Xoves. 16.05.2024
El tiempo

2ª Autonómica: 3 destacados por arriba e o resto mirando para abaixo

2ª Autonómica: 3 destacados por arriba e o resto mirando para abaixo

Fenda aberta nesta Liga da Costa trala disputa da xornada 14. A vitoria do Club do Mar en Muros deixa aos 3 de arriba destacados (non fallaron tampouco Camariñas nin Fisterra, ambos en sendas rachas moi positivas). O propio Muros queda agora a 4 puntos do Fisterra, quedando de 5º o Corme con 21 puntos. E nin o Corme se pode despistar, porque entre eles e o penúltimo hai só 8 puntos.

Corcubión - O Pindo (4-0)

  • CORCUBIÓN: Andrés, José de Atalaya, Sergio Manín, Senra, Conguito, Sebas (Mario, min.55), Eduardo, Alán (Paulo, min.70), Papi, Miguelón, Lourido (Johny, min.60)
  • O PINDO: Garrido, Diego Trillo, Alex, Manolito, Javi Conexo, Diego León, Lolo, Carlos Leis, Bicho, Nano, Juan de Dios. Tamén xogaron: Juan Vilela, Jose da Maroca, Hipo, Carlos e Riolo.
  • Goles: 1-0, min.15: Miguelón; 2-0, min.50: Lourido; 3-0, min.75: Mario, de penalti; 4-0, min.82: Mario
  • Expulsións: ao local Senra (min.80) e ao visitante Álex (min.35)

Tras unha primeira moi igualada, o partido decidiuse ao borde do descanso na que co 1-0 no marcador unha agresión de Sergio Manín rematou cun expulsado por bando carnotán e Juan de Dios fóra do campo cun forte dor na cabeza. A partir de aí, o Pindo, con 10, non puido aguantar as embestidas locais, que melloraron a súa capacidade goleadora. Así e todo, o Corcubión foi merecedor da vitoria, o cuarto partido sen perder dos de Manín.

Muros - Club do Mar (0-2)

  • MUROS: Lupi, Teo (Javi, min.70), Gael, Marco, Dani, Iván, Mingos (Adrián, min.60), Gelo (Jesús, min.55), Yanki, Óscar, Alberto.
  • CLUB DO MAR: Iván, Chori, Repi, Alex, Rubén, Juan Lareo, Jacobo, Johnie, Bertín (Manu, min,70), Santi Silva (Fran Borrazás, min.80), Vituco (Piñeiro, min.85).
  • Goles: 0-1, min.44: Vituco de penalti; 0-2, min.50: Santi Silva nunha contra.

Se ben o partido comezaba cunha ocasión muradán o Club do Mar asumiu o mando e controlou o choque dende o primeiro minuto. O Muros aguantaba atrás e intentaba saír á contra, pero este Club do Mar, ademais agora nunha racha moi positiva, non deixou espacios e machacou arriba. Iso si, machacou en momentos clave, cun tanto ao fío do descanso e de penalti por unha man, e outro gol aos 5 minutos da segunda nunha rápida contra que sentenciou Santi Silva.

Esteirana - Buño (4-1)

  • ESTEIRANA: Benito (Benancio, min.80), Simón, Codesido, Dani Rama, Suizo (Varela, min.55), Andel (Adrián, min.70), Pichu, Cajulo, Isma, Uru (Iago, min.60), Roberto Pladur (Maxi, min.70).
  • BUÑO: Toni, Eloy, Brais, Alfredo, Oscar (Davidiño, min.75), Jorge, Elías, Ismael (Richard, min.70), David Dourado (Miguel Dourado, min.46), Juan (Emilio, min.46), Víctor.
  • Goles: 1-0, min.15: Cajulo de cabeza; 2-0, min.20: Roberto Pladur; 3-0, min.35: Simón; 4-0, min.40: Roberto Pladur; 4-1, min.80: Elías.

