Preferente: Hurra Urroa!

13:29 10/10/16
Un novo gol de Pichi asenta ao Soneira na zona tranquila, mentres que o Xallas acadou en Sada o ansiado primeiro triunfo; menos sorte tivo o Sofán en Lugo
Momento no que Óscar entra no campo por Pichi, goleador do Soneira - Foto: SD Soneira
Polvorín 1-0 Sofán
O Polvorín meteulle demasiada dinamita - Foto: SD Sofán
Os carballeses acabaron con dez homes - Foto: SD Sofán
Campo: O Ceao
Polvorín: Cacharrón, Asier, Pablo (Xoel, m.87), Rivas, Pedro; Luis, Palas, Daniel (Marcos, m.69), Adrián (Fraga, m.72); Rey (Vázquez, m.89) e Duque
Sofán: Dani Varela; Sito (Sera m.20), Rubén, Iván Rey (Adrián m.46), Iván Rojo; Franchu (Raúl m.69), Brais, David Mespollet e Eibe (Luis, m.60)
Árbitro: Hernández Giadáns (Santiago). Expulsou a Rubén, do Sofán. Amonestou a Pedro do Polvorín; Adrián, Brais, Quintela e Iván Rojo do Sofán
Gol: 1-0 m.30 Duque
Demasiados peros
Dez homes, campo enorme e un rival que é en realidade filial do colíder de Segunda División eran tódolos obstáculos a superar para un Sofán que caeu pola mínima e cun gol a balón parado de Duque. Cederon a iniciativa os carballeses, que se organizaron defensivamente e concederon poucos espazos. Curiosamente, con dez homes chegaron as mellores oportunidades para igualar.
Soneira 1-0 Atlético Escairón
Campo: Municipal de Vimianzo
Soneira: Anxo, Jota, Oscarín, Rubén Forján (Darío m.61), Pichi (Oscarín m.75), Sandelo, Brais Mouzo, De la Sierra (Dani Casal m.86), Basti, Javi e Alberto Vía
Atlético Escairón: Guillermo, Félix, Rubén, Basán, Iván Cabo (Aitor m.65), Iago Otero, Mazán, Rubén Díaz (Borja m.58), Pandiani (Roberto m.56), Iván e Anxo (Julio m.73)
Árbitro: Fontes Mosqueira (Ferrol). Amonestou a Oscarín e Sandelo do Soneira; Basán, Mazán e Iván Cabo do Escairón
Gol: 1-0 m.67 Pichi
Con Pichi…chi
Es estado de gracia vive Adrián de Urroa, ou Pichi, lateral, dianteiro, animador de vestiarios e o que faga falta polo Soneira. Onte, un disparo perfecto tras cazar un rexeite valeu a segunda vitoria consecutiva e unha nova demostración de que a mellor versión do futbolista está de volta, tras varios problemas de lesións. O vimianceses foron superiores ao seu rival, aínda que por momentos custoulles superar o muro defensivo. Despois do gol pudo aumentarse a vantaxe á contra.
Sporting Sada 0-1 Xallas
Xa chove menos para o Xallas - Foto: Xallas facebook
Campo: As Mariñas
Sporting Sada: Carlos, Dani, Adrián (Florentin m.53), Quique, Steven, Lema, Argüeles, Queijeiro (Damián m.66), Pablo Navia, Fran e Del Barrio
Xallas: Julián, Rubio (Cristian m.63), Barreiro, Brais, Bryan, Canedo, Doro (Fernando m.75), Jesús, Róber Pladur (Anxo m.81), Kevin e Marquiños (Camilo m.72)
Árbitro: García Gómez (A Coruña). Amonestou a Queijeiro e Del Barrio do Sporting Sada; Rubio, Bryan e Jesús do Xallas
Gol: 0-1 m.30 Canedo
Cando e onde tiña que chegar
Primeiro triunfo da tempada para un Xallas que foi mellor que o Sporting Sada. Os combeses selaron o triunfo cun remate de Canedo desde o punto de penalti, nun córner sacado por Doro e peinado por Martín Barreiro. Antes do intermedio tiveron ocasións para sentenciar, na cabeza de Rubio e os pes de Doro, pero faltoulles pegada. Só a base de fútbol directo o Sada conseguiu apretar ao final.



