Arrinca unha nova fin de semana, a primeira da primavera, pero sen tanto sol como outros días. I é que o sábado teremos un día de chuvascos, que pararán para deixarnos un domingo frío.
Antes de irmos coa Previa da Xornada e os 84 partidos, analizamos o parte de sancións, que demais nos deixou como queda definitivamente a 2ª Autonómica tras varias idas e vidas nas información...
Parte de sancións
Preferente
Michael Vilela (Soneira).
Fran de Urroa (Soneira).
Dani Casal (Dumbría).
Aperc. Pref: - Héctor Sarcedo (XSC). - Pablo Conde (Dumbría).
1ª Autonómica
Moriño Lista (Camariñas).
Brais Triñanes (Camariñas).
Juan oBello (Malpica).
Eloy Lema (Baio).
Martín Pérez (Baio).
Aperc. 1ª: - Roy Carril (Camariñas). - José Gesto Alemán (Malpica). - David Castro (Malpica). - Alberto Ordóñez Cheo (Malpica).
2ª Autonómica
Rubén Sotelo (Buño).
Iago Martínez (Porteño).
Daniel Mariño (Volantes).
Jesús Sambade (Volantes).
José Ferreiro (Carnota).
Ángel Lerma (Sofán - 4 partidos).
Jacobo Sande (Cee).
Iván de Treos (Cabana).
José María Senra (Corcubión).
Lucas Rial (Corme).
Aperc. 2ª: - Diego Casais (Buño). - Carlos Vazquez (Porteño). - Javier Martínez (Porteño). - Francisco Abeleira (Camelle). - Martín Calo (Mazaricos). - Raúl Periscal (Adest. Cabana). - José Varela (Cabana). - Alan Insua (Corcubión). - Iván Caamaño (Muros). - Dani Cousillas (Corme).
3ª Autonómica
Luís Amarelle (Coristanco).
Luís Ures (Corcoesto - 5 partidos).
Javier Rama (Corcoesto).
Demetrio Rodríguez (Lira).
José Lucena (Lira).
Alberto Verdes (Adestr. Seaia).
Santiago Cubelo (Montelouro).
David Lareu (Nantón).
Aperc. 3ª: Bruno Castro (Ameixenda). - Gustavo Freire (Castrelo). - Ricardo Lista (Seaia). - Camilo Castillo (Seaia). - Fabio García (Nantón).
Xuvenís
Eloy Suárez (Malpica - 2 parrtidos).
Víctor Novo (Malpica - 2 partidos).
Jorge Martínez (Malpica).
Óliver Abelenda (Cabana).
Jesús López (Del. Lira).
Xabier Fernández (LIra).
Domingos González (Lira).
Adrián León (Muros - 2 partidos).
Sergio Santiago (Del. Mazaricos).
Lorenzo Amado (Ponteceso).
José Manuel Lema (Camariñas).
Infantís
Ángel Martínez (Fisterra).
José Turnes (Outes).
A Previa
E comezamos pola importante xornada na Preferente. Importante para un XSC que non se pode despistar pois os arrastres da 3ª División poderían chegar a levar ata o 7º por abaixo á 1ª Autonómica. O cadro xalleiro, trala destitución de Julio Martínez, estrea a Rubén Coméndez no banco que terá a primeira proba a terá en Sada ante o 6º da táboa. Un Coméndez que ostenta a marca de máis partidos xogados na 2ªB de toda España, formando parte do Vecindario, Universidade Las Palmas, Fabril... entre outros. Mentres, o Soneira, que necesita gañar si ou si para seguir soñando coa salvación, recibe ao Silva, e ademais de sumar podería facerlle un gran favor ao Dumbría, pois é o seu rival directo na loita pola 4ª praza, que dá opción ao Play Off de ascenso. O Dumbría non poderá fallar ante o Val.
Cando quedan 7 xornadas para o remate da 1ª Autonómica, os dous de abaixo non poden pinchar. O Ponteceso recibe ao Flavia e o Camariñas visita ao poderoso Arzúa, que está en plena loita co Malpica pola 2ª praza. Así, o Malpica espera que os conserveiros lle boten unha man, porque terá unha complicada visita en Pedra Queimada, un líder, o Noia, que só cedeu 14 puntos en toda a Liga. Ademais, o Baio quere deixar atrás ao Unión e a Esteirana non se pode relaxar e ten que vencer ao Sigüeiro, ademais para facerlle un favor a camariñáns e pontecesáns.
Pois nada, pedimos desculpas de novo pero por algún motivo, non nos entendimos as 4 veces que falamos ca Federación, e xa cambiamos a táboa 3 veces. Onte, o parte de sancións clarexaba de xeito oficial como queda a cousa: "Retirada da competición IDC: recibido o escrito do club comunicando a súa retirada da competición, exclúese a este equipo, computando a súa praza como descenso, e respectándose as puntuacións obtidas polos demais clubes ata o momento, e dando por vencedores aos demais clubs polo promedio dos goles recibidos polo club retirado na segunda volta (promedio 3 goles)", segundo o artigo 103.2 e 77 do R.D. da RFEF. Quedan pois os resultados ata esta xornada como estaban, cun 3-0 a partir de agora para os partidos que restan. Parécenos algo inxusta a regra pois os que tiveron que xogar contra o IDC, e non gañaron na segunda volta, como é o caso de Buño e Cabana, vénse perxudicados ante os equipos que aínda non xogaron contra el e que verán como os seus partidos se suman por vitorias.
Xa temos as táboas actualizadas quedando o Corme de líder con 61 puntos, pero un partido máis que o Sofán, que queda con 58, polos 56 do Zas, que tamén conta cun partido menos. Esta fin de semana, o Sofán sumará os puntos do IDC, o Corme recibe a un Buño que sempre o pon en apretos, e o Zas ao Carnota. Ademais, o partido da xornada disputarase en Cee, onde terá lugar un sempre intenso derbi entre ceenses e fisterráns, ca 4ª en xogo.
Mentres, xa hai varios equipos que se renovaron coas fichaxes procedentes do IDC, e se Manu Guillamet xa fichaba polo Cabana, Juni e Fraga xa ficharon polo San Lorenzo.
Partidazos pola Promoción na 3ª
E só faltan 3 xornadas para o remate da 3ª Autonómica e co Baíñas ascendido, o Montelouro (xa pensando na herba artificial do ano que vén) cun pé tamén na Liga da Costa, e cun Coristanco con todas as papeletas para meterse na Promoción, a loita a protagonizan 5 equipos, nunha marxe dun só punto, para conseguir as 3 prazas restantes. Lira, Seaia, Ameixenda, Muxia e Nantón se xogan todo nestes 3 partidos, comezando esta semana, con varios choques directos. O Nantón recibe ao Seaia; o Muxía visita precisamente Agra da Filgueira, o Lira recibe ao Baíñas e o Ameixenda ao Coristanco. 4 partidazos.
Ademais de seguir en marcha todas categorías inferiores (esta fin de semana remata a liga infantil xa co Cee campión), temos xornada importante nos Veteranos. A falta de 5 xornadas, o Coristanco ten 4 puntos de vantaxe sobre o Soneira. O líder a un Nantón cos dous pés en 2ª (acompañará ao Camariñas no descenso) mentres que o Soneira recibe a un San Román na zona media-baixa. Ningún pode fallar, e por se acaso, Bértoa e Laxe esperan erros para meterse de cheo na loita. Na 2ª División At. Milagrosa e Corcoesto teñen case que sentenciado o ascenso, co permiso do Erbecedo.