Mércores. 01.05.2024
El tiempo

O Ponteceso FSF leva o derbi da Liga Provincial

O Ponteceso FSF leva o derbi da Liga Provincial
Xogadoras do Fisober no Bernabeu

Completa a fin de semana de fútbol sala feminino para os equipos costeiros. Na División de Prata, as mozas do Fisober voltaron con derrota de Madrid, pero con bos recordos da visita ao Bernabeu.

Mentres, na Liga Provincial houbo derbi, que levou un forte Concello de Ponteceso FSF que se coloca con 8 puntos, a só 3 do liderato e iso que ten un partido menos. Pola súa parte o Fispber B, coa derrota, queda con só 3 puntos.
Descansaban as roxiñas do Lira, mentres que as ceenses sufriron un mal día e recibiron un castigo demasiado severo, a pesar de correr tanto coma sempre. Unha derrota que as deixa con 7 puntos na metade da táboa.

Ademais, Eva e Patri segue afianzándose no 5 inicial do Viaxes Amarelle, no máximo nivel do fútbol sala galego. Pero iso si, nova derrota para as herculinas.

2ª División Estatal, xornada 4

  • Resultado: HUMANES C.B. – FISOBER F.S.F. (6-1).
  • FISOBER: Leti, Ana, Mai, Myrella e Noelia; tamén xogaron: Raquel, Laura e Inés.
  • GOLES: 1-0 Ale, 2-0 Sandra García, 2-1 Myrella, (descanso), 3-1 Rocío, 4-1,Verónica Glez, 5-1 Ale, 6-1 Verónica Salas.

Partido disputado na mañá do domingo na localidade madrileña de Humanes na que o Fisober non puido acadar os seus primeiros puntos ante un Humanes que foi mellor e se levou a vitoria de forma merecida. A mellor noticia foi que a xogadora do filial Laura que viaxaba co equipo por primeira vez fora de Galicia xogou os seus primeiros minutos esta tempada en 2ª División.

Xa dende o principio se veu que non era o día do Fisober. Máis aínda cando os cinco minutos un despiste nun balón parado permitiu a Ale poñer en vantaxe as locais. Ese gol deu solidez as madrileñas e intranquilidade as da Costa que non atopaban o seu sitio no partido. No minuto trece e de novo froito dunha xogada de pizarra a local Sandra García acadaba o dous a cero dun excelente zurdazo.
Con este gol o partido abriuse máis e por fin chegaron as primeiras ocasións visitantes. Despois dunha gran combinación destas chegou o dous a un obra de Myrella a minuto e medio para o fin desta primeira metade, chegándose con este resultado o tempo de lecer.

Pero o arranque da segunda foi premonitorio, as madrileñas acadaban o seu terceiro gol na primeira xogada obra de Rocío. Duro golpe para as da Costa que o tentaron nesta segunda metade con máis corazón que cabeza. O catro a un a oito para o fin por medio de Verónica González deixaba o partido definido. Despois ata o fin aínda chegaron dous goles máis para as madrileñas obra de Ale de novo a tres para o fin e de Verónica Salas no rexeite dun dobre penalti lanzado por ela mesma. Os problemas físicos que arrastraban Noelia e Ana, acumulouse o de Inés que non puido rematar o partido por un forte golpe no nocello.

A vindeira semana tócalle descansar o Fisober, algo que pode vir ben para recuperar as tocadas.

Liga Provincial, xornada 5

  • Resultado: FISOBER “B” F.S.F. – CONCELLO DE PONTECESO (1-6).
  • FISOBER B: Paula Lema, Tamara, Paula Fandiño, Nuriña e Laura ; tamén xogaron : Alejandra, Antía, Andrea Piroja e Anabel.
  • PONTECESO FSF: Salomé, Martina, Carmen, Elsa e Sandra ; tamén xogaron: Ana, Cintia, Noa e Zeltia.
  • GOLES: 0-1 Carmen, 0-2 Zeltia , 0-3 Carmen, 0-4 Martina, (descanso), 1-4 Tamara, 1-5 en propia porta, 1-6 Ana.

Derbi costeiro disputado este sábado en Vimianzo, con vitoria final para un gran Ponteceso FSF, ante un filial do Fisober que deu mellor imaxe do que reflexa o resultado, nun partido no que Elsa voltaba a Vimianzo coa camisola pontecesá. Arrincou ben o derbi o equipo local que foi de máis a menos durante o partido. Un penalti por mans da capitana local Laura foi transformado por Carmen, xogadora tamén con pasado no Fisober. Aínda así non se derrumbaron as locais e tiveron ocasións para lograr unha igualada que non chegou, a máis clara foi para Andrea Piroja.

