Trala longa ponte do Pilar, e aínda con xente disfrutando dunhas merecidas vacacións, afrontamos unha nova fin de semana completa de fútbol.
E comezamos o repaso á previa pola Preferente onde os nosos terán partidos complicados. Como o Xallas que xogará en San Lázaro ante a intratable SD Compostela. O Dumbría poderá deixar atrás ao Santiago, mentres que o Santa Comba descansará tras adiantar o seu partido ao xoves santos onde gañou ao Grixoa por 2-0 e que o colocan nos postos de ascenso. O Soneira terá unha finalísima ante o Foz, para matalo ou deixalo vivir e meterse no pozo con el.
Na 1ª, O Cee precisa gañar ante un Flavia ao que pode achegarse e metelo na loita, mentres que o Ponteceso terá no Noia un duro rival.
A xornada na Liga da Costa chega cun interesante Malpica-Muros, mentres que os 3 de arriba xogarán na casa ante rivais da zona baixa. Pero que non se despistes...
Na 3ª, hai moitos encontros de equipos da zona contra equipos da zona baixa, así que a cousa consiste en non fallar.