Facemos o repaso á previa desta xornada de 22 e 23 de outubro de 2011. E comezamos co derbi no alto entre Soneira e Dumbría, cos problemas na meta para o cadro de López Canosa. Ademais o Laracha, 2º na táboa, será unha boa pedra de toque para medir as aspiracións deste Xallas, que está a realizar un comezo de campaña inmellorable.
Na 1ª terá o Ponteceso unha boa oportunidade este sábado para sumar os 3 puntos ante un Imperátor pechacancelas, Mentres, o Cee terá que visitar o campo de Elviña para enfrontarse a un Victoria en moita mellor situación.
Na Liga da Costa, ademais do sempre interesante derbi entre Malpica e Corme, teremos outros encontros importantes. O Club do Mar recibirá o sábado ao Buño, igual que o Fisterra cun Sofán que quere despegar. Ademais o filial dumbriés non quere perder a roda dos caioneses e querrán superar ao Baio. O Camariñas, pola súa banda terao complicado no Xosé Luís Vara Oliveira.
O partido da semana na 3ª e en xeral pode ser ese Cerqueda-Montelouro que servirá para medir esa imbatibilidade do conxunto muradán. Pero non o terá fácil tampouco o Outes, que visita o Hermanas Patiño para enfrontarse ao Porteño. Ademais, o Carnota-Cabana prevese moi igualado.