Mércores. 15.05.2024
El tiempo

O IDC fai oficial a súa retirada e a clasificación sofre cambios

O IDC fai oficial a súa retirada e a clasificación sofre cambios
O Independiente de Carballo retírase da competición

O Independiente de Carballo facía oficial esta mañá a súa retirada da competición da 2ª Autonómica, como xa viñamos anunciando. Unha decisión que provoca varios cambios na clasificación.

Tras varias conversas, e varias informacións contraditorias que nos chegaron, a cousa queda do seguinte: parte de sancións clarexaba de xeito oficial como queda a cousa: “Retirada da competición IDC: recibido o escrito do club comunicando a súa retirada da competición, exclúese a este equipo, computando a súa praza como descenso, e respectándose as puntuacións obtidas polos demais clubes ata o momento, e dando por vencedores aos demais clubs polo promedio dos goles recibidos polo club retirado na segunda volta (promedio 3 goles)”, segundo o artigo 103.2 e 77 do R.D. da RFEF. Quedan pois os resultados ata esta xornada como estaban, cun 3-0 a partir de agora para os partidos que restan. Parécenos algo inxusta a regra pois os que tiveron que xogar contra o IDC, e non gañaron na segunda volta, como é o caso de Buño e Cabana, vénse perxudicados ante os equipos que aínda non xogaron contra el e que verán como os seus partidos se suman por vitorias. Xa temos as táboas actualizadas quedando o Corme de líder con 61 puntos, pero un partido máis que o Sofán, que queda con 58, polos 56 do Zas, que tamén conta cun partido menos. Esta fin de semana, o Sofán sumará os puntos do IDC, o Corme recibe a un Buño que sempre o pon en apretos, e o Zas ao Carnota. Ademais, o partido da xornada disputarase en Cee, onde terá lugar un sempre intenso derbi entre ceenses e fisterráns, ca 4ª en xogo. Mentres, xa hai varios equipos que se renovaron coas fichaxes procedentes do IDC, e se Manu Guillamet xa fichaba polo Cabana, Juni e Fraga xa ficharon polo San Lorenzo.

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios