Os peques do F-8 toman o protagonismo en Zas e no resto da Costa
A piques estamos de comezar a campaña deportiva dos máis peques. Alevíns, benxamíns e prebenxamíns prepáranse para comezar os campionatos de Fútbol 8.
De feito, co obxecto de programar as competicións de Alevíns, Benxamíns e Prebenxamíns de Fútbol 8, a Federación convoca unha reunión para este vindeiro luns 21 de outubro ás 20:15h no Pavillón de Baio.
E un dos equipos que está a traballar arreo para conseguir rapaces e poder competir é o Sporting Zas. O cadro zaense está en pleno proceso de formación de rapaces nesas 3 categorías e buscan novos xogadores, de entre 5 a 11 anos, para incorporarse aos adestramentos.
O Zas está adestrando os martes no Pavillón e o venres no Campo de San Andrés de 16:00h a 19:00h. Así que calquera pai e nai que quera probar ao seu cativo co balón, que non o dubide e vaia por San Andrés.
O Album de cromos do #FutboldaCosta
Máis información
- Altas e Baixas no #FútboldaCosta.
- Facebook Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
- Calendario e resultados da I Copa da Costa Cadete.
Crónicas da semana
- Liga Intermunicipios: Cambio de líder.
- Xuvenís: O Dumbría manda no Sur e a igualdade no norte.
- 2ª Autonómica: Primeiro cambio no banco.
- 1ª Autonómica: 4 equipos en zona noble e un aínda en descenso.
- Preferente: Unha sorpresa e triple derrota.
- Os máis de 60 resultados e a análise da xornada futboleira na Costa.
Artigos relacionados
- A Pizarra de Corredoira: Cursos de adestrador para o Fútbol da Costa.
- #Regateegol: Vídeoentrevista de Anxo Garrido con Dieguito.
- Entrevista de David Castro con Manu Saleta: “Temos equipo de sobra para ascender” .
Fonte
- Redacción de QPC Deportes (deportes@quepasanacosta.gal).