Mércores. 01.05.2024
El tiempo

O Fisober estreou campaña cunha festa

O Fisober estreou campaña cunha festa
Festa polo 10 aniversario do Fisober Paella polo 10 aniversario do Fisober

Primeira xornada completa para o Fútbol Sala Feminino da Costa co arrinque da 2ª División Estatal. O sábado disputou en Vimianzo o Fisober o primeiro partido de Liga na súa terceira tempada na categoría de Prata do fútbol sala feminino español e a pesares da derrota deixou moi bo sabor de boca a parroquia local, ante o Leganés un equipo chamado a loitar polo título na categoría.
Un Fisober que ademais celebrou a cea polo 10º aniversario do club, todo un evento!

Xa na Liga Provincial, todas as nosas xa saben o que é gañar, e se ben o Fisober B colleitaba a súa primeira derrota, ceenses e pontecesás empataban, as roxiñas de Lira sufrían a súa primeira derrota, pagando a novatada da primeira saída lonxana.
Quedan o Vila de Cee e o Concello de Ponteceso na parte alta da Clasificación Liga Provincial Feminina con 4 puntos, un máis que Fisober B e Lira FSF.

2ª División Estatal, xornada 1

Partido do Fisober
  • Resultado: FISOBER F.S.F. - LEGANÉS F.S. (5-7).
  • FISOBER: Leti, Ana, Mai, Inés e Noelia; tamén xogaron: Myrella e Raquel.
  • Goles: 0-1 Puche, 1-1 Inés, 1-2 Marina, 2-2 Raquel, 2-3 Puche, 2-4 More, (descanso), 2-5 Pichón, 2-6 Puche, 3-6 Ana, 3-7 Puche, 4-7 Ana, 5-7 Inés.

Un mal minuto o inicio e o fin de cada parte penalizou as locais, nun partido no que debutaron na categoría co equipo da Costa, Leti e Mai. O Fisober decidiu esperar en media pista e tentar saír a contra ante un Leganés que viña decidido a pola vitoria. O dominio era visitante pero as locais non lle perdían a cara o partido cun traballo defensivo tremendo, cunha Leti moi atenta na portería e con algunha que outra perigosa contra a máis clara cunha ocasión de Raquel.
Mediada esta primeira metade chegaba o primeiro para as madrileñas obra de Puche a oito para o fin. Pero pouco lles durou a ledicia as visitantes xa que un minuto despois Inés aproveitaba un rexeite para empatar cunha magnífica vaselina.
O partido seguiu baixo o mesmo guión, pero a catro para fin destra primeira metade Marina volvía poñer por diante o Leganés. E de novo case de seguido volvían igualar as locais, desta vez por mediación de Raquel.
¡Cando parecía que se ía chegar con ese resultado o tempo de lecer, as visitantes lanzaron dous zarpazos nun último minuto fatídico para as da Costa, para rachar a marcador. Primeiro Puche e a vinte segundos do fin More poñían un 2 a 4 despois dunha gran primeira metade local.

O inicio da segunda metade foi menos esperanzador se cabe, un gol de Pichón e outro de novo de Puche poñía un 2 a 6 case imposible. As locais lonxe de renderse seguiron loitando , sen dar nin un balón por perdido. Todo se complicou aínda máis cando a nove para o fin Noelia vía o segundo cartón amarelo cos conseguintes dous minutos de inferioridade. As da Costa amosaron a súa casta e incluso acadaron acurtar distancias por medio de Ana de penalti. A sete segundos de rematar a inferioridade Puche facía o seu cuarto gol para poñer o tres a sete.
Entrábase nos últimos sete minutos do partido cos dous equipos con cinco faltas, o que permitiu a Ana gozar dun dobre penalti que transformou para o catro a sete a pouco máis de tres para o fin. Pouco despois as visitantes non foron quen de batir a Leti na mesma sorte.
Nos últimos minutos as visitantes decidiron saír de cinco para controlar un partido pero un roubo local propiciou o cinco a sete definitivo por parte de Inés. As locais non se renderon e tentaron a igualada ata o último segundo.

Dende o Fisober queren agradecer o traballo da Peña Marea Nejra e do cociñeiro Suso Coscoñas e de todos que fixeron posible a paellada e a convivencia con motivo do Décimo aniversario do clube.

Liga Provincial, xornada 2

As roxinas en Ferrol-Foto-Chucho Lira
  • Resultado: Ártabras Fene FSF - Lira FSF (2-4)

Pagou a novatada o Lira FSF e chegou tarde a Ferrol por problemas co autobús, tendo mesmo que saír cos coches particulares, a buscar as 6 das súas xogadoras de Esteiro, e chegando sen tempo para comer a Ferrol. Aínda así, as de Fran e Chucho, demostraron que están para competir perfectamente na categoría.

