Primeira fin de semana de decembro completa de fútbol costeiro. Con moitos enfrontamentos directos, como os vividos en Fontenla e mais no Pinguel. No campo xalleiro viuse un derbi moi igualado que rematou cun empate bastante xusto malia que o cadro local apretou na segunda metade. Ademais o Santa Comba segue firme e non perdou ante o Santiago e continúa 3º. O que se mete en problemas é o Soneira, que volvía caer na casa ante o Chantada e asómase ao abismo do descenso.
O derbi de 1ª foi tan intenso como se esperaba, no que ante a falta de xogo a incertidume do resultado mantívoo vibrante ata o pitido final, cun golazo de falta de Josito sobre a bocina que deixa ao Cee en serios problemas.  
A xornada na Liga da Costa deixou vitorias para os 3 de arriba. Máis importante foi a do Club do Mar en Muros, ante o 4 clasificado, pero os caioneses deixaron claro que este ano van a por todas como foron polo partido. 
Por abaixo, o Corcubión sae dos postos perigosos coa súa vitoria ante o Pindo. Quedan San Lorenzo, Zas, Nantón e Mazaricos en situación de risco para ocupar esa segunda praza de descenso.
A xornada na 3ª da Costa foi completita. Non fallaron Cabana e Outes, malia que non o tiveron fácil ante Porteño e Muxía. Pero o partido máis importante era o Coristanco- Outes, cun 1-0 que deixa ao Coristanco igualado co Outes na 2ª praza e fai que o Montelouro descenda á 5ª praza en favor do Carnota, que sufría para superar ao filial soneirán. Por detrás o Fisterra B seguen coa boa racha (4 vitorias dos últimos 5 partidos) e supera ao Volantes, ao Cerqueda, ao Laxe e ao propio Porteño por esa 6ª praza.
Cómpre destacar en xuvenís o bronco empate do Cee en Corcubión (cunha bancada repleta de pais algo quentes de máis), mentres continúa a loita polas 3 prazas restantes entre Fisterra, Soneira, Outes e Santa Comba, que sumaban sendas vitorias.
Polo norte, Malpica e Dumbría seguen ao seu, mentres que o Ponteceso daba un paso a trás para meterse entre os 4 primeiros ao perder no derbi co Cabana, e parece que Camariñas e Baio acompañarán a malpicáns e dumbrieses.
En cadetes, xogábase esta fin de semana o partido da primeira volta, entre o Dumbría, líder imbatido, e o Cee, que arrincaba o primeiro punto que perden os dumbrieses. Asi e todo, son 5 puntos de vantaxe entre ambos conxuntos, mentres Esteirana e Santa Comba seguen moi de cerca aos ceenses.
Ponse a Liga Infantil tamén como tola. Trala vitoria a semana pasada do Cabana ao Dumbría, esta fin de semana o Cee, 3º en discordia, superaba noutro fermoso partido de pequenos aos cabaneses, derrota que aproveita o Dumbría para superar, polo golaeverage xeral, ao cadro de Cabana.
Preferente, xornada 15
| Xallas  | 1-1 |  Dumbría | 
| Soneira | 1-2 |  Chantada | 
| S.de Compostela  | 0-1  | Santa Comba  | 
1ª Autonómica, xornada 14
2ª Autonómica, xornada 14
| Corcubión |  4-0 |  O Pindo | 
| Esteirana  | 4-1 | Buño  | 
| Dumbría B  | 2-3 | Fisterra | 
| Zas |  2-3  | Malpica | 
| Muros | 0-2 | Club do Mar | 
| San Lorenzo |  2-2  | Corme | 
| Mazaricos |  1-1  | Sofán | 
| Nantón  | 0-2  | Camariñas  | 
| Castriz  | 2-2 |  Baio | 
Partidos aprazados no seu día que se disputan esta semana:
- Dumbría B - Baio (xornada 8): 08-12 ás 16:30h no Conco.
 
3ª Autonómica, xornada 17
| Lira |  1-2  | Indep. Carballo | 
| Laxe | 1-1 |  Cerqueda | 
| Muxía  | 0-2 |  Outes  | 
| Atl. Pereiriña  | 3-2 |  Corcoesto | 
| Camelle |  2-4 | Fisterra B | 
| Cabana  | 1-0  | Porteño  | 
| Carnota  | 4-3  | Soneira B | 
| Xaviña |  2-1 |  Alcaián | 
| Coristanco  | 1-0 |  Montelouro | 
Este martes 06-12 dispútase a 18ª xornada da 3ª da Costa. Ademais, o xoves dispútanse os seguintes partidos aprazados no seu día:
- Atl. Pereiriña - Muxía (xornada 3): 08-12 ás 16:00h no San Pedro de Refoxos.
 
- Montelouro - Carnota (xornada 5): 08-12 ás 16:00h no Agra da Filgueira.
 
Liga Nacional Xuvenil, xornada 12
| Bergantiños |  1-3 |  S.de Compostela | 
Liga Xuvenil Sur, Gr.3, xornada 12
| Dumbría | 1-7 | Fisterra | 
| Muros |  1-5 | Santa Comba | 
| Esteirana |  0-1 | Outes  | 
| Corcubión  | 2-2 | Cee | 
| Mazaricos |  1-3  | Soneira | 
Liga Xuvenil Norte, Gr.4, xornada 16
| Corme |  0-8  | Dumbría B | 
| Zas |  3-2  | Coristanco | 
| Baio  | 1-3 | Malpica | 
| Cabana  | 2-0  | Ponteceso  | 
| Laxe |  08/12 - 16:00  | Camariñas | 
División de Honra Cadete, xornada 12
2ª Cadete, xornada 14
| Malpica |   2-2  | Ponteceso | 
| Zas | 2-1 |  Fisterra | 
| Camariñas | 0-4 |  Esteirana | 
| Outes | 4-2  | Coristanco | 
| Cee | 1-1 | Dumbría | 
| Muros | 3-0  | Porteño | 
| Cabana | 2-2 | Baio | 
| Soneira |  0-5  | Santa Comba  | 
2ª Infantil, xornada 14
| Dumbría  | 9-0 |  E.M.F. Vimianzo | 
| Cee | 4-3 | Cabana  | 
| Baleas  | 0-5 | Fisterra | 
| Baio |  2-5  | Ponteceso  | 
| E.D. Os Miudos  | 02-1  | Outes | 
| Muxía  | 0-4 | Santa Comba | 
| Corme  | 06/12 - 10:30  | Coristanco | 
Ligas de Veteranos, xornada 13
1ª División
| Buño | 0-3  | San Román | 
| Nantón |  4-2 | Bértoa | 
| Cabana  | 1-1  | Zas | 
| Xv. Bergantiños |  2-1 |  Ponteceso | 
| Vimianzo  | 4-3 |  San Lorenzo | 
| Castriz | 4-2 |  Corcubión | 
| Camariñas |  2-2 |  Bergantiños  | 
2ª División
| Agualada  | 1-7  | Camelle  | 
| Sofán |  1-3  | Muros  | 
| Leiloio  | 2-3  | Soneira  | 
| Malpica  | 1-1  | Cerqueda | 
| Club do Mar  | 2-1  | Porteño  | 
| Dep. Carballo |  0-8  | Coristanco | 
| At. Milagrosa  | 6-0 | Corme | 
Máis información
Crónicas da semana
Máis novas
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).