Mércores. 01.05.2024
El tiempo

FSF: O Fisober non arrinca mentres 3 costeiros asaltan a Liga Provincial

FSF: O Fisober non arrinca mentres 3 costeiros asaltan a Liga Provincial
Banco do Fisober

Partido disputado na mañá do domingo en Navalcarnero onde o Fisober se enfrontaba o filial do Atlético. O Fisober notou que pernoctou na localidade e puido descansar xa que amosou a boa imaxe que veñen dando como locais. Un partido que puido caer de calquera lado e se levou o que primeiro marcou.

Xa na Provincial, xornada perfecta para as do Vila de Cee, as cales necesitaban recobrar o seu bo xogo de principio de tempada, e contrarrestar a mala fortuna dos últimos partidos, facendo esta vez un moi bo partido. Quedan 5ª na táboa, por detrás de Concello de Ponteceso e Concello de Carnota-Lira. Precisamente as pontecesás, aínda imbatidas, enfrontábanse ao líder o BeArt, e sacaban un empate moi valioso que as mantén a só 3 puntos do liderato.
Pola súa banda, as lirachas, neste fantástico comezo de campaña, quedan a 4 do liderato tras vencer ás pechacancelas, e o Fisober B mantense na zona baixa despois de deixarse levar os puntos da casa ante unha rival directa, A Baña, que a alcanza no taboleiro.

Pola súa parte, na máxima categoría do FSF, o Viaxes Amarelle FSF de Patri (Eva non xogou) non puido co FSF Rioja e colleita unha nova derrota que lle mantén como colista da clasificación (5-1).

2ª División Estatal

  • Resultado: FUTSI ATLÉTICO B – FISOBER F.S.F. (3-1).
  • FISOBER: Leti, Ana, Inés, Myrella e Noelia; tamén xogaron: Mai, Laura e Raquel.
  • Goles: 0-0 ó descanso; 1-0 Sandra, 2-0 Casandra, 3-0 Chopi, 3-1 Ana.

Empezaron os dous equipos pendentes de non cometer erros que lle deran vantaxe as rivais. Un Fisober moi ben plantado e combativo non pasaba excesivos apuros. Os minutos foron pasando co mesmo guión pero o electrónico non se movía, cun esforzo encomiable das visitantes. Na última xogada da primeira metade os colexiados anularon un gol o Fisober xa que entenderon que o balón xa saíra cando Mai cedeu para Myrella que marcou a pracer, xogada complicadísima de ver, incluso a mesma Mai recoñeceu que non sabía si saíra ou non o balón.

A segunda metade xa non foi como a primeira, tivo un ritmo tolo con ocasións para ambos lados. Para as da Costa primeiro Inés que non foi quen de superar a Marilia e despois Noelia por partida dobre cun lanzamento de falta o trabe e nunha contra na que non foi quen de superar a porteira visitante puideron poñer en vantaxe o Fisober. E cunha Leti que desfacía as ocasións visitantes.
Estaba claro que un gol ía ser a chave do partido e este chegou da man local. Unha boa combinación do Atleti rematou co gol de Sandra os seis minutos desta segunda metade. Un gol que rachou o partido.
O Fisober xa non se atopou tan cómodo na nova texitura do partido e aínda que chegaba e tivo as súas opcións xa non foi con tanta claridade. E máis cando a oito para o fin Casandra aproveitaba un despiste defensivo para montar unha contra que rematou co segundo gol local. Este gol si que foi unha lousa para as da Costa, que aínda así non se rendiron. O terceiro gol do Atlético chegou obra de Chopi a pouco máis de tres minutos para o fin. Pouco tardou en respostar Ana para facer o definitivo tres a un. Antes do final aínda puido apretar o partido o Fisober, nunha dobre ocasión de Laura e Ana pero o resultado xa non se moveu.

A vindeira semana visitará Vimianzo o Alovera de Guadalaxara.