Quen si aproveitaron foron as visitantes que puxeron dous goles de vantaxe no electrónico por medio de Zeltia. E máis cando chegaron dous novos goles visitantes obra novamente de Carmen de cabeza e de Martina.

Na segunda metade o xogo xa non foi tan vistoso como na primeira. Tamara reduciu diferenzas para as locais, pero un gol en propia porta despois dun rexeite e Ana puxeron o definitivo 1 a 6 para as da vila de Pondal.

A vindeira semana o filial do Fisober terá novamente derbi, tócalle render visita o Lira o sábado ás 18:00h no Pavillón de Lamas de Castelo. Pola súa banda, o Ponteceso FSFrecibirá á Baña o sábado ás 19:00h no Municipal.

Liga Provincial, xornada 5

  • Resultado: FSF Vila de Cee - Viaxes Amarelle B (1-5)
  • FSF VILA DE CEE: Carla Adriana , Alba, Sandra e María de Dumbría. Tamén: Marta, Raquel, Andrea, Belén e Laura.
  • Goles: 0-1, min.15; 0-2, min.19; (descanso); 0-3; 0-4; 0-5; 1-5: Sandra.

Sentoulles mal o descanso as rapazas do FSF VILA DE CEE, despois dun moi bo comezo de temporada chegoulles a súa primeira derrota. Empezaron as rapazas ceenses moi nerviosas, con erros nos pases, mal control dos balóns, en resumen comezaron totalmente fora do partido, mentres enfronte tiñan un rival ordenado o cal tocaba moi ben o balón. Tal cal ia desarrollandose este guión xa se presentía que non ia ser un bo día para as do FSF VILA DE CEE. Sobre o minuto 15 da primeira parte entrou o primeiro gol do Viaxes Amarelle F.S., nun erro da defensa. E cara o final da primeira parte entrou o 2º para marchar así o descanso cun 0-2.

Na segunda parte saen as ceenses a intentar marcar e poñerse no partido, pero forzadas polo resultado as cousas seguían sen saír ben, precipitacións, erros de cobertura, etc, nunha contra reciben o seu terceiro gol en contra. O partido para as ceenses ia a peor, sentíanse as rapazas desbordadas, en resumen non era o seu dia. Como soe pasar cando a un equipo non lle sae nada a o outro sáelle todo e claro xa véndose derrotadas entre un penalti e unha contra caeron dous goles mais en contra, total 0-5. Para finalizar, nos últimos minutos consegue Sandra dende lonxe marcar o 1-5, e dicir al menos o gol da honra.

No reparto de estrelas, danlle 3 para Sandra, por todo o que loitou no partido e polo seu primeiro gol na liga; 2 estrelas para Carla a porteira sen ter culpa algunha dos goles recibidos, foi unha das mellores, sen perder a concertación e ningún momento e con paradas mais que meritorias. E finalmente 1 estrela a repartir entre Raquel e Laura, pois disputaron os seus primeiros minutos nesta tempada.

A vindeira xornada o Vila de Cee visita o Cruces o sábado ás 19:00h.

Eva e Patri ao máximo nivel

Patri co Amarelle

1ª División Estatal, xornada 7

  • Resultado: Móstoles FSF - Viaxes Amarelle FSF (6-1)
  • Viaxes Amarelle FSF: Eva, Cris, Lidia Mesías, Patri, Tati (cinco inicial), Dolo, Espi, Yaiza, Noe, Laura Tesouro.
  • Goles: 1-0 Inma (min. 7); 2-0 Didi (min. 20); 2-1 Noe (min. 21); 3-1 Dolo propia puerta (min. 31); 4-1 Didi (min. 38); 5-1 Inma (min. 40); 6-1 Patri Chamorro (min. 40).

O Viaxes Amarelle FSF foise coa firme intención de poder puntuar na súa visita a Móstoles e acabo saíndo goleado por un marcador de 6-1 en contra. O conxunto herculino ía perdendo 3-1 e arriscou co xogo de cinco, que lle acabo custando unha goleada en contra por un marcador de 6-1 a favor do Móstoles FSF. Iso si, as costeiras Eva e Patri, titulares coas herculinas.

En conclusión, dura derrota en terras mostoleñas do conxunto herculino, ao que o xogo de cinco non lle deu resultado e acáboo pagando moi caro cunha goleada en contra.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Colabora o Fisober, Manuel Joné do Lira, e o Vila de Cee FSF, e Viaxes Amarelle.

Comentarios