Luns. 29.04.2024
El tiempo

1ª Autonómica: Camariñas e Ponteceso aínda viven

1ª Autonómica: Camariñas e Ponteceso aínda viven
Flavia-Malpica-Foto-Wash-Calvo

Sendas vitorias sacaban os dous pechacancelas da 1ª Autonómica nesta xornada 27. Camariñas e Ponteceso sacaron 3 puntos que lles permiten soñar coa permanencia. Os conserveiros quedan con 23, a 3 dos teóricos postos de salvación (sen contar os arrastres, que de seguro que os hai), e o Ponteceso ten 21, quedando a 9 da permanencia asegurada, pois con 29 se atopan equipos como o Puebla, Amio ou Sigüeiro.

Por arriba, xa son 12 os partidos sen perder do Malpica de David Baña. Impresionante o cadro malpicán que se achega ao Arzúa a só 2 puntos, e que o deixa coas opcións intactas para meterse no PlayOff.

Ademais, gran campaña tamén do Baio, agora cómodo nunha espectacular 6ª praza.

A Clínica Vértebra patrocina a 1ª Autonómica - Coñécenos a través do Facebook

Flavia - Malpica (0-1)

  • MALPICA: Pombo, Adrián, David Castro, Alemán, Mario Casal, Andrés, Fernando Varela (Martín Maradona, min.70), Juan oBello (Eloy Cabeza, min.69), Abel (Cheo, min.60), Ismael, Óscar Suárez (Manu Casal, min.89).
  • Gol: 0-1, min.87: Óscar Suárez aproveita e remacha un despexe do porteiro a un tiro de Eloy Cabeza.
Flavia-malpica-Foto-Wash-Calvo-2

Partido no que o Malpica tivo dous rivais mais añadidos ao conxunto de Padrón. O primeiro era o campo pois aínda que estaba seco non había quen poidese ter control ningún pola cantidade de desniveles e buratos que tiña. Cando o balón botaba non había forma de saber para donde iba. O segundo foi o colexiado porque ante a mínima dúbida pitaba sempre a favor do conxunto local e un dos seus auxiliares tamén, permitindo todo tipo de xogadas bruscas aos dianteiros do Flavia.

Así e todo, o Malpica aguantou as embestidas locales na primeira metade e Pombo fíxose ver. Na segunda metade foron os malpicáns os que se fixeron ca batuta do xogo e os cambios introducidos axudaron a darlle profundidade ao equipo. Vitoria moi pelexada cun tanto que chegaba nos minutos finais, cando a base de fe e nunha xogada na que tiveron que chutar ata 4 veces a gol, os malpicáns levan 3 puntos que os achegan ao Arzúa e a ese postos de promoción.

Piloño - Esteirana (5-1)

  • ESTEIRANA: Manu, Sui, Rafa, Dani (Eloi Serrano, min.55), Varela, Pabliño, Serrano, Alex, Josiño (Rubén, min.75), Kike (Adrián, min.55) e Róber Pladur (Raúl, min.68).
  • Goles: 1-0, min.10; 1-1, min.11: Róber Pladur marca sen oposición; 2-1, min.29; 3-1, min.44; 4-1, min.52. 5-1, min.66.
  • Lesións: Dani por corte na cabeza.

Moi mal encontro da Esteirana ante un rival que o precedía na clasificación. Iso non foi o que se viu no terreo de xogo, pois os locais foron dominadores do partido por intensidade, vontade e desexo de gañar. Estivo a Esteirana todo partido a mercé do Piloño e xa desde o segundo gol que non era a tarde da Esteirana. Os goles comezaron cedo e todo se volviu extrano tras a lesión de Dani, con corte que na cabeza que precisaba ventaxe aparatoso. Seguiu xogando pero algo convaleciente. Este detalle despistou e sacou do partido de todo a uns visitantes algo descentrados todo o partido. Proba delo foi a anéctoda da xornada, o Piloño devolvía o balón que tiraba a Esteirana, o defensa local manda un patadón cara a diante que se cola na portería. Acto seguido, nun xesto moi deportivo deixáronse meter gol. A partir de aí, desapareceu o equipo da vila mariñeira.
Lástima de non poder adicar un triunfo a Lucas, un veciño moi en contacto co clube, que falecía a semana pasada no naufraxio do Santa Ana en Asturias.