Moi superior a Esteirana, con moitas ocasións, a un Buño cunha mala racha, na xornada de onte. I é que parece que Pedrosa puxo a andar aos rapaces muradáns que xa sentenciaron na primeira metade cun claro 4-0. Iso si, os 3 primeiros chegaron case que de xeito accidental ante erros visitantes e un tras outro. A segunda metade sobrou, e o Buño asinou o gol da honra e pouco máis.

Nantón - Camariñas (0-2)

  • NANTÓN: Bonano, Eloy, Carlos Santos (Pedrito, min.60), Diego, Sito, Carlos Vidal, Fabio (Iván, min.80), Cristian, Luís, Manolo, Martinciño.
  • CAMARIÑAS: Pombo, De la Sierra, Breo, Maikel, Ogando, Moriño, David (Paco, min.70), Brais (Doyle, min.80), Javi , Juan oBello, Leo.
  • Goles: 0-1, min.70: Leo; 0-2, min.80: Juan oBello.
  • Lesionado: David cun golpe no min.70.

Segue firme o Camariñas e xa son 9 as vitorias consecutivas. O Nantón, pechado atrás e buscando contras, como algunha de Fabio, un tiro de Cristian que parou Pombo, e un par de tiros de Manolo do Cruceiro. Pero o Camariñas, e is que tiña ata 6 baixas e varios titulares renqueantes como Pombo ou De la Sierra, segue letal arriba, e malia que tardou en romper a igualada, o primeiro gol de Leo (xa leva 20) de case que sentenciou pois a falta de 20 minutos o cansanzo xa facía mella nos cabaneses.

Dumbría B - Fisterra (2-3)

  • DUMBRÍA B: Anxo, David Carreira, Samuel, Sergio Cives, Ramiro (Fernando, min.70), Jesús, Esteban (Ivanete, min.80), José Manuel, Yerai (Josiño, min.60), Pablo Lestón, Alberto.
  • FISTERRA: Joselu, Manuel Cartamil, Piti, Juan, Nico, Santi, Marco do Cabo, Roco, Tata, Dudo, Mané.
  • Goles: 0-1, min.20: Dudo; 1-1, min.35: Alberto; 1-2, min.40: Dudo; 2-2, min.65: Alberto; 2-3, min.75: Tata.

Partido intenso, moi bonito, moi disputado e con moito respeto o disputando no Conco ante máis dun centenar de afeccionados nas bancadas. Non tivo dominador claro con alterancias no xogo, pero sempre co Fisterra por diante no marcador. O choque decidiuse en detalles de calidade, con dous tantos moi bonitos (Dudo por bando fisterrán e Alberto por bando dumbriés, ambos dende fóra da área) e un despiste da defensa dumbriesa no 3º gol. Ao final foise arriba o Dumbría B, no que cómpre destacar o debut de dous novos xuvenís como son Yerai e Josiño, pero non conseguiu empatar e a vitoria deixa ao Fisterra na 3ª praza.

Zas - Malpica (3-2)

  • ZAS: Damián; Martín, (Ramón, min.78), Óliver, Lagoa, Javito, Touriñán, Pablo, (Diego, min.74), Peque, Rubio, Pichín, Pablo Muíño.
  • MALPICA: Suso; Charly, Víctor, Iago, Marco, (Gonzalo, min.60), Andrés, Neucha, (Avelino, m 86), Rancaño, Charro, (Dani, min.81), Pablo, Daniel, (M. Pardo, min.72).
  • Goles: 1-0, min.10: Pablo Muíño a centro de Peque. 1-1, min.15: Neucha, de falta botada dende uns 30 metros. 1-2, min.37: Neucha de penalti 2-2, min.70: Pablo Muíño de penalti. 2-3, min.78: Neucha nunha contra.
  • Lesión: Marco mancado.

Sufríu o Malpica para vencer en San Andrés ante un Zas que fixo un dos mellores partidos da temporada. Pero cando mellor estaba, cando máis estaba atacando na segunda metade tras remontar e igualar o partido, Neucha firmaba un hattrick que vale 3 puntazos para os malpicáns. O meta Suso foi clave para a vitoria visitante.