Chegaba o Lira a Fene para xogar cun equipo moi novo pero con moita calidade. Aguantou 10 minutos o partido parello, nese momento chegou o primeiro gol local e pouco despois o segundo, nese momento as rapazas da costa foronse do partido ata encaixar un doloroso 5-0 antes do descanso. Na segunda parte, viuse un encontro máis igualado, as lirachas maquillaron o marcador con un gol de Bárbara. Chegándose asi o 5-1 final.

Liga Provincial, xornada 2

Vila de Cee no primeiro partido en casa
  • Resultado: Vila de Cee FSF - BeArt5 Coruña (2-2)
  • VILA DE CEE: Carla, Adriana, Alba, María de Dumbría e Andrea. Tamén: Sandra, Paula, Raquel, Marta e Serena.
  • Goles: 1-0: Andrea; 1-1 (descanso); 1-2; 2-2: María.

Moi boa entrada, sobre 100 persoas na tarde do sábado 4/10/2014 onde se viviu un bonito, emocionante e intenso partido contra un dos equipos veteranos da Liga e dos chamados a estar no alto da tabla de clasificación.
Empezaron as do FSF Villa de Cee, con Carla na porteria, Adriana e Alba de cierres e na parte ofensiva María de Dumbría e a Fisterrán Andrea. Comezaron as ceenses intentando presionar arriba o rival, as cales mostrábanse moi fortes en defensa. Aínda así a fisterrá Andrea conseguiu marcar o primer gol para o Villa de Cee. As rapazas do 5-Coruña continuaron loitando e xa cara o final primeira parte empatan o partido, todo nunha primeira parte peleadísima con ocasións para ambos equipos.

Repítese o guión na 2 parte, onde os dous equipos intentan ir a polo partido, con diversas oportunidades para ámbolos dous, moita intensidade no xogo onde ninguha rapaza daba un balón por perdido, moita presión defendendo, e preciosas xogada por ambos equipos. Puidendo marcar calquera dos equipos adiantase o marcador o 5-Coruña. O FsF Vila de Cee, lexos de rendirse, puxo toda a intensidade no partido e faltando 4 minutos consigue por obra de María o empate 2-2, o cal foi o resultado definitivo e considero que xusto polo xogo mostrado por ambos equipos.

No reparto das estrelas nesta semana tócanlle 3 estrelas a porteira Carla, a cal tivo moito traballo e mostrouse segurísima todo o partido. 2 estrelas a Alba, aportando un traballo enorme en defensa. A última estrela para María, polo seu éstreno coma goleadora na liga.

Liga Provincial, xornada 2

Partido do Fisober B
  • Resultado: TROULA – FISOBER “B” F.S.F. (2-4).
  • FISOBER B: Anabel, Paula Fandiño, Laura, Tamara e Alejandra; tamén xogaron: Andrea Piroja, Nuriña, Antía e Paula Lema.
  • Goles: 0-1 Tamara, 1-1 Noelia, 1-2 Andrea Piroja (descanso), 1-3 Nuriña, 1-4 Tamara, 2-4 Carla.
Choque do Fisober B

Partido disputado o sábado en Betanzos correspondente a segunda xornada da categoría onde o filial do Fisober acadou a primeira vitoria da tempada. Nun partido onde debutou a cadete Antía e a infantil Nuriña acadaba o seu primeiro gol en Provincial.
Partido sen un dominador claro entre dous dos equipos que acumulan máis xuventude da categoría. Con máis ocasións para as visitantes e cuns últimos bos minutos das locais.
Adiantábanse as da Costa por medio de Tamara, pero igualaban as locais con gol de Noelia. O un a dous co que se chegou o tempo de lecer foi obra da visitante Andrea Piroja.
Despois do tempo de lecer a infantil Nuriña aproveitaba un rexeite da porteira local a un lanzamento de Paula Fandiño para facer o un a tres. Tamara poñía o cuarto e tranquilizador gol visitante.
Nuns últimos minutos de empuxe local Carla facía o definitivo dous a catro.

A vindeira semana as da Costa recibirán na casa o Ártabras Fene un dos equipos favoritos da categoría.

Liga Provincial, xornada 2

  • Resultado: Grupo Work F.S.F. - Concello de Ponteceso F.S.F. (3-3)

Primeiro empate e 4º punto das pontecesás.


Patri na máxima categoría

Patri a esquerda celebrando un gol do Viaxes Amarelle

E volveu xogar de titular na derrota que o Viaxes Amarelle recibiu do Futsi Atlético Féminas na 4ª xornada da 1ª División Nacional FútSal Femenino. Nunha gran segunda metade, as visitantes levaron o choque fronte as herculinas por 1-4, tras un primeiro tempo moi igualado.

A vindeira semana, as coruñesas viaxan a Burela para enforntarse ao Pescados Rubén, o domingo ás 12:30h.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios