Os Séniors do ACB seguen na zona alta
Volvemos traer os resultados e as crónica da familia ACB Costa da Morte tras un pequeno parón informativo non desexado. Pero volvemos coa boa nova de que o equipo Sénior está nos postos altos da 4ª División Masculina tras 6 partidos. Esta pasada fin de semana podían co Arteixo, pero caían ante o Laracha, quedando cun balance de 3 vitorias e 4 derrotas.
Mentres, as Sénior do ES Bazarra seguen a súa costa abaixo, mentres as Júnior acadaron un bo resultado e se manteñen 3ª.
4ª División Senior Masculina, xornada 6
- Resultado: ACB COSTA DA MORTE – CB ARTEIXO (55-39)
- ACB: Manu (5), Iván (9), Mario (10), Pais (10), Tinín (4). Tamén xogaron: Sergio (16; 5 triplas) e Lucas (3).
Gran partido do equipo sénior que tras un inicio espectacular no acerto desde a línea de tres ca anotación de Sergio (5 Triples), soubo manter a ventaxa durante todo o encontro. A gran defensa tamen foi decisiva deixando na primeira parte o equipo coruñés con tan so 14 puntos. O equipo segue invito na casa e nos postos altos da clasificación, demostrando un gran xogo en equipo.
4ª División Senior Masculina, xornada 6
- Resultado: CB LARACHA – ACB COSTA DA MORTE (56-50).
- ACB: Iván (12), Lucas (3), Mario (5), Manu (17), Tinín (7). Tamén xogou: Sergio: (6).
Partido igualadísimo o desputado no pavillón laraches, no que o final a falta de xogo no poste baixo, onde o equipo de Cee ten clara ventaxa, doulle a vitoria o equipo local, que acertou moito mais desde o perímetro. Tras un inicio dubitativo o equipo da costa foi mellorando no transcurso dun duro partido, a dita falta de acerto no poste baixo unida a falta de acerto no tiro en etapas do encontro definiu o apretado resultado. A boa nova foi que o equipo de Cee conseguiu manter o basketaverage a favor pese a derrota e segue nunha boa dinámica.
2ª División Sénior Feminina
- Resultado: ESTACION DE SERVICIO BAZARRA ACB COSTA DA MORTE – PULPALIA LUGO (32-35).
Partido igualadísimo o que deixou o equipo de Cee cunha nova derrota. Esta vez xogar co apoio da afección non foi suficiente e as rapazas que comenzaron moi ben a temporada afúndense na clasificacion. A falta de efectivos polo equipo local foi a clara ventaxa que aproveitaron as de Lugo, que con moi pouco conseguiron unha pequena ventaxa o final do partido que superon aproveitar.
2ª División Junior Feminina
- Resultado: ACB COSTA DA MORTE – CB CELTAS (31-27).
Partido dificil e correoso o que ganaron as nosas rapazas. Desde o comezo viuse que gañar o partido ía ser moi dificultoso, as defensas primaron sobre os ataques e anotar unha canastas costaba un mundo. O equipo local consegue unha valiosa vitoria que a deixa na 3ª posicion da clasificación.
2ª División Cadete Feminina
- Resultado: BASKET CORUÑA 99 – ACB COSTA DA MORTE (42-32).
Partido igualado ante un rival sempre difícil como e o Basket Coruña. Aínda así as pequenas do club fixeron un gran esforzo e non perderon a cara o partido en ningun momento.
2ª División Infantil masculino
- Resultado: CB FERROL – ACB COSTA DA MORTE (22-55)
O equipo de Ferrolterra non deu ningunha opción ós de Cee. Desde o primeiro minuto colleron unha ventaxa que foi imposible de recuperar.
Máis información
Novas relacionadas
- As Junior do ACB gañan nun final de infarto e seguen pensando no Ascenso.
- Os Senior do ACB Costa da Morte xa saben ganar.
- As Júnior do ACB manteñen o pulso polo liderato.
- As Junior do ACB Costa da Morte miran ao liderato.
- Mala fin de semana para a familia do ACB.
- Case pleno na familia ACB.
- Os problemas de efectivos deixan en cadro ao ACB.
- 2 vitorias e 5 derrotas para a familia do ACB.
- Doble derrota para o ES Bazarra.
- O ACB Costa da Morte afronta un novo ano co apoio de Ferroatlántica.
- 2012/2013: O ACB despide a tempada coa derrota dos cadetes nas semis de Copa.