Sábado. 20.04.2024
El tiempo

3ª Autonómica: Un cuarteto de luxo

3ª Autonómica: Un cuarteto de luxo

Non fallaron os 4 de arriba que sumaron 3 novos puntos. Segue o Outes de líder, cun partido máis, tras vencer e convencer ante un forte Alcaián. A tan só un punto segue o Montelouro, implacable no seu feudo, e de seguido chegan Cabana e Coristanco, que endosaban serias goleadas a Lira e Fisterra B respectivamente.

Ábrese unha fenda entre o Coristanco, 4º, e o Carnota, 5º, que vencía sufrindo en Muxía. O Cerqueda non pasaba do empate en Corcoesto e queda no grupo perseguidor con Porteño e o Alcaián.

Montelouro – Independiente (3-1)

  • MONTELOURO: Jose, Pablo (Pedro, min.60), Juan (Jose, min.78), Alvaro, Teo, Chema, Denís (Fernando, min.55), Chumy, Pesco, Garondo (Dani, min.70) e Rico (Germán, min.75)
  • INDEPENDIENTE: Noé, Jonhatan, Scott (Javi, min.65), Dani, Rubén (Efrén, min.46), Carlos, Ivi, Cholo, Jorge, Iván Lorenzo (Sande, min.46), Juni.
  • Goles: 1-0, min.25: Rico de centro chut sen intención; 1-1, min.35: Rubén; 2-1, min.41: Rico; 3-1, min.65: Rico.

Xogou e deixou xogar o Independiente de Carballo en Louro causando moi boa sensación aos locais, pero o acerto rematador foi superior nos blancos. Na primeira metade deu o Independiente guerra, pero na segunda os carballeses acusaron o campo de terra.
Rico cun centro-chut marcou o primeiro por toda a escadra. Logo empatarían os visitantes tras un rexeite dun córner e antes do descanso, Rico poñía en vantaxe aos seus cunha fermosa vaselina coa perna esquerda. Na segunda metade o dianteiro local culminaría un hattrick ao materializar unha contra no man a man o porteiro, pouco despois tería que retirarse cunha pena lesión.

Atl. Pereiriña – Camelle (4-1)

  • ATL PEREIRIÑA: Simón, Alvaro (Mateo, min.46), Mario, Gabri, Javichu, Mario (Riki, min.30), Adán (Javi, min.46), Rafa (Grille, min.75), Néstor (Jose Express, min.83), Poki e Víctor.
  • CAMELLE: Coruña, Cristian, Juanjo, Carlos, Manuel (Varu, min.60), Valiña, Iván, Alvaro Pantera (Adrián, min.70), René, Mario e Barreiro.
  • Goles: 0-1, min.27: Barreiro; 1-1, min.49: Mateo; 2-1, min.55: Poki; 3-1, min.60: Víctor; 4-1, min.64: Néstor.

Unha parte para cada equipo cunha maior efectividade goleadora para os locais. Os da Pereiriña non crearon perigo algún na primeira metade, mentres que na segunda tralos cambios e a charla do míster, os locais puxéronse as pilas e 15 minutos resolveron o encontro, mesmo o míster Javier entrou no campo para transmitir coas súas accións coraxe e gañas. O Camelle tivo nos últimos 20 minutos boas ocasións por medio de Barreiro, pero o marcador xa non se movería.

Volantes – Soneira B (2-4)

  • VOLANTES: Masu, Fran do Español, Mou (Josiño, min.46), Maikel, Juan, Varo, Ramón (Nimo, min.70), Brais (Fran, min.85), Ivi (Pirujo, min.60), Piti e Edu.
  • SONEIRA B: Víctor, Damian, Jemisa, Roi, Curra (Chuchi, min.87), Quilmes, Chans, Mayor, Ricardiño (Marquitos, min.75), Capote e Cristian de Carantoña.
  • Goles: 1-0, min.5: Ivi, de falta; 1-1, min.10: Ricardiño; 2-1, min.15: Piti, de penalti; 2-2, min.20: Mayor, de falta; 2-3, min.35: Mayor, de falta; 2-4, min.60: Cristian de Carantoña.
  • Expulsión: O local Juan (min.70), por dobre cartón amarelo.

Parece que ao filial soneirán lle prestou ben a reportaxe televisiva da semana pasada, pois encadeou a segunda vitoria consecutiva nun feudo no que aínda non se escapara ningún punto. Os visitantes puideron contar con Mayor e puideron configurar un once bastante competitivo. O Volantes segue acusando a carencia de xogar cun porteiro sen experiencia baixo paus, e a súa afección, os "Rochabillies" non puideron cos seus cánticos, manter os puntos en Miraflores.

A primeira parte foi de tolos, con fallos por ambos lados. Adiantouse o cadro local nada máis empezar o partido cunha falta botada por ivi que sVíctor non acerta a atallar. Noutra xogada a balón parado empataba o filial soneirán por medio do xuvenil de primeiro ano, Ricardiño Víarápida. Piti volveu adiantar aos locais ao transformar unha pena máxima feita sobre Mou para poñer por diante aos locais, pero 5 minutos despois, cando tan só ían 20 minutos, Mayor asinaba o cuarto tanto da tarde, e empataba cun lanzamento de falta directa. Non tardou 15 minutos en repetir o lanzamento para poñer por diante aos vimianceses, poñendo fin a esta tola primeira metade.

