Luns. 29.04.2024
El tiempo

3ª Autonómica: O Baíñas celebra o seu ansiado ascenso mentres segue a loita pola Promoción

3ª Autonómica: O Baíñas celebra o seu ansiado ascenso mentres segue a loita pola Promoción
Familia do Bainas celebrando o ascenso-Foto-Jorge Parri A Clínica Fisioterapia Sar patrocina a 3ª Autonómica- Coñéce as nosas ofertas en depilación laser

Parabéns a este Baíñas que cumple o seu obxectivo de ascender á 2ª Autonómica, tras esta 19ª xornada da 3ª Autonómica. O presidente Juan Silva armaba un equipo para acadar o ascenso neste o seu 2º ano de historia. E con Pato ao mando de operacións e xogadores doutras categorías como Javi Suárez ou Taski, o equipo alcanza o ascenso con 3 partidos de marxe.

Por detrás, o Montelouro está a 3 puntos de sentenciar tamén o seu ascenso.

A loita que si queda apretada é a da Promoción con 5 equipos en 1 punto. O Coristanco deu un paso adiante vencendo en Arliña e se destaca con 36 puntos, 5 máis que Lira, Seaia e Ameixenda, e 6 máis que Muxía e Nantón, que quedan provisionalmente fóra dos postos de promoción.

Baíñas - Cerqueda (6-0)

11 do Bainas que acada o ascenso-Foto-Jorge Parri
  • BAÍÑAS: Sergio Puto, Capote, Braulio, Luís (Sancho), Héctor (Suso), Esteban, Iván (Mario), Jaime (Diego), Cristian, Taski e Javi Suárez.
11 do Cerqueda en Vimianzo-Foto-Jorge Parri
  • CERQUEDA: Ángel, Manuel, Sergio, Javi Pazos, Rubén, Juanjo, Uru, Lorenzo, Darío, Dani Seaia e Carlos.
  • Goles: 1-0, min.34: Javi Suárez; 2-0, min.44: Jaime; 3-0, min.55: Esteban; 4-0, min.70: Cristian; 5-0, min.75: Taski; 6-0, min.87: Javi Suárez.
Capis do Bainas e Cerqueda-Foto-Jorge Parri

Con 11 xustos, e con 2 porteiros (Rubén tivo que facer de medio centro) se presentaba o Baíñas para intentar aplacar as ansias de celebrar o ascenso na casa do Baíñas. E o intentaron, xa moi ben armados atrás dende o primeiro minuto os malpicáns, pero o Baíñas fixo un partido moi serio, soubo esperar o seu momento para matar o partido o equipo de Pato. Javi Suárez e Jaime abrían a lata antes do descanso, e Esteban facía a puntiña á volta dos vestiarios para deixar o camiño do ascenso á 2ª Autonómica complemente sentenciado.

Javi Suarez no Bainas-Foto-Jorge Parri O Bainas celebrando o ascenso-Foto-Jorge Parri

Corcoesto - Ameixenda (2-5)

  • CORCOESTO: Edelmiro, Ángel, Longo, Germán, Javi, Luís, Couto (Dani, min.50), Patelo, Pichu, Cristian e Martín.
  • AMEIXENDA: Óscar Riolo, José Manuel, Grille (Jorge, min.70), Iván, Bruno, Mateo, Jesús (Demetrio, min.80), Rioliño (Paulino, min.77), Borja, Álex e Javichu.
  • Goles: 0-1, min.3: Álex remata de cabeza un saque de banda; 1-1, min.6: Martín; 1-2, min.13: Borja tras unha combinación con Javichu; 2-2, min.37: Martín; 2-3, min.43: Álex remata unha falta; 2-4, min.75: Iván remata un saque de banda; 2-5, min.80: Álex remata unha falta.
  • Expulsións: os locais Javi e Luís no min.75.

Partido disputado o que levou o Ameixenda de Corcoesto- Comezaba cunha alternancia de goles e o cadro local respondía a cada golpe dos visitantes, algo máis metidos na área rival. Había chegadas polos dous bandos, e ao descanso se puña 2-3 o Ameixenda con dous goles de Álex, o home do partido facendo un hattrick, e un de Borja.

Seguía o Corcoesto metido no partido ata que o colexiado expulsaba a dous homes e o partido remataba aí, chegando a sentencia dos ceenses, que marcaron todos os goles a balón parado.

Seaia - Lira (0-0)

  • SEAIA: Jesús, Lesi, Vistas, Ramón, Eme, Uru, Juni (Vilariño, min.70), Camilo, Zala (Dimaga, min.70), Parga e Richard (Guille, min.65).
  • LIRA: Simón, Joserra, Herminio, Josiño, Adrián, Michelón (Miki, min.85), Manu, Álex, Oli, Cristian e Iago (Deme, min.20).
  • Expulsión: o míster local Alberto.

Partido moi igualado, lixeiramente dominado polo cadro local ante un Lira con moitas baixas que esperaba ben metido atrás. O Seaia tivo algunha ocasión para abrir o marcador como unha de Camilo, Uru ou César. Pero á contra tamén tivo o Lira, que tamén puido levar o partido tras un choque ben disputado e fermoso.

Montelouro - Nantón (2-1)

Montelouro-Nanton-Foto-CD Nanton
  • MONTELOURO: Isma, César, Pablo (Abel), Santi, Chema, Pedro (Pepiño), David, Geico, Isma Cosme (José), Pesco e Raúl (Bruno).
  • NANTÓN: Erni, Eloy, Diego, Manu, Carlos R, Martín, Carlos Vidal, Cachi (Fabio, min.75), Iván (Maikel, min.88), David (Dani B., min.85) e Luís.
  • Goles: 1-0, min.27: David; 2-0, min.67: Bruno; 2-1, min.92: Luís dende a frontal.
Minuto de silencio no Monte Louro-Nanton polos falecidos no Santa Ana-Foto-Edu Olveira

Viña o choque marcado polo naufraxio do Santa Ana e os equipos mantiñan un minuto de silencio pola morte de 4 mariñeiros muradáns.

Bo partido o visto en Agra da Filgueira cun Montelouro que se achega ao ascenso directo, e un Nantón que mereceu máis i é que tiveron máis ocasións pero non estiveron finos cara gol. O Nantón foi superior por xogo e por ocasións pero o Montelouro aproveitou mellor as súas.

Empezou o Nantón moi ben presionando moi arriba a saída de balón dos locais e poñéndolle intensidade no ataque. No minuto 4 Carlos R. dispara dende lonxe e o balón sae moi preto do longueiro e, un minuto despois, Luís en xogada persoal vaise de todos os que lle saen ó paso e o seu disparo sácao un defensa dende a mesma liña de gol. Pouco despois é Cachi quen proba nunha falta e o seu disparo vaise fóra por pouco. O Montelouro apenas se achegara pola portería de Ernesto, pero no minuto 27 fan o 1-0 nun remate de David tras saque de falta.

Dous minutos despois é Eloy o que remata de cabeza un saque de esquina e cando xa cantabamos o gol do empate, o balón peta nas costas de Carlos V. na mesma liña de gol e sae rexeitado. Tamén tiveron algunha á contra os locais que Ernesto se encargou de atallar: unha nun disparo dende a frontal e, pouco despois, un espectacular remate dende a área pequena que saca con apuros.

Na segunda sairon con máis forza os locais, estrelando un balón no pau nada máis comezar. Co Nantón en busca do empate, o Montelouro trenzou unha contra que rematou co 2-0 obra de Bruno. Pouco despois David engancha un forte e colocado disparo, ante o que o meta local fai unha espectacular parada. Cando xa parecía que o partido estaba rematado, Luís engancha un balón na frontal e bate ó meta local na súa saída, 2-1 (92). Na xogada seguinte, tras un saque de esquina, Manu remata de cabeza ó longueiro no que puido ser o merecido empate.

Ocasion de Raul no Montelouro-Nanton-Foto-Edu Olveira

Muxía - Coristanco (0-1)

  • MUXÍA: Santi Papi, Pataca, Currás, Martín (Julián, min.70), Sergio, Pereiro, Juan, Javi (Ruso, min.60), Adrián, David e Joan.
  • CORISTANCO: Jack, Rubén (Gonzalo, min.46), Óscar, Héctor (Marcos, min.60), Marquiños, Luís, Moreno (Magovi, min.60), Mallón, Mato, Torreira e Toniño.
  • Gol: 0-1, min.5: Moreno un rexeite de Santi Papi.
  • Expulsión: o visitante Luís.
  • Lesión: Marcos do Coristanco cunha fractura de clavícula.

Partido moi igualado e de moita loita, que se lle poñeria moi pronto de cara ao Coristanco xa que no minuto 2 marcaría Moreno a porta valeira tras unha mala saída do meta local, un Santi Papi xa afincado baixo paus malia non ser porteiro. Minutos despois Toniño teria unha ocasión para ampliar a renda pero o balón estrelariase no pau. O Coristanco meteríase algo atrás e o Muxía tomaba o mando. Disporía o Muxía dun penalti para empatar o partido, pero Jack cunha gran estirada debarataría esta ocasión.

Iván e o propio Adrián tiveron ocasións para o empate cun Muxía que estaba volcado na segunda en busca do empate, pero soubo aguantar ben o Coristanco cunhas boas paradas de Jack que fixo un gran partido. Quedaríase o cadro visitante con dez pola expulsión moi rigorosa de Luís, pero o partido non daría para máis.

Laxe - Castrelo (5-1)

  • LAXE: Diego, Aarón (Saleta, min.12), Naya, Samu Soneira, Manu (Manuel, min.80), Gora, Djamel, Adrián, Santi, Elías e Adrián López.
  • CASTRELO: David, Marcos (Gustavo), Pichón (Roberto), Gatusso, Estebo (Roi), Borja (Óscar), Edreira, Félix, David, Estiven e Germán.
  • Goles: 0-1, min.13: Germán entra nas pegou no pau; 1-1, min.26: Gora; 2-1, min.30: Manu; 3-1, min.40: Elías; 4-1, min.75: Adrián Lema; 5-1, min.88: Santi.

Bos primeiros minutos do Castrelo que se adiantaba por medio de Germán. Pero cando un equipo está aí abaixo sempre lle pasa o mesmo, recibe un goliño e se vén abaixo. Clara foi a situación pois en apenas 15 minutos antes do descanso o Laxe daba a volta ao marcador con 3 goles case que consecutivos.

A segunda metade foi máis igualada pero sen apenas ocasións.

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios