Sábado. 20.04.2024
El tiempo

2ª Autonómica: Non fallan os de arriba

2ª Autonómica: Non fallan os de arriba
Xornada 7 e seguen se fallar Club do Mar e Dumbría B, ademais deste Camariñas que parece que vai collendo o ritmo e xa mete medo. Esta fin de semana sufriron os caioneses en Corme, onde non van gañar moitos equipos, pero levaron os 3 puntos. O filial dumbriés segue igualmente sen coñecer a derrota tras remontar un 2-0 ante O Pindo que dá conta da fortaleza dos de Ferrío. E no partido da semana, o Camariñas amosou o seu potencial endosando un claro 3-0 a un Fisterra que viña en progresión,. Ollo tamén aos Muros e Malpica, que suman e suman e non deixan escapar o grupo de arriba. Por abaixo había dous enfrontamentos directos. O Mazaricos sacou petróleo de Buño e non lle permitiu escapar, mentres que o Nantón e o San Lorenzo asinaron un empate que lles vale aos dous para seguir sumando.

Camariñas - Fisterra (3-0)

  • Camariñas: Pombo, Carlos, Alberto, Maikel, Breo, Moriño, De La Sierra (Carlos “Doyle, min.83”), Brais (Nico, min.73), Javi (Adrián Negro, min.60), Juan Obello e Leo (Dani, min.81)
  • Fisterra: Joselu, Juan de Elvira (Tata, min.86), Pana (Isma, min.75), Gus, Manuel Cartamil, Roco, Nico, Roa (Santi, min.57), Dudo (Rivas, min.46), Guardiola (Marco Docabo, min.79) e Mané.
  • Goles: 1-0, min.16: Leo; 2-0, min.31: Leo, de penalti; 3-0, min.63: Leo.
  • Expulsións: O xogador visitante Manuel Cartamil (min.27) e o seu delegado, Diego Díaz (min.64), ambos con cartón vermello directo, o segundo por dicir, supostamente "Non tes nin idea", que realmente non o fixo.
Segue o camariñas dando moitos sinos de fortaleza e semella que lle vai poñer as cousas moi duras ao Club do Mar na loita polo título. Onte desfíxose do Fisterra, non sen apuros, pero demostrando que é un equipo moi conxuntado nunha excelente forma física e con moito gol. Os fisterráns marcharon moi descontentos coa actuación arbitral coa expulsión de Manuel Cartamil e puido condicionar o encontro. O partido estivo condicionado pola forte néboa que rondou no Hermanas Patiño e tamén polo retraso no comezo, o colexiado ao parecer tiña outra hora de comezo e logo perdeuse de camiño, polo que a demora no comezo foi dunha hora. H aberá que estar atentos ao parte de sancións desta semana por si sancionan ao colexiado, xa que vemos con frecuencia sancións económicas aos clubs por se presentar tarde aos partidos e non hai excusas posibles. Con todo, na acta o colexiado non fixo patente a incidencia. No que corresponde ao fútbol, o partido foi moi intenso e con dous equipos en moi boa forma física de aí que as faltas foran moi constantes debido a presión en todas as liñas do campo. Os locais por momentos combinaban moi ben e chegaban con máis facilidade a meta defendida por Joselu, así tras unha moi boa triangulación entre Javi, Juan e Leo, o balón acabou cun centro deste último para o remate de Brais que estrelou o coiro no pau. Pouco despois, Leo recibe un pase entre liñas e ante a saída do meta, o dianteiro corcubionés remata coa esquerda raso. Eran os mellores minutos dos locais que tiñan o balón e impedían que os fisterráns crearan perigo de ataque. No minuto 27 chegou a xogada clave do encontro, tras un córner botado por De La Sierra o balón chega a Joselu que despexa, pero cando os xogadores saían da área, Manuel Cartamil e Brais teñen unha disputa acabando con este último tirado ao chan, o colexiado interpreta agresión do fisterrán e expulsa ao verdillo e sinal penalti. Logo de perderse uns cantos minutos (non descontados ao final do 45 regramentarios), Leo lanzou a pena máxima e subía o segundo ao marcador. Si moito máis que destacar foise ao descanso. Tralo tempo de reflexión, os fisterráns saíron mentalizados e tentar reducir distancias e durante os primeiros quince minutos chegaron con facilidade a meta de pombo, pero con malas definicións, sobre todo do dianteiro Mané que non tivo a súa tarde e marrrou unhas cantas ocasións ante os seus ex-compañeiros. A sentencia do choque chegaría no minuto 63, unha xogada de Juan Obello que recibe entre liñas, desfaise do porteiro e cede a Leo para que marque a pracer e firmar un hattrick que o consolida como pichichi da competición. O xogo inturviouse con moitos nos minutos finais con paróns constante por faltas. Os de Fisterra non deixaron de loitar ata o final e os locais tentaron manter a posesión do balón aproveitando a superioridade numérica e a diferenza do marcador.

O Pindo - Dumbría B (2-4)

  • O Pindo: Diego Atán, Diego Trillo, Juan de Dios, Manolito, Juan de Fisterra (Hipólito, min.76), Eloy, Carlos Leis, Pablo (Jose da Maroca, min.60), Riolo, Hugo (Vicente, min.51) e Carlos.
  • Dumbría B: Sergio, Samuel (Rodrigo, min.46), Sergio Cives, David Carreira, Ramiro, Riki (Ivanete, min.75), Fernando, Esteban de Baíñas (Gabriel, min.65), José Manuel, Pablo Lestón (Álex, min.80), Alberto.
  • Goles: 1-0, min.30: Hugo; 2-0, min.40: Hugo de falta; 2-1, min.44: Sergio Cives; 2-2, min.50: Alberto: 2-3, min.70: Rodrigo; 2-4, min.82: Ramiro.
O baixón físico do Pindo na segunda metade foi clave para a remontada do filial dumbriés, logo de que o conxunto carnotán completase os mellores 45 minutos de toda a tempada. Hugo, que acabou mancado na segunda metade, foi o mellor home durante o primeiro tempo. Pero un gol de Sergio Cives, xusto antes do descanso, foi clave para que o filial saíse a por todas no segundo tempo. Alberto, nunha contra, Rodrigo e Ramiro déronlle a volta ao marcador, que os mantén na 2ª posición e deixa aos carnotáns aínda sen sumar.

Sofán - Malpica (0-3)

  • Sofán: Richard (Luís de la Peña, min.25); Adrián, Víctor Docampo, Juanjo, Miniño, Alemán, (Alberto Pensado, min.58), David Pensado, (Edu, min.70), Suso Docampo, Mario Casal, Iván Rey, (Jacobo, min.54), Abel, (Berti, min.70).
  • Malpica: Suso, Charly, Marcos Amado, Víctor, Iago, Rancaño, (Alfredo, min.61), Cheo, (David Álvarez, min.70), Daniel, (Neucha, min.60), Pablo, Andrés, (Dani, min.60), Nando.
  • Goles: 0-1, min.30: Pablo aproveita oportuno un balón tras un saque de banda; 0-2, min.65: Alfrediño de falta. 0-3, min.88: Pablo de vaselina.
Non levanta cabeza a SD, e esta fin de semana tivo que enfrontarse a un Malpica en forma. O Sofán aguantou a primeira media hora provocando un encontro bronco pero intenso. Nando tivo a primeira para os visitantes pero Abel e Miniño tamén probaron a Suso. Coincidía a entrada no campo de Luís De la Peña co primeiro tanto visitante de xeito que o primeiro que fixo o veterano meta corcuñés foi recoller o balón das mallas. No segundo tempo o Malpica tivo moi boas opcións á contra demostrando que o equipo de Agilda está en forma.

Nantón - San Lorenzo (1-1)

  • Nantón: Martín, David Lareo, Diego, Félix, Sito, Martín, Cristian, Rubén, Luís, Manolo, Iván (Eloy, min.80).
  • San Lorenzo: Recarey, Santi, Adrián, Casillero (Javi Varela, min.65), Puñal, Dubra (Chucho, min.80), Miguel (Anxo, min.60), Cachizo, Marcos, Fuentefría (Chechu, min.57), Carlos.
  • Goles: 1-0, min.10: Manolo do Cruceiro tras un rexeite a tiro de Luís; 1-1, min.15: Cachizo remata unha falta ao segundo pao.
  • Lesións: os viistantes Casillero cunha rotura fibras perna dereita e Dubra cun golpe no pé dereito.
Uns 75 espectadores na tarde calurosa cabanesa para presenciar este choque da zona baixa. Partido que remata co primeiro punto a domicilio do San Lorenzo ante un rival da súa liga. A primeira parte foi de lixeiro dominio visitante, pero bastante tranquila, mentres que a segunda foi de control local, supoñendo un empate xusto. O Nantón presentábase en cuadro no medio campo, con varios rapaces de arriba facendo labores de contención. Manolo puña por diante aos visitantes aproveitando un rexeite a un bo tiro de Luís. Pero de contado Cachizo facía o empate. Aí tivo lugar unha das xogadas polémicas da tarde, cando un gol pantasma parecía que entraba pero o colexiado non o viu así. Na segunda o Nantón foi polo partido. Rubén enviaba dous remates en saques de esquina ao longueiro, pero á contra o San Lorenzo facía dano. A 5 minutos do final tivo lugar a outra xogada polémica, un posible penalti por agarrón de Puñal a Félix no min.85 que non sinalou o colexiado á saída dunha falta lateral e que puido significar o gol da vitoria local.

Baio - Esteirana (5-0)

  • Baio: Manuel, Matías, Iván de Treos (Fredi, min.85), José Antonio, Fermín (Iago, min.82), Eloy, Pirucho (Mario, min.65), Alberto, Canai (Martín, min.55), MC, Javi Suárez.
  • Esteirana: Ramón, Chispi, Isma (Andel, min.46), Dani (Fran, min.75), José Varela, Pichu (Simón, min.46), Adrián, Alex, Eloy (Gabo, min.6), Cajulo, Adelino.
  • Goles: 1-0, min.12: Javi Suárez; 2-0, min.20: Canai; 3-0, min.30: MC; 4-0, min.65: Javi Suárez; 5-0, min.75: Javi Suárez.
Practicamente as 3 primeiras ocasión de gol do Baio remataron en gol, co que o partido se puxo de cara para os locais. A Esteirana, sempre a remolque, non puido prantar cara, e os baieses amosáronse superiores. E iso que replegaron filas, pero sacaban a súa dinamita á contra, como máis lle gustaría ter xogado aos muradáns. No segundo tempo, os de Esteiro tiveron o balón, e un par de boas ocasións para recurtar pero non concretaron e contra o ecuadro Javi Suárez ampliou a renda.

Buño - Mazaricos (0-1)

  • Buño: Toni, Óscar (Richard, min.75), Diego, Alfredo, Eloy, David Secundino (Dani Calvete, min.46), Jorge (Emilio, min.80), Ismael, Miguel Dourado (Rubén, min.65), Juan, Víctor.
  • Mazaricos: Juan, Matías (Sandelo, min.75), Casais, Ramón, Chico, Rodri, Brais, Aldo (Cristian, min.70), Estéfano (Ferreiro, min.80), Kevin, Rafa (Esteban, min.65).
  • Gol: 0-1, min.25: Estéfano.
  • Lesión: Matías cun golpe no nocello.
Encontro importante da zona baixa, no que podía meter o Buño ao Mazaricos moi abaixo. Pero ao final acaban a xornada case igualados na táboa tras esta vitoria dos de Raúl Periscal. Tras unha primeira metade igualada onde estivo algo mellor o cadro visitante, o Mazaricos sacou petróleo dunha xogada individual de Estéfano. Na segunda dominou o Buño, mentres que o Mazaricos intentou manter as liñas replegadas pero saíndo en contras moi perigosas que non supuxeron o 0-2 de milagre. Tamén tivo unha boa ocasión o Buño para empatar, por medio, como non, de Víctor, que mandou o balón ao pao. Ao final os visitantes acabaron sufrindo e pedindo a hora.