Na segunda metade non houbo moitas ocasións nin moito fútbol, cun Volantes que quería, quería, pero non podía. Os muradáns controlaron o balón pero apenas gozaron de ocasións claras. Foi Cristian de Carantoña o que marcaría o cuarto nunha contra.

Cabana – Lira (7-1)

  • CABANA: Añón, Eloi García (Oscar, min.53), David, Marcos (Jacobo, min.55), Jose, Sandro, Adrián (Darío, min.60), Fernando, Diego (Eloi Pereira, min.50), Fran Martuxa (Rubén Rama, min.60) e Nando.
  • LIRA: Miguel Anxo, Fernando, Petete, Pelexo, Yerai (Iago, min.70), Abel (Oscar, min.46); Chancho (Craig, min.60), Suso Patachin, Gabri, Ancho e Fran Perico
  • Goles: 1-0, min.20: David Sande; 2-0, min.30: Fran Martuxa; 3-0, min.42: Fernando; 4-0, min.48: Nando; 5-0, min.55: Jose; 6-0, min.61: Rubén Rama; 7-0, min.65: Rubén Rama; 7-1, min.84: Fran Perico, de penalti.
  • Expulsión: O visitante Gabri (min.70).

Partido sen moita historia o da tarde do sábado onde os visitantes se prantaron para xogar a contra agazapados atrás e aguantaron 20 min, o que tardaron en cometer un erro na saída dun córner e recibir o primeiro da tarde. A partires de aí ao querer abriren liñas os visitantes, os locais atopáronse as súas anchas no seu campo e disfrutaron durante 70 minutos chegando a área contraria cunha facilidade absoluta. Froito disto chegou o segundo gol despois dun rexeite defensivo e un erro na cobertura visitante e o terceiro despois de entraren por banda sen oposición algunha cun forte disparo dende o pico da área pequena que entraría por toda a escadra. E antes de chegar o descanso o porteiro visitante abortou o cuarto da tarde nun man a man. Os visitantes tiveron só unha ocasión que detivo ben o porteiro local nos pes de Ancho.

Na segunda metade mais do mesmo, o cuarto e o sexto chegaron a saída dun córner pedindo os visitantes falta ao porteiro acabando este dentro da portería. O sexto foi mais do mesmo noutro saque do curruncho despois de varios rexeites unha volea rematou na cepa do pau esquerdo facendo o quinto. Con 6-0, pitouse un penalti claro a favor dos locais que lanzou Nando e o meta Miguel detivo. O sétimo gol vén despois dunha xogada de tiraliñas por banda que rematou cun pase atrás e Rubén Rama marca a pracer. Xa nos últimos minutos un penalti provocado por Fran Perico, foi transformado por este para poñer o gol da honra no marcador dos visitantes, que nesta tarde marcharon con 7 pero puideron ser mais.

Muxía – Carnota (1-2)

  • MUXÍA: Jose Antonio (Ramón, min.76), Jose Manuel, Angel Luís, Angel (Pesqui, min.46), Currás, Pataca, Javi, Albertiño, Raúl (Santi, min.80), Arxires e Martinciño.
  • CARNOTA: Peipo, Boni (Davis Castreje, min.58), Pedro, Manolo, Tono da Caixa, Pumuki (Tono Goyanes, min.46), David, Rodrigo, Borja Santos, Manuel Luís e Manoliño (Andrés Fandiño, min.80).
  • Goles: 1-0, min.15: Martinciño; 1-1, min.38: Manoliño; 1-2, min.75: Tono Goyanes.
  • Expulsión: O local Arxires (min.40) por dobre cartón amarelo.

Tivo que traballar moito o Carnota para sacar os tres puntos da Arliña. Fallaron os de Cambeiro e ao final tiveron que sudar para darlle a volta ao primeiro gol de Martinciño tras recibir un centro por banda de Alberto. Antes do descanso, Manoliño aproveitouse dun erro do meta Jose Antonio e a 15 minutos para o final Toño Goyanes poñía o definitivo 1-2. Queixáronse dende Carnota a dureza empregada polos locais e que o colexiado permitiu.

Coristanco – Fisterra B (5-0)

  • CORISTANCO: Gonzalo, Iván (Castro, min.60), Germán, Oscar, Marcos, Pazos (Edgar, min.70), Sergio, Luís, Mallón (Carlos, min.80), Toniño (Benitez, min.75)e Arantón (Adrián, min.65).
  • FISTERRA B: David, Dudo (Santi, min.46), Didier, Jorge (Gabi, min.61), Cote, Dani (Juanjete, min.46 (Diego, min.73)), Pablo, Insua, Pirri e Jose da Anchoa.
  • Goles: 1-0, min.15: Pazos; 2-0, min.30: Toniño; 3-0, min.35: Marcos, de falta; 4-0, min.75: Sergio; 5-0, min.85: Sergio.
  • Expulsión: O visitante Pablo (min.75), con cartón vermello directo.