San Lorenzo - Corme (2-2)

  • SAN LORENZO: Recarey, Javi Varela, Carlos, Casillero, Puñal, Miguel (Chucho, min.76), Carlos, Cachizo, Marcos, Fuentefría, Javi Pensado (Anxo, min.46).
  • CORME: Suso, Juan, Jesús, Pandi, Adolfo, Gonzalo (Abel, min.75), Alex, Lucas, Adrián Doldán, Iago e Alejo..
  • Goles: 0-1, min.20: Adrián Doldán nunha rápida contra; 1-1, min.30: Marcos tras saque de esquina; 2-1, min.50: Carlos a centro de Carlos nunha contra; 2-2, min.60: Pandi de cabeza a unha falta lateral.
  • Partido con pouco fútbol que se puido decantar para calquer bando pero que rematou cun empate xusto. O Corme, que encheu de afeccionados as bancadas de Verdillo reclamou unha tarxeta vermella o xogador local Marcos no 43’ e un penalti no 85’ (en ambas o árbitro favoreceu o equipo local), ademais de 3 goles por fóra de xogo de Iago e Alejo. O equipo local dispuxo das ocasións máis claras pero seguindo coa tónica da tempada non materializou.

    Mazaricos - Sofán (1-1)

    • MAZARICOS: Juan, Casais, Ramón, Matías, Tuco, Rodri, Esteban Pereiro (Chico, min.80), Brais, Estéfano (Aldo, min.50), Cristian (Marcos, min.70), Kevin.
    • SOFÁN: Richard, Adrián Diego, Juanjo, Meniño, Pensado, Suso Docampo, David Pensado, Berti (Eloy, min.65), Iván Rey (Jacobo, min.75), Abel.
    • Goles: 1-0, min.70: Ramón de penalti; 1-1, min.80: Suso Docampo.

    Partido igualadísimo no Pino do Val, no que a primeira metade contou cun Sofán movendo o balón con moita calidade, intentando saír co balón xogado, pero sen chegadas. Na segunda metade apretou máis arriba o Mazaricos, que marcou pronto e se meteu atrás. Quedaban 20 minutos e embotellou o Sofán ao Mazaricos con balóns arriba, e conseguiu empatar xa contra o final nunha xogada en profundidade que Suso Docampo non marrou.

    Castriz - Baio (2-2)

    • CASTRIZ: Herrera, Martín, Alex, Toniño, Sergio Pose, Mauri, Toño, Jorge (Alberto, min.46), Rubén (Sergio Gerpe, min.60), Pablo (Pego, min.55), Sebas.
    • BAIO: Manuel, Matías, José Antonio, Iago (Martín, min.46), Ramón, Eloy, Mario, Javi Suárez, MC, Canai (Rubio ,min.80), Alberto.
    • Goles: 1-0, min.20: Pablo de falta lateral; 1-1, min.30: MC dende fóra da área; 2-1, min.40: Toniño a un córner; 2-2, min.50: Javi Suárez á contra tras unha contra.

    Bo partido o disputado en San Pedro de Castriz. O Baio intentaba xogar máis o balón mentres que o Castriz, que aínda non coñece o sabor da vitoria na casa, buscaban xogadas a balón parado. Pablo adiantaba aos locais tras unha falta lateral, pero MC, que creou moito perigo pola banda na primeira metade, igualaba á media hora. Antes do descanso Toniño marcaba de córner e puña por diante aos locais.

    O Baio saíu do descanso buscando a vitoria e fixo unha das mellores partes de toda a Liga. Contolando a posesión en todo momento, o baieses dispuxeron de ata 3 mans a mans para empatar, pero segue sen estar demasiado acertado arriba. Foi Javi Suárez nunha contra quen asinou o empate antes de que se fixera de noite. O Castriz quedou contento co empate ante este fantástico Baio.

    Máis información

    Crónicas da semana

    Máis novas

    Fonte

Comentarios