Fisober quecendo

Liga Provincial, xornada 8

Partido do Vila de Cee-Foto-Belen Vigo
  • Resultado: Ártabras Fene FSF - Vila de Cee (0-5)
  • Vila de Cee FSF: Carla, Alba, Adriana, María de Dumbría e a Fisterrán Andrea; Tamén: Sandra e Marta.
Tocoulle esta semá o FSF Villa De Cee facer o viaxe mais largo da temporada, tocou visitar Fene, xogando as 8 da tarde no bonito Pavillón de San Valentín de Fene. Saíron as Ceenses a polo partido dende o primeiro minuto, totalmente concentradas e dispostas a non dar opción o rival, e os tres minutos de partido xa conseguiu adiantarse no marcador por obra de Andrea. Continuaron as rapazas Ceenses xa ca vantaxe do 0-1 a non querer darlle opción o rival, dominaban o xogo totalmente, cunha presión sobre o rival, a cal facía que non sufrían en defensa e ademais estaban creando moitas ocasións de gol, de tal forma que chegado o minuto 9 marcou Alba de novo para as Ceenses. Seguiron as rapazas do FSF Villa de Cee, dispostas a resolver pola vía rápida o partido sen querer dar opción o rival no minuto 16 María marca o 0-3, resultando contundente co cal finalizaría a primeira parte. Xa na segunda parte, as rapazas do Ártabras saíron ariscando a desesperada, plantando ataque de 5 ca porteira xogadora, planteamento o cal as Ceenses totalmente concentradas no partido defenderon perfectamente e ademais conseguindo roubar o balón e nunha contra Andrea a porta valeira pon o 0-4 . Co partido xa totalmente resolto para os interese do FSF Villa de Cee, convertíase neses intres nun simple trámite, o Ártabras tan so intentaba non recibir mais goles, aínda así conseguiu marcar nos últimos minutos de novo Andrea o definitivo 0-5 que ademais supuxo a súa 2º tripleta de goles. As estrelas nesta sema serán: 3* para Andrea, polos seus tres goles e gañarse de novo un balón firmado por tódalas compañeiras donado por C.C. Finisterrae, 2* Estrelas para Marta, sorprendeu a todos o seu gran partido en ataque, e 1* para Sandra moi segura en defensa e cun xogo moi xeneroso cas súas compañeiras. Con este resultado o FSF Villa de Cee, ponse en 5º posto con 12 puntos, e recibirá na casa a próxima semana a Grupo Work F.S.F. Partido do Vila de Cee-Foto-Belen Vigo

Liga Provincial, xornada 8

  • Resultado: Concello de Ponteceso FSF - BeArt 5 Coruña (3-3)

Tivo que remontar o cadro pontecesán un 0-3 co que se puña o equipo herculino na primeira metade, pero co apoio das bancadas, as de Pondal remontaban cos tantos de Noa (2) e Sandra.

Liga Provincial, xornada 8

  • Resultado: Lira FSF - Espartanas (3-1)
  • LIRA FSF: Lía, Alba, Inés, Sandra e Bárbara; Tamén: Isa, María, Teere e Martina.
  • Goles: 0-0 ao descanso; 1-0: Sandra; 2-0: Bárbara; 2-1; 3-1: Sandra.

Non foi tan cómoda a vitoria das lirachas ante o pechacancelas, agora co Ángel Pelexo de míster e Ana Lestón de delegada, que lle puideron brindar ao seu xa ex adestrador Fran Insua, que non pode seguir ao cargo por problemas laborais. Os goles de Sandra (2) e de Bárbara deron a vitoria ás "roxiñas".

O novo míster tivo que sufrir moito, tras unha primeira metade con ocasións para os dous equipos e no que as porteiras foron as protagonistas, marchando aos vestiarios co empate inicial sen goles.