Castriz - Muros (0-2)

  • Castriz: Herrera, Prego, Sergio Pose (Sergio Gerpe, min.65), Alejandro, Míchel (Marcos, min.80), Alberto, Mauri, Toño (Jorge, min.75), Martín (Jonhi, min.60), Sebas, Iván.
  • Muros: Lupi, Marco, Teo, Gael, Alberto, Mingos, Dani, Jesús, Sexo, Óscar, Yanki. Tamén xogaron: Iván, Gelo, Maxi.
  • Goles: 0-1, min.30: Yanki; 0-2, min.65: Óscar.
Unha de cal e unha de area a que nos ofrece este Castriz, que na casa non dá arrincado vitorias. E iso que tiveron algunha ocasións, como o gol anulado por fóra de xogo aínda co 0-0. Pero foi Yanki á media hora quen adiantou aos de Sil, que controlaron o tempo do partido na segunda metade, e acadaron o gol da tranquilidade por medio de Óscar no ecuador do segundo tempo.

Corme - Club do Mar (1-2)

  • Corme: Susiño, Diego, Alejandro, Lelo (Gonzalo, min.27), Abel, Jesús, Martín, Adrián, Iago, Lucas, Alejo.
  • Club do Mar: Iago, Corral, Alex, Chechu, Rubén, Repi, Juan Lareo, Jacobo (Brais, min.75), Santi Silva (Piñeiro, min.80), Bertín (Fran Borrazás, min.55), Vituco (Chori, min.85).
  • Goles: 0-1, min.14: Rubén tras varios rexeites a unha dubidosa falta na frontal botada por Repi; 1-1, min.28: Alejo de penalti; 1-2, min.60: Rubén a saída dun córner que non puido atallar Susiño.
  • Expulsión: o xogador caionés Chechu no min.55.
Apretou o Corme, e iso que lle faltaban varios claves como Pandi, lesionado o venres nun nocello, e apreotou moito a este poderoso Club do Mar. Así de doce sabe a vitoria en Caión, conscientes de que no Cairo non van gañar moitos equipos. De feito, os de Repi só puideron levar os puntos con goles a balón parado e moito oficio, ante un cadro azulón cheo de entrega e velocidade que non estivo acertado cara gol. Rubén, o lateral caionés bigoleador na tarde de onte, puña por diante aos visitantes ao cuarto de hora de partido. Alejo asinaba o empate de penalti, e os cormeláns protestaban outra pena máxima co 1-1 que o colexiado sacou fóra da área e deixou sen expulsar ao meta Iago. A maquinaria do Club do Mar xa estaba en marcha e Vituco e Santi Silva puideron marcar antes do descanso. Chegou a expulsión de Chechu, pero aínda tiveron os de Repi arrestos para porse por diante. Unha vez co 1-2 no marcador, e con 10, replegaron filas e buscaron as contras, coas que puideron ampliar a renda. Por parte local non houbo a claridade suficiente para conseguir o empate, pero se volveu facer un partidazo a pesar das baixas.

Corcubión - Zas (2-2)

  • Corcubión: Cristian (Andrés, min.80), Conguito, Sergio Manín, Senra (Sancho, min.60), Balucho, Alán, Papi (Sebas, min.60), Johny (Paulo, min.70), Edu, Mario, Lourido.
  • Zas: Elías, Dani (Martín, min.60), Mancebo, Lagoa, Pereiro, Juan, Pablo Juvenil (Germán, min.80), Peke, Ismael, Diego (Rafa, min.60), Pablo Muíño.
  • Goles: 0-1, min.3: Pablo Muíño; 1-1, min.25: Mario, de penalti; 2-1, min.30: Lourido a centro de Conguito; 2-2, min.70: Pablo Muíño.
Segue sen sorte o cadro de Manín que xoga e xoga ben os partidos pero non os acaba de sentenciar. Este sábado, no Cubaleiro foi quen de remontarlle o gol inicial de Pablo Muíño e porse por diante, pero no último treito o propio diantero zaense asinou o empate. E se ben os 3 puntos puideron quedar na vila de San Marcos, tamén puideron marchar para Zas se Lagoa non marrase, co 0-1, unha pena máxima.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios