Domingo. 06.10.2024
El tiempo

Os Veteranos preparan a Gran Final da Copa e o partido das seleccións

Os Veteranos preparan a Gran Final da Copa e o partido das seleccións
Preparan xa os Veteranos da Costa a súa gran final da Copa da Costa, que se celebrará en Ara Solis, Fisterra, o vindeiro 9 de xullo, e que virá precedida dun fermoso partido entre unhas Selección de 1ª e outra de 2ª División Unha Copa que xa ten cuartofinalistas, despois dunha eliminatoria de Oitavos tremendamente igualada. Unha eliminatoria decidiuse na tanda de penaltis, outra na prórroga e outra polo valor doble dos goles fóra de casa. Así pasaron respectivamente Coristanco ante Cabana, Soneira ente Milagrosa e Bértoa ante Castriz.

Final e Partido das Seleccións

Cartel Final Copa da Costa Veteranos 2017 en Fisterra A SD Fisterra de Veteranos, coa colaboración do comité da Liga de Veteranos, quere organizar un partido que enfrontaría a un combinado de xogadores de 1ª división contra unha selección de xogadores de 2ª división. Sería o mesmo día da Final da Copa, domingo 9 de xullo, ás 9:00 da mañá no campo de Ara Solis en Fisterra, previo á finalísima. O equipo de 1ª división estará dirixido por Chema do Ponteceso e o de 2ª división por Jesús Espasandín do Vimianzo. Os xogadores serán escollidos polos propios clubs.

Novas relacionadas

Crónicas do ano pasado

Máis información

Fonte

Comentarios