Curso de adestradores de Baio e Programa Xogade en marcha


Os preparadores de fútbol poderán obter os títulos de Nivel I e II no curso de entrenadores que se celebrará en Baio e no que darán unha titulación federativa.
O prazo de inscrición remata o día 17 de setembro e o Nivel I e ata o 24 para o nivel II. E poden presentar as solicitudes na Federación Galega de Fútbol ou Escola de Entrenadores, situados na R/Menéndez y Pelayo, 18, 2º (A Coruña).
Tamén podedes acceder á web da Federación Galega de Fútbol, dende onde podedes acceder ós datos de contacto.
Asunto XOGADE

A semana pasada o Presidente da Federación galega de Fútbol anunciaba a suposta supresión do Programa XOGADE. Unha supresión que deixaría o fútbol base en serios problemas ao fútbol base galego. Non só ao fútbol, indicaba García Liñares, pois o programa inclúe 21 disciplinas deportivas.
Pola contra, segundo nos informan a QP dende a Secretaría Xeral para o Deporte, o "Programa Xogade vaise desenvolver coma sempre". Apuntan que só vai haber un "cambio organizativo en canto a actividade federada", pois dende as empresas aseguradoras que van optar ao concurso público, avisaron que non van aceptar as mesmas condicións que o ano pasado, e que propoñen separar as axudas federadas das non federadas, pois as primeiras non lle son rentables.
Dende xeito, a Xunta está vendo como articulalo cambio, como xestionalo, ao telo que sacar do Xogade, pero que en ningún caso o Programa Xogade se vai suprimir, e xa traballa para conseguir os novos seguros das disciplinas e categorías federadas.
Deste xeito, hai que dicirlle aos clubes da bisbarra, de toda clase de deportes, que non cunda o pánico, que as axudas para as categorías base chegarán.
Máis información
Novas relacionadas
- Xuvenil Norte: Comezando unha liga insulsa.
- 3ª Autonómica: Igualdade Incomprensible.
- 2ª Autonómica: Inicio de campaña con cor visitante.
- Preferente: En proceso de adaptación.
- 1ª Autonómica: Comezo con mal pé para Cee e Ponteceso.
- Resultados da primeira fin de semana de setembro.
- Vídeo entrevista de Ángel Garrido a Alberto Pose.
Máis novas
- Vídeo entrevista a Manolo Varela por Angel Garrido.
- Vimianzo lembrou a Martín Pena.
- O Plan Competicional e a Liga á carta.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).
- Blog de Traballar e Formarse na Costa da Morte.