mércores. 30.04.2025
El tiempo

Os Séniors do ACB seguen na zona alta

Os Séniors do ACB seguen na zona alta
Os Seniors do ACB Costa da Morte Bazarra patrocina as crónicas do ACB Costa da Morte - Coñece as nosas ofertas en neumáticos

Volvemos traer os resultados e as crónica da familia ACB Costa da Morte tras un pequeno parón informativo non desexado. Pero volvemos coa boa nova de que o equipo Sénior está nos postos altos da 4ª División Masculina tras 6 partidos. Esta pasada fin de semana podían co Arteixo, pero caían ante o Laracha, quedando cun balance de 3 vitorias e 4 derrotas.

Mentres, as Sénior do ES Bazarra seguen a súa costa abaixo, mentres as Júnior acadaron un bo resultado e se manteñen 3ª.

4ª División Senior Masculina, xornada 6

  • Resultado: ACB COSTA DA MORTE – CB ARTEIXO (55-39)
  • ACB: Manu (5), Iván (9), Mario (10), Pais (10), Tinín (4). Tamén xogaron: Sergio (16; 5 triplas) e Lucas (3).

Gran partido do equipo sénior que tras un inicio espectacular no acerto desde a línea de tres ca anotación de Sergio (5 Triples), soubo manter a ventaxa durante todo o encontro. A gran defensa tamen foi decisiva deixando na primeira parte o equipo coruñés con tan so 14 puntos. O equipo segue invito na casa e nos postos altos da clasificación, demostrando un gran xogo en equipo.

4ª División Senior Masculina, xornada 6

  • Resultado: CB LARACHA – ACB COSTA DA MORTE (56-50).
  • ACB: Iván (12), Lucas (3), Mario (5), Manu (17), Tinín (7). Tamén xogou: Sergio: (6).

Partido igualadísimo o desputado no pavillón laraches, no que o final a falta de xogo no poste baixo, onde o equipo de Cee ten clara ventaxa, doulle a vitoria o equipo local, que acertou moito mais desde o perímetro. Tras un inicio dubitativo o equipo da costa foi mellorando no transcurso dun duro partido, a dita falta de acerto no poste baixo unida a falta de acerto no tiro en etapas do encontro definiu o apretado resultado. A boa nova foi que o equipo de Cee conseguiu manter o basketaverage a favor pese a derrota e segue nunha boa dinámica.

2ª División Sénior Feminina

  • Resultado: ESTACION DE SERVICIO BAZARRA ACB COSTA DA MORTE – PULPALIA LUGO (32-35).

Partido igualadísimo o que deixou o equipo de Cee cunha nova derrota. Esta vez xogar co apoio da afección non foi suficiente e as rapazas que comenzaron moi ben a temporada afúndense na clasificacion. A falta de efectivos polo equipo local foi a clara ventaxa que aproveitaron as de Lugo, que con moi pouco conseguiron unha pequena ventaxa o final do partido que superon aproveitar.

2ª División Junior Feminina

  • Resultado: ACB COSTA DA MORTE – CB CELTAS (31-27).

Partido dificil e correoso o que ganaron as nosas rapazas. Desde o comezo viuse que gañar o partido ía ser moi dificultoso, as defensas primaron sobre os ataques e anotar unha canastas costaba un mundo. O equipo local consegue unha valiosa vitoria que a deixa na 3ª posicion da clasificación.

2ª División Cadete Feminina

  • Resultado: BASKET CORUÑA 99 – ACB COSTA DA MORTE (42-32).

Partido igualado ante un rival sempre difícil como e o Basket Coruña. Aínda así as pequenas do club fixeron un gran esforzo e non perderon a cara o partido en ningun momento.

2ª División Infantil masculino

  • Resultado: CB FERROL – ACB COSTA DA MORTE (22-55)

O equipo de Ferrolterra non deu ningunha opción ós de Cee. Desde o primeiro minuto colleron unha ventaxa que foi imposible de recuperar.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
  • Notas de prensa do ACB Costa da Morte.
  • Comentarios