Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Xuvenil Norte: O Malpica non descansa

Xuvenil Norte: O Malpica non descansa

O Malpica é o único equipo da Liga Xuvenil Norte que non coñece a derrota nestas 8 primeiras xornadas, e superan en 6 puntos ao Dumbría B. Os malpicáns superaban a un Ponteceso en auxe, mentres que os dumbrieses precisaron os 90 minutos para resolver un partido moi difícil en Cabana.

E seguimos pedindo a siareiros e afeccionados que nos acheguedes fotos dos partidos para poder chegarmos a cada campo. Podedes enviárnolas a través do Facebook, Tuenti ou ben a [email protected].

Baio - Camariñas (4-0)

  • BAIO: Guillermo (Sergio, min.75), David, Iago, Pablo (José Manuel, min.55), Fachal, Rafa (Silvariño, min.60), Lucas, Valetín, Iván, Bieito, Martín (Pardo, min.70).
  • CAMARIÑAS: Álvaro; Bieito Mas, Diango, Manuel, Juan Carlos; Gatusso, Javi, Saviola; Martín (José Carlos, min.57), Nené e Yuyo.
  • Goles: 1-0, min.55: Valentín; 2-0, min.65: Fachal tras un córner; 3-0, min.70: Lucas; 4-0, min.80: Fachal.
  • Expulsión: José Manuel no min.75 por cortar unha xogada clara.

A primeira parte foi bastante parexa. O conxunto local tiña o balón e os camariñáns esperaban atrás e saían á contra, cunha defensa moi seria e moi firme. Foi á contra, buscando ás costas da defensa baiesa como Yuyo contou con algunha que outra ocasión para adiantar o seu equipo no marcador, pero varios foras de xogo. Non tiveron moita máis historia os primeiros 45 minutos.

No segundo acto o Baio púsoxe por diante aos dez minutos do comezo tras unha pérdida en medio campo camariñán. O Camariñas decau fisicamente e o Baio puido xogar combinando e buscando boas paredes. Xa co primeiro tanto case que se acabou o encontro, pois pouco despois volvería a marcar o conxunto blanquiazul ata facelo por 4 veces e demostrar así que son un dos equipos máis feitos e traballados da liga, polo que se debe de ter en conta.

Cabana - Dumbría B (4-5)

  • CABANA: Román, Daniel Mato, Iván Castro, Álex Mato, Manuel, Pablo, Iván Mato, Mikael, Rubén Darío (Cristian, min.75), Moreno (Alberto Valiña, min.20), Estefan.
  • DUMBRÍA B: Brais, Yeray, Andi (Alex, min.60), Adrián, Isma, Roberto, Toja, Pereira, Picallo, Jesús, Iago (Ramón, min.60).
  • Goles: 1-0, min.20: Manuel aproveita un balón que se lle espaca ao meta dumbriés; 2-0, min.35: Iván Mato de penalti; 2-1, min.50: Pereira; 2-2, min.60: Picallo de falta; 2-3, min.60: Picallo de falta de 40 metros pola escuadra; 2-4, min.65: Picallo; 3-4, min.75: Iván Mato tras un mal despexe do porteiro; 4-4, min.80: Miki de falta sacada rapidamente. 4-5, min.90: Jesús.
  • Lesión: Moreno por unha sobrecarga na espalda.

Partido competídísimo que deu dous xiros tremendos. Se ben os dumbrieses chegaban con moitas baixas (Denís e Mario lesionados para varios meses, Rodri expulsado e tiveron que tirar de 2 cadetes), demostraron porque son uns dos favoritos.

Tivo sorte o Cabana que se puxo por diante tras un erro do meta dumbriés. Os visitantes buscaban balóns longos a Picallo, pero foi Iván Mato o que puxo o 2-0 dende os 11 metros.
Todo cambiou á volta do descanso, e en 20 minutos se puña 2-4 con un tanto de Pereira e 3 de Picallo, sendo un, de falta dende 40 metros, espectacular.

Non remataba aí o choque e o Cabana volveise meter no partido tras outro erro de Brais. Foi Miki, ao sacar unha falta rápida mentres a defensa dumbriesa colocaba a barreira (uns din que Miki pediu barreira e outros que non) quen fixo o empate faltando 10 minutos.