Baio - Puebla (3-1)

  • BAIO: Anxo, Jose, Norber, Yago, Eloy, Fachal (Alberto, min.46), Martin, Brais (Rubio, min.80), Bieito, Christian (Canay, min.50) e MC (Fredi, min.85).
  • Goles: 0-1, min.7; 1-1, min.42: MC; 2-1, min.60: Alberto; 3-1, min.63: Brais.

Impresionante este Baio, chegando nada menos que á 6ª praza a estas alturas de liga. Os de Félix controlaron o partido de principio a fin, a pesar de verse por debaixo no marcador dende o minuto 7. Pero non decaeron e foron polo partido e tras unha primeira metade de continuo dominio local, o empate chegou ao fío do descanso, un tanto fundamental de MC.

Cun penalti fallado por cada equipo, Alberto facía o segungo tanto aos 15 minutos, e clave foi tamén o 3-1, que chegaría apenas 3 minutos despois por medio de Brais, sentenciando o choque e deixando ao Puebla sen opcións.

Camariñas - Cordeiro (3-2)

  • CAMARIÑAS: Pablo, Sergio, Roi (Wii, min.75), Rodri, Manu (Asier, min.70) , Moriño, Pirucho, Mario Toja (Saviola, min.85), Sule, Martín (David Toja, min.50) e Brais.
  • Goles: 1-0, min.20: Brais; 2-0, min.35: Sule a centro de Brais; 3-0, min.75: Mario Toja de falta directa que non toca ninguén; 3-1, min.78; 3-2, min.85: de penalti.
  • Primeira metade dominada polo cadro conserveiro con algunha chegada clara, como unha de Sule, unha de Roi a un saque de esquina ou unha de Martín nun rexeite. Brais abría o marcador e puña o partido de cara para os locais, e cando faltaban 10 da primeira Sule rouba no medio campo, mete en profundidade para Brais que centra e o propio Sule fai o 2-0, o que deixaba o choque perfectamente dominado e encarrilado ao descanso.

    Na segunda o Camariñas intentou durmir o partido, pero Pablo tivo que intervir en varias ocasións salvando un par de man a man fundamentais. Roi remata un córner lambendo o pau e Mario Toja, xa faltando 15 minutos fai un gol de falta lateral que entra directamente sen que toque ninguén. Pero na seguinte xogada, unha falta a favor dos visitantes provoca o 3-1 e faltando 5 minutos un penalti de Asier significa o 3-2 e sufrimento para os locais, que acabaron positivamente.

    Agolada - Ponteceso (0-2)

    • PONTECESO: Illote, Diego, Lorenzo, Javi Peón, Josito, Bolón (Dani Cotelo, min.70), Puente (Jorge, min.75), Mendieta, Alberto Recarey, Dieguito e David Brenlla.
    • Goles: 0-1, min.1: Dieguito queda só tras un balón longo de Josito que peitea David Brenlla ; 0-2, min.67: Alberto Recarey tras un pase de Martín Puente.

    Gran vitoria do Ponteceso que non se vai dar por vencido ata que matemativamente haia opcións de salvarse. Os de David Velo saíron moi fortes a pesar das 2 horas e media de viaxe (como é posible que Agolada en Pom nteceso estean no mesmo grupo...) e de contado Dieguito marcaba o 0-1. Este gol condicionou moito o partido. Os locais quixeron vir arriba e o Ponteceso aproveitaba moi ben os espacios que deixaban para facer. E moitas ocasións tivo o cadro pontecesán no primeiro tempo, pero matou o partido. David Brenlla a centro de Dieugito, Javi Peón nun córner remataba lambendo o pau, Dieguito dende fóra da área e cun tiro cruzado, Martín Puente... moitas ocasións dos visitantes por un par dos locais no primeiro periodo.

    Arrincaba a segunda co mesmo panorama e nunha contra chegaba o 0-2, obra de Alberto Recarey, que rompía o fóra de xogo entrando dende atrás e aproveita un gran pase de Martín Puente. Brenlla, para sentenciar, tivo un man a man co porteiro pero doulle moi frouxo e parou o porteiro. E Peón tamén tivo unha nun córner que rematou só e cabeceou fóra pero o marcador non se movería e os 3 puntos dan esperanza aos costeiros.

    Máis información

    Crónicas da semana

    Artigos relacionados

    O Album de cromos do #FutboldaCosta

    Fonte

Comentarios