Xa na segunda, un mal entendemento entre as xogadoras espartanas provocaba unha sesión (unhafalta indirecta ao borde da área), para que Sandra abrise o marcador cun tiro raso. Aproveitaron aos locais o desconcerto visitante para aumentar distancias por medio de Bárbara, pero as Espartanas recurtaron e meteron o medo no corpo ata que, de novo Sandra, sentenciaba a pouco do final.


Liga Provincial, xornada 8

  • Resultado: Fisober B - A Baña (1-2)
  • FISOBER B: Paula Lema, Andrea Muíño, Andrea Piroja, Paula Fandiño e Laura; tamén xogaron : Alejandra, Marina, Nuriña, Antía e Tamara.
  • Goles: 0-1 Rocío (descanso), 1-1 Laura, 1-2 Daniela.

Partido disputado na tarde do sábado no Pavillón de Vimianzo onde os tres puntos marcharon cara terras do Val da Barcala. O máis positivo do partido para o filial foi que por fin as lesións lle permitiron debutar en Liga Provincial a infantil Marina e a volta a Vimianzo con outra camisola de María Maroñas.

O filial en ningún momento atopou o ritmo de partido ante un equipo visitante moi presionante e máis metido no partido. Na primeira metade a penas houbo ocasións para ningún dos dous equipos. Polas locais solo Tamara representaba un certo perigo para o equipo Barcalés. No minuto doce unha xogada por banda dereita da pequena Nerea rematou con centro o segundo pau onde apareceu Rocío para adiantar as visitantes. O gol puxo aínda máis nerviosas as locais que non foron quen de poñer en excesivos apuros a Celsa.

A segunda metade foi máis do mesmo, cunhas visitantes que non pasaban excesivos apuros, solo Tamara e Andrea Muíño creaban un certo perigo. Mediada esta segunda metade Laura despois dunha boa combinación do equipo igualaba o partido. Pero as locais non foron quen de aproveitar o arreón do gol para poñerse por diante. E a tres minutos para o fin Daniela facía o un a dous refrendando o bo traballo do seu equipo. Dende aquí ata o final , moitos nervios por parte local e unha boa ocasión para Laura pero o resultado xa non mudou.

A vindeira xornada tocaralles visitar as Espartanas o filial do Fisober.


1ª División Nacional FútSal Femenino. 10ª Jornada

  • Resultado: FSF Rioja Diamante - Viaxes Amarelle FSF (5-1)
  • Viaxes Amarelle FSF: Carmen, Laura Tesouro, Dolo, Lidia Mesias, Espi (cinco inicial), Patri, Cris, Noe, Yaiza, Tati.
  • Goles: 1-0 Carmen (min. 1); 2-0 Carmen (min. 24); 2-1 Eva Ortega (propia puerta) (min. 27); 3-1 Carmen (min. 33); 4-1 Eva Ortega (min. 37); 5-1 Eva Ortega (min. 38).
Patri co Viaxes Amarelle O Viaxes Amarelle FSF, dirixido por Chipi, continuará unha semana máis pechando a clasificación da Primeira División de fútbol sala feminino tras caer derrotado por un marcador de 5-1 na súa visita á cancha do FSF Rioja Diamante en Logroño este sábado, nun partido igualado que se rompeu nos últimos minutos. En conclusión, o conxunto herculino segue pagando moi caros os seus erros en defensa e colleita unha nova derrota que lle mantén como colista da clasificación unha xornada máis. O Viaxes Amarelle FSF non dá atopado o seu sitio na liga, e toca seguir traballando para que o próximo fin de semana facer un partido serio e conseguir puntuar antes do longo parón pola selección. O Viaxes Amarelle FSF recibirá a visita do Roldán FSF o vindeiro sábado 22 de novembro de 2014 ás 18:00 horas no Pabellón Municipal de Sagrada Familia (A Coruña).

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Colabora o Fisober, Fran Insua do Lira, e o Vila de Cee FSF, e Viaxes Amarelle.

Comentarios