Previa dunha fin de semana solidaria para o FSF
O Fisober FSF e a súa Peña Marea Nejra, están a organizar unha xornada solidaria para o vindeiro sábado 13 de decembro coa colaboración de Cáritas San Vicente. Con tal motivo xogarán como locais no Pavillón Municipal de Vimianzo tanto o equipo de Nacional como o de Provincial.
Ás 17:00 horas o equipo de Segunda División Nacional enfrontarase ó Soto del Real madrileño, actual líder invito da competición.
Ás 19:30 horas o equipo de Provincial enfrontarase ó Cafetería Meca herculino, o cal prantexou todas as facilidades para trocar o orde dos partidos.
O fin desta iniciativa é que a xente se anime a traer alimentos (produtos non perecedeiros) e sobre todo xoguetes.
Importante xornada na Liga Provincial
Ademais destes dous choques, esta fin de semana trae dous partidos moi interesantes na Liga Provincial. Por unha banda, o Ponteceso FSF visita a un rival directo no alto da táboa, o Viaxes Amarelle B. Ambos conxuntos chegan igualados na 2ª praza con 21 puntos, a só 3 do liderato en poder do BeArt Coruña, polo que o choque será tremendamente importante.
Tamén o será o derbi costeiro entre Vila de Cee e Lira FSF no Municipal de Corcubión na tarde do sábado. As roxiñas de Lira sacan 2 puntos ás ceenses polo que o partido será moi igualado.
- Viaxes Amarelle F.S. - Concello de Ponteceso F.S.F.: 13/12/2014 ás 18:30h no Mpal. Sagrada Familia da Coruña.
- F.S.F. Villa de Cee - Concello de Carnota Lira: 13/12/2014 ás 20:00h no Mpal Corcubión.
Máis información
- Clasificación da 2ª División Estatal. Gr.4.
- Clasificación Liga Provincial Feminina.
- Resultados da Liga Provincial Feminina.
Novas relacionadas
- FSF: O Fisober xa sabe gañar na 2ª Estatal e o Ponteceso confirma o seu dominio na Provincial.
- FSF: Un xornada con vitorias, derrotas, goles e ata polémica.
- FSF: O Fisober non arrinca mentres 3 costeiros asaltan a Liga Provincial.
- FSF: Xornada de vitorias e empates.
- FSF: Un derbi de empate.
- O Ponteceso FSF leva o derbi da Liga Provincial.
- FSF: Xornada de derbis, empates e derrotas.
- FSF: Xornada de avións e partidos apretados.
- O Fisober estreou campaña cunha festa.
- O Lira FSF estrea a Liga Provincial con vitoria.
- O Lira FSF estreouse por todo o alto.
- Un comezo deportivo para o Vila de Cee FSF.
- Patri Romaní e Eva Lema comezan unha nova etapa na máxima categoría do Fútbol Sala Feminino.
- Crónica dunha primeira gran tempada do FSF Vila de Cee.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Colabora o Fisober, do Lira FSF, e o Vila de Cee FSF, e Viaxes Amarelle.