalistas de Copa

Menuda fin de semana de Fútbol da Costa en estado puro. Doble semifinal Copeira (xa temos finalistas nos modestos e nos Veteranos), un ascenso, a primeira Copa dos peques e un equipo que segue camiño da Liga Galega Xuvenil.

Imos repasando a actualidade.

Unha SD de 1ª

Ascenso da SD Sofan-Foto-Vanesa

A gran nova da fin de semana é, sen dúbida, o ascenso da SD Sofán a 1ª Autonómica. E maior é a alegría tras toda a polémica xurdida nas últimas semanas, e vendo como foi o partido. I é que se a SD tiña que vencer por 3 goles de diferencua, o Val do Ulla se colocaba 0-2 na primeira metade. Pero un equipo feito para gañar, unha afección impresionante, e media Costa da Morte que se volcou no Carral (preto de 1000 persoas encheron o campo) co cadro carballés, deron a volta ao marcador e Leilán facía o definitivo 5-2 no desconto para a explosión de todo o fútbol costeiro.

Outra das maiores alegrías levouna o Volantes, tamén desprazado en parte ata o Carral, pois o ascenso dos carballeses significa a permanencia do Volantes na 2ª Autonómica.

Unha final de titáns

XSC finalista da CopadaCosta-Foto-Ruben Forjan

Non houbo lugar á sorpresa e Dumbría e XSC, os favoritos, os equipos da Preferente, acadaron o pase á finalísima da Copa da Costa 2014. O Dumbría métese na final a pesar de sufrir moito, pois tras unha boa primeira metade, o cadro ceense apretou na segunda metade e estivo moitos minutos a un gol da clasificación, a partir do gol de Llanero. Puido empatar pero xa case co tempo cumplido, Luisito fixo o 3-1 que sentenciaba o choque metendo na final aos de Canosa.
En fronte estará outro dos grandes da Costa, o XSC. Tras unha mala temporada un título de Copa salvaría o ano, repetindo o éxito do ano pasado en Baio.

O Dumbría, camiño da Liga Galega

Adrian Alcaina do Dumbria Xuvenil-Foto-Santi Diaz

Non tivo opcións o Cee infantil de remontar unha eliminatoria que xa viña encarrilada para o Rayo Sadense da ida. Pero o que si nos deixa soñar é o Dumbría, que o ano que vén poderá ter ata 3 equipos en categoría autonónica. Cos Infantís en Liga Galega, os cadetes en División de Honra, os xuvenís, tras superar ao Viveiro, ten que superar unha soa eliminatoria máis, unha finalísima a ida e volta, para acadar un soñado ascenso.

Ambientazo na I Copa da Costa dos peques

O Outes quedou campion da Copa da Costa Alevin e Benxamin

Acolleu o Cunchido a gran festa do fútbol dos peques. 20 equipos de Alevíns, Benxamíns e Prebenxamíns encheron de simpatía, e bo fútbol, o campo da Serra de Outes. E precisamente os pequenos do Outes foron os grandes protagonistas con dous títulos, en Alevíns e Benxamíns. Ademais, a SD Fisterra quedou campión en Alevíns.
Edición que cómpre repetir pois foi un auténtico día inolvidable para os nenos.

Copa da Costa, Volta das Semifinais

Fase de Ascenso á 1ª Autonómica, xornada 6


Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil

0-1Viveiro - Dumbría0-3
  • O Dumbría ten que pasar unha eliminatoria máis para ascender.

Fase de Ascenso á Liga Galega Infantil

0-3Cee - Rayo Sadense0-6
  • O UC Cee quedou eliminado.

Copa da Costa de Veteranos, Volta das Semifinais


I Copa da Costa Alevín, Benxamín e Prebenxamín

Prebenxamíns

  • 1º SD Fisterra.
  • 2º SD Esteirana.

Benxamíns

  • 1º Outes FC.
  • 2º UC Cee.

Prebenxamíns

  • 1º Outes FC.
  • 2º SD Fisterra.

Máis información

Novas da III Gala do Fútbol da Costa

Crónicas da semana

Fútbol base

Fonte

Comentarios