Nova xornada futboleira na Costa da Morte. Que xa comezaba intensamente na tarde do sábado do 15O, con ese derbi igualado entre Xallas e Soneira que os locais souberon vencer con acerto e seriedade. Tamén na Preferente o Dumbría empataba co Mugardos dando unha boa imaxe no Conco, mentres que o Santa Comba voltaba de Boiro cunha vitoria moi importante ante un rival directo, ao que case alcanza na táboa.
Na 1ª, ademais da derrota do Ponteceso do pasado mércores en Sada, o Cee ofrecía unha boa imaxe e merecía moito máis que o empate que sacou ante o Noia en casa.
Xa na Liga da Costa, o Corme puxo a vitoria difícil ao Club do Mar, que segue sen perder. Tampouco perde o Dumbría B, que segue a tan só 2 puntos dos caioneses tras remotar un 2-0 ao Pindo e rematar cun claro 2-4. Completa o podio un Camariñas que tamén está moi forte e esta tarde puña terra co Fisterra meténdolle 3-0.
Pero tamén chegan aí o Muros, que vencía en Castriz ante un cadro local que dá unha de cal e unha de area; e o Malpica, que endosaba outros 3 a un Sofán que aínda non levanta cabeza.
Por abaixo, Nantón e San Lorenzo asinaban un empate que lles permite seguir sumando a ambos cadros.
Preferente, xornada 8
Xallas | 2-0 | Soneira |
Boiro | 1-2 | Santa Comba |
Dumbría | 1-1 | Gal. Mugardos |
1ª Autonómica, xornada 7
Sada | 2-1* | Ponteceso |
Cee | 1-1 | Noia |
* Xogado o 12-10.
2ª Autonómica, xornada 7
Corcubión | 2-2 | Zas |
|
Camariñas | 3-0 | Fisterra |
|
Sofán | 0-3 | Malpica |
|
Baio | 5-0 | Esteirana |
|
O Pindo | 2-4 | Dumbría B |
|
Nantón | 1-1 | San Lorenzo |
|
Buño | 0-1 | Mazaricos |
|
Castriz | 0-2 | Muros |
|
Corme | 1-2 | Club do Mar | |
3ª Autonómica, xornada 9
Xaviña | 2-4 | Laxe |
Atl. Pereiriña | 4-1 | Camelle |
Cabana | 7-1 | Lira |
Muxía | 1-2 | Carnota |
Coristanco | 5-0 | Fisterra B |
Volantes | 2-4 | Soneira B |
Montelouro | 3-1 | Indep. Carballo |
Corcoesto | 0-0 | Cerqueda |
Outes | 5-0 | Alcaián |
Liga Nacional Xuvenil, xornada 5
Liga Xuvenil Sur, xornada 5
Dumbría | 6-1 | Muros |
Fisterra | 9-1 | Esteirana |
Santa Comba | 6-1 | Corcubión |
Outes | 3-0 | Mazaricos |
Soneira | 0-2 | Cee |
Liga Xuvenil Norte, xornada 8
Zas | 1-0 | Laxe |
Baio | 4-0 | Camariñas |
Cabana | 4-5 | Dumbría B |
Muxía | 0-1 | Coristanco |
Ponteceso | 1-4 | Malpica |
División Honra Cadete, xornada 5
Deportivo | 3-0 | Bergantiños |
Segunda Cadete, xornada 6
Esteirana | 2-5 | Dumbría |
Fisterra | 6-2 | Porteño |
Ponteceso | 3-7 | Baio |
Muxía | 0-10 | Santa Comba |
Malpica | 0-1 | Soneira |
Zas | 0-8 | Cabana |
Camariñas | 0-1 | Muros |
Outes | 1-1 | Cee |
Segunda Infantil, xornada 6
Dumbría | 2-1 | Cee |
Fisterra | 1-10 | Cabana |
Coristanco | 5-4 | Ponteceso |
Esteirana | 5-0 | Outes |
Con. de Carnota | 1-2 | Santa Comba |
Corme | 1-3 | E.D. Os Miudos |
As Baleas | 4-3 | Baio |
Ligas de Veteranos, xornada 6
1ª División
Cabana | 8-3 | Vimianzo |
Nantón | 2-3 | Castriz |
San Román | 1-0 | Baio |
Bértoa | 3-3 | Bergantiños |
Zas | 1-5 | Corcubión |
Ponteceso | 2-4 | San Lorenzo |
Buño | 0-1 | Camariñas |
2ª División
Porteño | 9-1 | Leiloio |
Soneira | 4-1 | Coristanco |
Cerqueda | 4-0 | Club do Mar |
Agualada | 1-4 | At. Milagrosa |
Muros | 3-1 | Corme |
Dep. Carballo | 2-3 | Sofán |
Camelle | 0-0 | Corcoesto |
Máis información
Novas relacionadas
Máis novas
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).