Luns. 29.04.2024
El tiempo

2ª Autonómica: A retirada do IDC marca a competición

2ª Autonómica: A retirada do IDC marca a competición
Sofan-Zas-Foto-Luis Gonzalez Bazarra patrocina as crónicas do ACB Costa da Morte - Coñece as nosas ofertas en neumáticos

Temos que comezar a crónica desta xornada 27 da 2ª Autonómica facendo unha rectificación. I é que o sábado falabamos coa Federación e nos aseguraban que a retirada do IDC da competición (que en todo caso aínda non se fixo oficial por escrito) suporía a anulación de todos os partidos da segunda volta do equipo carballés.
Pois ben, acabamos de falar coa Federación e nos contan outra versión. Asegúrannos que ese é o novo regulamento, pero que non se poderá facer efectivo ata a temporada que vén, polo que este ano, os partidos do IDC ata a data se manteñen, o do Fisterra desta semana dase por vencido por 3-0 ao cadro fisterrán por incomparecencia, e os 7 vindeiros partidos daranse por vencidos aos equipos rivais pola media de goles recibidos do IDC ao longo da temporada. Ademais, manteríase a súa praza como unha das dúas de descenso directo.
E unha preguntan que nos facía algún adestrador sobre os xogadores do equipo. Se efectivamente queda retirado o clube, os xogadores poderían xogar na mesma categoría. Se dan a carta de liberdade antes de retirar o equipo, só poderían noutras categorías
>Polo de pronto, deixamos os partidos do IDC cos seus resultados, e esperamos que nos dean novas oficiais dende a Federación.

O Independiente de Carballo retírase da competición

Xa no meramente deportivo, a atención fixábase no Carral, onde se vivíu un choque do máis auténtico Fútbol da Costa. O Zas chegaba 3º ao campo do líder, o Sofán, e sacaba unha vitoria que pon o alto da táboa patas arriba. Queda agora o Corme de líder tras vencer sufrindo ao Muros, con 3 puntos sobre o Sofán que ten un partido menos, e 5 sobre o Zas, tamén cun partido menos. Parece que serán estes tres os que se xoguen todo unha vez que o Fisterra está 7 puntos por debaixo, o Outes 10, e o Cee xa parece que se deixa levar.

Sofán - Zas (0-2)

Sofan-Zas-Foto-Paula Rodriguez
  • SOFÁN: Lerma, Cantudo (Daniel, min.89), Marcos Pensado, Pablo Martínez, Eloy Boedo, Calvete (Gustavo, min.80), Brais, Bertín, Raúl, Iván Rey (Míchel, min.65) e Iván Rojo (Añón, min.60).
  • ZAS: Anxo, Martín, Fabián, Oli (Samuel, min.70), Víctor Vecino (Lagoa, min.60), Canedo, Peque, Isma (Damián, min.80), Rubio (Brais, min.72), Pablo Lestón e David Blanco.
  • Goles: 0-1, min.70: Isma a centro de David Blanco; 0-2, min.88: Samuel a pase de Canedo.
  • Expulsión: Lerma no min.88.
Ambientazo no Carral para o Sofan-Zas-Foto-Luis Gonzalez

Partidazo dos que fan afeccion no Carral. Dous equipazos que demostraron o porque da súa posición na táboa, que fixeron disfrutar aos centos de siareiros que encheron as bancadas do campo sofanista. E levou os puntos un Zas cun pelín máis de intensidade, tras un choque moi bonito e vibrante.

A priemira metade foi de tanteo, con chegadas ás dúas áreas pero sen un dominador claro. Na segunda, o Zas veuse lixeiramente arriba, e sobre todo tralo primeiro gol de Isma, tiveron máis dominio de balón e crearon máis perigo aproveitando os espazos que deixaba o cadro local.

Sofan-Zas-Foto-Luis Gonzalez

Cabana - Cee (3-1)

  • CABANA: Añón, Pepe, Eloy García, Charli, Iván de Treos, Eloy Vilas, Eloy Pereira, Sandro, Berti (David Sande, min.55), Manolo do Cruceiro (Diego, min.70) e Fernando (Ismael, min.87).
  • CEE: Parroto, Nico, Jorgito (Javi, min.80), Carlos Leis, Jacobo, Angeliño, Diego Cespón, Josiño (Rodri, min.70), Penedo (Yaya, min.75), Llanero e Cristian.
  • Goles: 1-0, min.21: Fernando á media volta; 1-1, min.42: Cristian remata un centro de Nico tras unha boa combinación con Llanero; 2-1, min.62: Manolo do Cruceiro; 3-1, min.89: Eloy Pereira.
  • Expulsión: o ceense Jacobo (min.85).

Parece que o Cee se despedía defintivamente da loita polo título nas Redondas. I é que o Cabana demostrou máis gañas de gañar, nun partido no que a xogada clave foi o penalti que Añón lle paraba a Llanero no min.75 co 2-1 no marcador. Unha xogada que deixaba o partido de cara para o Cabana, que se aproveitaban da expulsión de Jacobo no min.85 para sentenciar o partido.

O partido comezaba co gol de Cabana pero Cristian empataba antes do descanso. O Cee arrincaba a segunda algo máis arriba, pero o Cabana nunha contra facía o 2-1 e antes da expulsión de Jacobo, xa tiña un tiro ao longueiro de Sandro. O Cabana estaba mellor, pero calquera chegada coa calidade dos ceenses metía medo e incertidume se mantivo no marcador ata o final, cando Eloy Pereira sentenciaba.

Corcubión - San Lorenzo (1-0)

  • CORCUBIÓN: Perlón, Alán, Disi, Senra, Xabi, Gabi, Edu, Sebas, Jesús (Tito, min.82), Antón Lestón (Villar, min.70) e Lema.
  • SAN LORENZO: Gabi, Rubén, Adrián, David Álvarez, Germán (Schuster, min.20), Anxo, Chucho (Velo, min.46), Cachizo, Joaquín, Dani e Fuentefría.
  • Gol: 1-0, min.26: Sebas.

Partido soso e duro no Cubaleiro con poucas ocasións no que o Corcubión saca 3 puntos que se ben non o sacan do pozo si que lle dá un halo de esperanza.
O San Lorenzo, que foi polo partido tralo gol dos locais, pero non acaba de estar fino cara gol o equipo de Gueli. Un tiro ao pau de Fuentefría e varios balóns aéreos que salvou Perlón. Por bando local tamén houbo un par de chegadas, pero ningunha dos dous equipos modificaría o marcador e o gol de Sebas.

Corme - Muros (2-1)

  • CORME: Javi, Dani, Alejandro, Miguel Torrado, Sergio, Diego (Antoniño, min.85) (Brais Torrado, min.90), Manu (Adrián Doldán, min.70), Juan Chans, Lucas, Toniño e Alejo (Juanma, min.80).
  • MUROS: Fabio,veloso,teo,samu,juanche, dani,gelo,saúl,santi,sexo e jesús. tamén xogaron: Eloy, Ramón, Pelos e Iván.
  • Goles: 1-0, min.10: Lucas de falta directa; 2-0, min.35: Juan Chans tras unha triangulación; 2-1, min.35: Ramón pola escuadra.

Nesta Liga todo o mundo arrea e tivo que sufrir o Corme para derrotar a un Muros, que mesmo fallou un penalti e puido ter empatado o partido.

O Corme dominou moito, e creou moito perigo xa dende o comenzo do partido, con chegadas por ambas bandas, pero o Muros estivo ben en defensa e os erros defensivos salvounos ben Fabio con moi boas paradas nos mans a mans. O 1-0 chegaría de falta directa dende o borde da área botada por Lucas. O partido seguiría así ata que Saúl puido meter o gol do empate de penalti por unha man dentro da área, pero Javi atallaba o balón.

Chegaría o 2-0, en posible fóra de xogo segundo os visitantes, por medio de Juan Chans. Pero aí non solventou o Corme entre a primeira e o comezo da segunda e tralo golazo de Ramón, acabou sufrindo, ("bendito sufrimento" asegura Suso da Corriña) para un Corme no que voltaba Adrián Doldán tras varios meses de baixas.

Volantes - Camelle (4-0)

Volantes-Camelle con fume do incendio-Foto-Lucia
  • VOLANTES: Vicente, Juan, Miguel, Néstor, Moja, Martín, Uru, Brais (Yerai, min.75), Ivi (Gabriel, min.87), Cajulo (Pardelo, min.75) e Adrián (Piru, min.80).
  • CAMELLE: Dido, Jesús do Petrallo (Álvaro, min.60), Chuchi, Baliñas, Matías, Miguel Riveiro, Mario, Sergio, Adrián, Barreiro e Javi Rañal.
  • Goles: 1-0, min.5: Uru cun trallazo dende o medio campo; 2-0, min.40: Ivi; 3-0, min.75: Juan nun córner; 4-0, min.85: Gabriel.
  • Expulsión: o local Uru tras unha falta por detrás no min.44.
  • Lesión: Jesús do Petrallo cunha rotura de fibras.