Xa co tempo cumplido e cando todo parecía enfocado ao empate, os locais pediron un penalti por unha falta no pescozo a Iván Mato, pero o colexiado non sinalou, a defensa dumbriesa despexou e na seguinte xogada marcou Jesús, que marca a diferencia na categoría, marcou un gol logo de mandar un balón ao pao apenas dous minutos antes.

Vitoria pois do Dumbría B moi traballada.

Zas - Laxe (1-0)

  • ZAS: Miki, Esteban, Josito, Pablo, Oli, Rony, Kevin, Óscar, Isma, Víctor, Gonchi (Esteban, min.65), Bruno, Tomás (Amado, min.75).
  • LAXE: Anxo, Diego, Mosqueira, Roberto, Dani, Manu, Rellán, Djamel, Adrián Serantes, Carril, Adrián Lema (Charli, min.70).
  • Gol: 1-0, min.60: Víctor.

Con moitas baixas chegaban os dous equipos ao choque que se retrasaba ata as 18:30h para aprovetar os xogadores. De feito, os zaenses Isma e Pablo xogaban cos maiores en Corcubión os 90 minutos e de seguido saían de partida. Por parte visitante só podían chegar con 12 xogadores. Pero moi serios e moi ordenados, i é que os xogadores de Toni vai mellorando "a pasos axigantados", e se xa contra o Corme a cousa pintou ben, esta xornada prantaron cara e ata puideron levar algo máis de premio.

Na primeira metade o Zas controlou o balón e tivo boas chegadas polas bandas. Pero a defensa laxense non permitiu ocasións claras. Marcou Víctor á volta do descanso, e se relaxou lixeiramente. Tomou as rendas do partido o Laxe que se foi para arriba e puido empatar, pero falta definición. O meta Miki sacou un par de tiros e un man a man, sobre todo a xogadas de Adrián.
No último minuto protestaron un penalti os laxenses pero xa non se vía moito xa coa luz artificial e o colexiado, dos que non se moven demasiado, non o sinalou.

Muxía - Coristanco (0-1)

  • MUXÍA: Cristian, Carlos (Santiago,min.70), Antonio, Fabián, David, Julián, Gerardo, Cristian, Felipe (Kiko, min.55), José Ramón (Andrés, min.75), Sergio Tarrela .
  • CORISTANCO: Nacho, Varela, Pichel, Iván, Martínez, Rubén, Dani, Manuel, Martín, Adrián, Magovi. Tamén xogaron: Fede, Brais e Corral.
  • Gol: 0-1, min.30: Rubén.
  • Expulsión: o coristanqués Pichel no min.70.

Partido complicado en Arliña para os coristanqueses, que ao igual que o cadro carnotán na Liga da Costa, se queixaron esta semana polo ambiente nas bancadas. Sen embargo, no bando local apuntan que só houbo follón trala expulsión do xogador Pichel, que se revolveu tras unha falta e pegou unha patada a un xogador muxián.

No meramente futbolístico, foi un partido igualado, no que o cadro visitante tivo un maior control da pelota. Máis ocasións tivo o cadro visitante pero tamén o porteiro Nacho tivo que empregarse a fondo para manter a porta a cero.

Ponteceso - Malpica (1-4)

  • PONTECESO: Xurxo; Valle, Collazo, Cotelo, Fabián, Guille, Borja, Recarey, Jorge, Cristian, Puente. (tamén xogaron: Yony, Yago, Mendieta, Diego, Eloy).
  • MALPICA: Víctor; Víctor Novo, (Camilo, min.51), Jorge, Javier, Pepis, Joro, min.Maradona, (Pereira, min.46), Juny, min.Uruguaio, (Almeida, min.87), Adra, (Quintas, min.72), Eme.
  • Goles: 0-1, min.35: M. Uruguaio a pase de M. Maradona. 1-1, min.52: Jorge de penalti. 1-2, min.65: Adra tras un reeite. 1-3, min.75: Juny de falta pola escuadra. 1-4, min.79: Eme de volea.

Non descansa este Malpica que se enfrontaba a un Ponteceso que viña mellorando moito a súa competitividade nas últimas semanas. Tras unha primeira metade nivelada, o gol do empate á volta dos vestiarios descolocou aos visitantes. O Ponteceso tomou o mando pero non soubo materializar en goles a súa superioridade. Reaccionou a tempo o cadro malpicán, que tivo 25 minutos de gran pegada e eficacia para sentenciar o choque.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios