Os xuvenís do Volei Dumbría continúan crecendo

Clara vitoria dos xuvenís do Volei Dumbría de Luís Alberto Fernández nun partido moi pelexado ante o Noia para evitar os últimos postos da clasificación. Os costeiros dominaron en todo momento e remataron vencendo por un claro 0-3 (12-25 / 21-25 / 15-25). Boa actitude e xogo destes novos xuvenís, que deron boa imaxe e seguen mellorando a pesar da súa xuventude. Cómpre destacar o bloqueo dumbriés que non permitiu atacar os de Noia.

Pola súa banda as Cadetes sumaban unha severa derrota en Noia por 3-0 (25-15 / 25-23 / 25-14). Chegaba mermado polas baixas o Voleibol Dumbría e as locais non deron tregua. As dumbriesas non foron capaces de repostar o bo saque das de Noia, e só estiveron cerca de ganar o 2º set onde dispuxeron de ventaxa que perderon con erros graves. Destacou Izaskun Quinteiro polas dumbriesas.

E para pechar a xornada as infantís tamén caeron nun partido sen demasiada historia, xa que as nosas non competiron coma requería e perderon de forma rápida, por un rotundo 3-0 (25-8 / 25-16 / 25-22)

Vindeira xornada

Este sábado 9 de marzo, en Ourense, haberá 6 partidos:

  • 10:00h Infantil femenino CV Ourense - Manuela Rial.
  • 10:00h Cadete masculino Bruxas - Voleibol Dumbría.
  • 11:30h Cadete femenino CV Ourense - Voleibol Dumbría.
  • 12:00h Infantil masculino Bruxas - Manuela Rial.
  • 12:30h Infantil femenino Dompa - Manuela Rial.
  • 16:30h Xuvenil masculino Bruxas - Voleibol Dumbría.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Volei Dumbría da man de Gurutz Larrañaga.