Non foi un grandísimo partido do Volantes pero estivo moi acertado arriba e encarrilaba o choque pronto cun golazo de Uru. Primeira metade de control local ante un Camelle que chegaba con 12 e sen porteiro, e xa aos 5 minutos Dido non podía facer nada a un chut dende moi lonxe de Uru. Ivi facía o 2-0 e xusto ao fío do descanso Uru facía unha falta ao borde da área cando un camellán quedaba só co porteiro e era expulsado. Foi a única ocasión do cadro case que en todo o partido.

O Camelle veuse arriba na segunda metade cuns bos 20 minutos, pero non eran quen de chegar e facer perigo, e trala lesión de Jesús do Petrallo, unha máis, fallaron as forzas. Co 3-0 xa baixaron os brazos os visitantes.

O partido víase marcado polo incendio rexistrado na zona da Crus de Pelos, o primeiro do ano na Costa.

Outes - Castriz (1-1)

  • OUTES: Gato, Samuel, Rafa (Rubén, min.60), Chúa, Borja, Martín (Chía, min.65), Poke (David, min.46), Piki, Elías, Kin (Migui, min.46) e Edu (Arturo, min.46).
  • CASTRIZ: Pablo, Bruno, Alberto, Pose, Alex, Chinda, Castro, Cili (munín,m in.65), Agra, Víctor (Fabio, min.90) e Pichín (Martín García, min.88).
  • Goles: 0-1, min.20: Alex; 1-1, min.85: Chúa de cabeza.

Partido moi disputado, cun Castriz moi ben armado que se adiantaba na primeira chegada tras un córner con gol co capi Alex. O Outes marrou varias ocasións para empatar, as máis claras de Poke e Borja que mandaron os seus balóns á madeira. E o Castriz puido sentenciar nunha contra pero Gato salvou aos seus en varias chegadas.

Arturo, que volvía ao equipo, tivo dúas para marcar pero non igualou ata faltando 5 minutos, nun choque no que o xuvenil Samuel, con dous partidos ás súas costas, foi o mellor do partido. Vemos o banco, titulares indiscutibles na primeira volta con Manu Roque.

Banco do Outes con Ruben Chia Arturo David e Migui-Foto-Victor Noia

Buño - Porteño (1-1)

  • BUÑO: Brais, Eloy, Rubén, Casais, Fran, Dani, Juan (Elías, min.46), Dourado, Charro, Pedro (Martín, min.75) e Gurita (Víctor, min.63).
  • PORTEÑO: Bonano, Pejo, Óscar, Maikol, Caamaño, Piti, Iago, Cristian (Marcos, min.55), MeuLar, David e Varela.
  • Goles: 0-1, min.25: Piti de penalti; 1-1, min.89: Rubén tras regatear a dous rivais.
  • Lesión: o visitante Cristian.
  • Expulsión: o visitante Iago no min.90.

Unha parte para cada un e un empate xusto, nun partido de 0-0, soso con chegadas puntuais, sen ritmo nin tensión. Os dous estiveron moi regulares, sen arriscar demasiado, e ademais dos goles apenas cómpre destacar dous tiros dende fóra da área un ao longueiro de Gurita e un pau de Dourado por bando local.

Carnota - Mazaricos (2-2)

Carnota-Mazaricos -Foto-Sara Ramos
  • CARNOTA: Luís De la Peña, Ferreiro, Pedro Pichín, Manolo Chouza, Tono da Caixa, Rodrigo, Pumuky, Iván Maceiras, David (Urko, min.46), Manuel Luís e Adrián dos Lombos (Elías, min.85).
  • MAZARICOS: Pejo, Estéfano, Chico, Matías, Martín (Ferreiro, min.75), Coxo (Molinos, min.75), Rodri, Esteban (Oreiro, min.70), David, Ricardo e Kevin.
  • Goles: 0-1, min.40: David; 0-2, min.52: Ricardo; 1-2, min.71: Ferreiro de penalti; 2-2, min.80: Manuel Luís de cabeza nunha falta.

Unha parte para cada equipo nun equipo máis ou menos malo, cunha primeira metade dos amarelos que ía crecendo co paso dos minutos tras uns primeiros 15 minutos de tanteo, e acabaron dominando e chegando con perigo. Así se adiantaban 0-1 co gol de David,

Empezaron ben os de Alinhos na 2ª, con 15 bos minutos nos que ampliaron a renda pero non acabaron co partido pero Kevin marrou un par de mans a man e Esteban mandou unha vaselina arriba.
Un penalti cambiou o panorama, e o Carnota, a pesar das baixas, se puxo a empurrar, ante un Mazaricos que se foi metendo atrás. Empatou Manuel Luís (de cabeza!!) e a pique estivo de levalo con varias ocasións.

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios