Luns. 13.07.2020
El tiempo

Podium para Amador Vidal e Rubán Santás no rally Terra da Auga

Podium para Amador Vidal e Rubán Santás no rally Terra da Auga
amador-vidal-rallye Amador Vidal e Rubén Santás acadaron o terceiro posto no rally Terra da Auga Despois dun ano de inactividade no mundo dos rallyes, Amador Vidal e Rubén Santás lograron ir remontando postos e acabar no terceiro chanzo do podium no rally Terra da Auga, a proba galega puntuable para o campionato de España de Rallyes de Terra, e máis despois de que durante os tramos da mañá o Polo N1 "Disiclín" tivese problemas de temperatura, o que impedía sacarlle todo o seu rendemento. Non se pode dicir que todo cambiase despois da asistencia do mediodía, pero si se atenuaron algúns dos problemas do Polo N1, que aínda que non rendía ao 100%, xa permitía empezar a marcar bos tempos, moi preto nalgúns tramos do ganador do rally, "Cohete" Suarez , e así completar a remontada ata acadar o terceiro peldaño do podium, a apenas 6 segundos de Jorge do Cid, que se fixo co segundo posto da carreira. Finalmente Amador mostrábase moi satisfeito do resultado "Conseguiuse o que se buscaba, gozar do rally da casa, facer gozar á afección, e conseguir un bo resultado". Novas relacionadas Fonte

comentarios