Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Copa do Mundo na fin do mundo

A Copa do Mundo na fin do mundo

Mentres agardamos pola cita da Selección da Costa hoxe en Fontenla, soñamos un pouco co Mundial. I é que esta fin de semana unha réplica da Copa do Mundo de fútbol paseouse pola comarca de Fisterra. Tras visitar outras zonas como Malpica, Camariñas... Fisterra e Cee puideron tocar ese ouro que fai de "La Roja" xa un mito no mundo do fútbol.

Sen en en Cee, máis de 500 persoas achegáronse a ver o trofeo en Cee este domingo 30 de novembro, o venres e sábado a copa estivo en Fisterra, onde os cativos das escolas puideron tamén disfrutala.

En Cee, a Copa estivo no Museo da Fundación "Fernando Blanco de Lema" en pleno mercado dominical, e posteriormente a partir das 15.00 horas trasladouse ao Estadio Municipal de Fútbol "San Paio de Reoxos" de Cee, xa que o equipo sénior e toda a familia da S.R.D. Unión Club Cee quixeron participar de tal acontecemento.

A iniciativa xurdiu grazas a petición que o club de fútbol S.R.D. Unión Club Cee fixo á Federación Galega de Fútbol e tamén colaboraron a Agrupación de Protección Civil de Cee, a Policia Local de Cee e a Fundación Fernando Blanco de Lema (coa cesión do Museo).

Máis información

Novas relacionadas

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios