Xoves. 16.05.2024
El tiempo

1ª Autonómica: Josito decide un tedioso derbi

1ª Autonómica: Josito decide un tedioso derbi

Con aquela final de Copa do 2008 na retina, o Pinguel acollía un derbi con dous equipos en problemas. Coa necesidade de sumar, ambos conxuntos non arriscaron e o fútbol brillou pola súa ausencia, que non a intensidade.
Probablemente un empate sería o máis xusto, pero foi a calidade de Josito, que está volvendo nas últimas semanas ao seu mellor nivel, a que decidiu o choque.

Ponteceso - Cee (3-2)

  • Ponteceso: Norberto, Zalo (Alex, min.75), Rubén Freire, Carlos Mato, Fabián, Pablo, Mendieta (Fabián xuv, min.80), Nando (Tucho, min.60), Luisete, Josito, Pitu (Adrián Porteiro, min.55).
  • Cee: Parroto, Rubén, Jorgito (Llanero, min.83), Julio, Luís, Fermín, Piquero (Carlos, min.57), Nico, Tasky, Diego e Victor.
  • Goles: 1-0, min.30: Josito tras unha boa xogada de Luisete; 1-1, min.40: Taski; 2-1, min.60: Nando co axuda de Parroto; 2-2, min.80: Luís de penalti; 3-2, min.88: Josito de falta pola escuadra.

Partido malo, con pouco xogo e moito balón parado no Pinguel. Pero é que o respeto e a importancia dos puntos fixo que ambos conxuntos non estivesen relaxados. A primeira parte transcorreu sen un dominador claro, pero foi o Ponteceso o que mellor aproveitou as súas poucas oportunidades. Un pouco antes do primeiro gol, Nando mandaba un balon ao traveseiro despues dunha boa volea. O Cee chegaba pero se perdía en pases ao borde da área. Josito adiantaba aos locais e Taski facía a igualada antes do descanso.

Na segunda o Cee saíu máis metido no partido e gozou de máis ocasións que o Ponteceso. Así e todo, era o cadro de Marco o que se volvía adiantar noutro gol dubidoso na portería de sempre. Foi tras un fallo de Parroto que se lle escapaba un balón das mans e o rexeite conseguía blocar pero xa sobre a liña de gol.

Non sen rendiu o cadro de Llanero e igualaria o partido o Cee tras un penalti claro sobre Taski. Puido cambiar o sino partido se o propio Llanero controlase un pase Víctor diante de Norberto pero o control fóiselle longo. Josito de falta daba ao Ponteceso os 3 puntos cun golazo ao fío dos 90 regulamentarios que deixa relaxado ao cadro pontecesán pero que afundo no pozo aos ceenses.

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios