sábado. 10.05.2025
El tiempo

Os peques do F-8 toman o protagonismo en Zas e no resto da Costa

Os peques do F-8 toman o protagonismo en Zas e no resto da Costa

A piques estamos de comezar a campaña deportiva dos máis peques. Alevíns, benxamíns e prebenxamíns prepáranse para comezar os campionatos de Fútbol 8.
De feito, co obxecto de programar as competicións de Alevíns, Benxamíns e Prebenxamíns de Fútbol 8, a Federación convoca unha reunión para este vindeiro luns 21 de outubro ás 20:15h no Pavillón de Baio.

E un dos equipos que está a traballar arreo para conseguir rapaces e poder competir é o Sporting Zas. O cadro zaense está en pleno proceso de formación de rapaces nesas 3 categorías e buscan novos xogadores, de entre 5 a 11 anos, para incorporarse aos adestramentos.
O Zas está adestrando os martes no Pavillón e o venres no Campo de San Andrés de 16:00h a 19:00h. Así que calquera pai e nai que quera probar ao seu cativo co balón, que non o dubide e vaia por San Andrés.

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

  • Redacción de QPC Deportes (deportes@quepasanacosta.gal).

Comentarios