Cómodo triunfo do Coristanco que tan só encontrou rival na primeira media hora, durante ese tempo os visitantes tiveron dous man a man, co 1-0 que non deron materializado. Pazos tras centro de Toniño, Toniño tras unha xogada individual dentro da área e Marcos de falta directa por toda a escadra foron os goleadores na primeira metade. Na segunda metade Sergio marcou por partida dobre, primeiro de cabeza tras un centro lateral e logo a pase de Luís.

Corcoesto – Cerqueda (0-0)

  • CORCOESTO: Siro, Rodri, Edelmiro, Germán, Pablo, Javi, Uru, Luís, Martín, Couto (Pichón, min.75) e Lista (Miguel, min.70).
  • CERQUEDA: Ché, Javi Pazos (Iván, min.85), Javi, Dani, Nión (Rober, min.46), Santi, Maikel, Lorenzo, Dani Añón (Jorge, min.55), Dieguito (Juan, min.58) e Alex.
  • Expulsión: O adestrador visitante Rochi (min.60)

Dou boa conta o Corcoesto do Cerqueda sacándolle un empate e puido ser algo máis si os paus o permitirán. Na primeira metade Couto e Javi lanzaron sendos balóns ao pau. Os visitantes tiveron un libre indirecto que Dieguito lanzou ao longueiro.

Na segunda metade o partido púxose feo, moitas faltas e interrupcións constantes e poucas ocasións de gol. Germán sacou baixo paus un balón no que Siro xa estaba batido, mentres que Javi tivo un man a man para darlle os tres puntos ao Corcoesto.

Xaviña – Laxe (2-4)

  • XAVIÑA: Pablo, Jallejo, Alberto (Elvis, min.75), Sergio, Maikel, Búa (Chapu, min.60), Juan Antonio, David, Angel (Brian, min.46), Diego e Martín.
  • LAXE: Illote, Ventura (López, min.46), Aarón, Jaja, Antonio Castro (Samuel, min.46), Adan, Jacinto, Iván Ferreiro (Gándara, min.70), Darío, Martín Rivera e Rubén (Felipe, min.46).
  • Goles: 0-1, min.8: Martín Rivera, de falta; 1-1, min.30: Diego; 2-1, min.35: Martín; 2-2, min.52: Felipe; 4-2, min.67: Martín Rivera.

Pese a levar o peso do encontro e ter as mellores ocasións de gol, O Laxe tivo que remontar un marcador adverso de 2-1 para acabar gañando e podendo golear na segunda metade.

Martín Rivera que estivo moi pillo, adiantou ao Laxe cun rápido lanzamento de falta ao non pedir barreira. Diego empataría a media hora ao se anticipar ao porteiro nun centro lateral e pouco despois Martín recibe un pase longo do seu porteiro, os defensas visitantes deixan botar o balón e o dianteiro local moi listo foi ao fallo e marca só co porteiro.

No descanso revolución de cambios e pronto xorden efecto. Felipe fai unha xogada individual por banda e cun tiro cruzado igualaba o encontro. Iván Ferreiro cun tiro dende frontal ao recibir un rexeite tras un córner poñía ao Laxe por diante. De novo Martín Rivera en liña de gol remata un pase de Felipe. A superioridade do Laxe na segunda metade foi moita e puido marcar algún gol máis.

Outes – Alcaián (5-0)

  • OUTES: Gato, Martín, Saúl (Lago, min.78), Chúa, Arturo, David, Poke (Lass, min.72), Kin (Potro, min.66), Deivi, Pesco (Pitu, min.85) e Fernando (Fabio, min.46).
  • ALCAIÁN: Rizos, París (Iván Souto, min.46), Pombo, Dani, Víctor, Pío, Luisito, Tote (Daviciño, min.46), Roberto, Rubén (Nando, min.65) e Pistolas.
  • Goles: 1-0, min.2: David; 2-0, min.40: Saúl; 3-0, min.63: Kin; 4-0, min.87: Deivi; 5-0, min.89: Fabio.
  • Lesión: O visitante Rubén cun forte golpe nun nocello.

Demasiado castigo para o Alcaián que pese a que o Outes fixo méritos suficientes para gañar, os visitantes tamén plantaron moita cara ata o 3-0, a partir de aí baixaron bastante os brazos e veu a goleada.

Pronto se adiantaron os locais cun precioso lanzamento de David que viu a Rizos adiantado e bateuno case dende o medio campo. Saúl tras un rexeite de Rizos marcaba o segundo a rentes do descanso.

Na segunda metade Kin tras varios rebotes na área acababa marcando. Deivi non fallou a súa cita co gol, andaron listos os locais no saque dunha falta que deixou ao dianteiro local só con Rizos que batía por baixo e dous minutos despois Fabio, que reaparecía logo dunha lesión, facía o quinto tras recibir un pase de Deivi, xirarse e de primeiras marcaba por toda a escadra.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
  • Colabora Miguel de Lira, Paky, a UD Cerqueda, Gonzalo Sestayo, Eduardo Olveira, Luís Alberto Sambad, O Retrateiro.

Comentarios