Mércores. 01.05.2024
El tiempo

FSF: Un xornada con vitorias, derrotas, goles e ata polémica

FSF: Un xornada con vitorias, derrotas, goles e ata polémica

Xornada completa de Fútbol Sala Feminino, con tensión, vitorias, derrotas, goles e ata polémica.

Comezando pola máxima categoría, foi esta unha xornada que recordarán Eva e Patri, pois ademais de xogar ambas, Patri marcaba o seu primeiro tanto na 1ª División Nacional, e o equipo conseguía a primeira vitoria do curso.

As que non conseguen romper o mal fario son as do Fisober, que levan 7 partidos sen gañar, e se manteñen cun punto, penúltimas.

Na Liga Provincial, un pouco de todo. O Ponteceso FSF gañaba e segue á caza do líder. Un líder intratable, o BeArt Coruña, ante o que as roxiñas do Lira nada podían facer. Conseguía a súa segunda vitoria o filal do Fisober, ascendendo xa á 10ª praza.
Pero a atención ten que fixarse en Cee, onde o protagonista foi o colexiado, que impediu a vitoria das ceenses.

Xa pensan na xornada que vén, cun Ponteceso FSF - Vila de Cee o vindeiro sábado ás 19:00h na vila de Pondal.

2ª División Estatal

Partido do Fisober
  • Resultado: Fisober - Alovera (1-3)
  • FISOBER: Leti, Ana, Noelia, Inés e Myrella; tamén xogaron: Raquel e Mai.
  • Goles: 1-0 Noelia, 1-1 Xenia, 1-2 Elisa, (descanso), 1-3 Virginia.

Partido disputado na tarde do sábado no Pavillón Municipal de Vimianzo onde novamente despois dun partido igualado os puntos fuxiron lonxe da Costa, a balanza sempre cae do lado contrario.
Arrincaba un novo partido para o Fisober e non podía comezar mellor xa que os catro minutos Noelia aproveitaba un balón morto na frontal da área para poñer en vantaxe as da Costa.
A pesar de comezar perdendo as alcarreñas esperaban en media pista e as locais mesturaban presión e agruparse. Os dous equipos vivían moi temerosos conscientes da importancia do partido e as ocasións eran mínimas e no seu caso ben resoltas polas porteiras. Mediada esta primeira metade, viviuse un dos momentos chave do encontro cando Inés non foi quen de superar a porteira rival nun man a man que puido poñer as da Costa con dous goles de vantaxe.
Outro dos momentos chave foi cando os doce minutos os colexiados sinalaban a sexta falta , bastante protestada polas locais, ningunha levaban as visitantes, que supuxo un dobre penalti que non desaproveitou Xenia para igualar o partido.

Cambiaba o guión do partido e ca espada de Damocles das faltas encima as locais tiñan que esperar máis as visitantes. Todo empeorou cando a falta de tres minutos para o tempo de lecer Ana facía unha man na área co conseguinte penalti, que lle supuxo o segundo cartón amarelo co cal o Fisober perdía unha xogadora na súa xa mermada rotación. Non desaproveitou Elisa o penal para facer o segundo gol a prol das visitantes. As visitantes íanse os vestiarios cun inxusto un a dous.

Na segunda metade os equipos seguiron co mesmo guión do partido e as ocasións se chegaban eran desbaratadas polas porteiras, cunha Leti moi segura por parte local. A seis para o fin as locais tiveron a súa mellor ocasión para igualada cunha falta indirecta no borde do área, no cal o lanzamento de Noelia primeiro e o rexeite que quedou nas botas de Mai despois foron desviadas pola porteira visitante pechando as portas da igualada.
Nos últimos segundos do partido e cas da Costa a desesperada, unha contra visitante era finalizada por Virginia que se sacaba un dereitazo incrible para pechar un igualado partido que volveu a caer de forma desfavorable para o Fisober.

A vindeira semana toca derbi e rendir visita o Leis Pontevedra.

Liga Provincial, xornada 9

  • Resultado: Vila de Cee FSF - Grupo Work FSF (1-2)
  • Goles: 1-0, min.15: Andrea; 1-1, min.16; 1-2, min.37.

Polémico partido o celebrado en Corcubión. Celebrouse a primeira parte moi igualada, entre ambos equipos sen un dominador claro do xogo, non obstante faltado 5 minutos por medio de Andrea nunha xogada persoal da mesma conseguiu adiantar o Fsf Villa de Cee, resultado que non durou moito pois nos instantes finais conseguiron marcar as Coruñesas índose o descanso en tablas co resultado de 1-1.

Na segunda parte do partido repítese o guión partido equilibrado e moitas faltas, aínda sendo un partido duro as faltas eran sempre dentro da nobreza de xogo. Non obstante nos instantes finais un nefasto arbitraxe con polémica prexudica gravemente as rapazas do FSF Villa de Cee, inventándose un falta cando unha xogadora do Fsf Villa de Cee íase sola contra a porteira e podería significar o 1-1, falta moi criticada polo público. Faltando poucos minutos o Grupo Work consegue marcar o 1-2 resultado que resultaría definitivo. Dende o gol ocurren dúas xogadas moi importantes que puideran cambiar o resultado do partido, pois unha falta clarísima por parte do Grupo Work que o arbitro omite e unhas mans tamén moi claras que tamén omite. Xogadas que significarían dous dobre penaltis a favor do FSF Villa de Cee.
Non obstante, significar que dende o FSF do Villa de Cee, considera o resultado xusto , sen menosprezar a vitoria do Grupo Work os cales mantiveron a loita ata o final do partido o cal a vitoria puido decantarse para calquera dos lados.

As estrelas nesta ocasión serán : 3* estreliñas para a Cadete Paula Insua, nos seus primeiros minutos na liga a cal fixo un gran papel coma no xogo de ataque. 2* Estreliñas para a capitana Adriana, e 1* para Andrea por o seu golazo.

A polémica

O choque estivo marcado pola actuación arbitral. Como nos contan á redacción de QPC varios presentes no choque, o colexiado xa chegaba avisando de que “ata aquí non podemos vir pitar. Esto está moi lonxe, así que a ver se vos sancionan”. A actitude chulescado Sr. David Ruiz Piñeiro foise incrementando. Era un partido duro, e o colexiado fixo que o público se fose quentando co paso dos minutos, e, faltando uns 5 minutos, cando lle pitaban a 5ª falta ás visitantes, o colexiado comiuse varios dobles penaltis a favor das ceenses. Ante as protestas do público, o colexiado parou o encontro, obrigou a desaloxar a primeira fila da bancada, o que só conseguía quentar aínda máis aos siareiros locais. Quedaban aínda 3 minutos eternos, con continuos paróns, e aínda volveu parar o partido faltando 6 segundos, o que provocou que outra media hora.
Ao remate esixíu que chegase a Garda Civil e ata que o fixo non saíu do pavillón, con apenas unhas 20 persoas esperando, pero que o único que fixeron foi aplaudirlle.

“Dende logo, non facía falta chamar a Garda Civil” sinala o responsable do pavillón corcubionés, persoa allea ao club ceense.

Liga Provincial, xornada 9

  • Resultado: BerArt 5 Coruña - Lira FSF (6-0)
As roxinas do Lira de azul na Coruna

Fácil vitoria para as coruñesas, líderes da competición, ante unhas Roxiñas (de azul desta volta) que o deron todo. Primeiros minutos bastante igualados, pero unha ocasión fallada pola roxiña Bárbara esperta ás locais e empezan co baile de fútbol. 4-0 ao descanso que deixa ás roxiñas fóra do partido.
Na segunda parte as coruñesas entraron máis tranquilas e marcaron dos goles máis, demostrando que son as favoritas ao título desta temporada. As roxiñas tiveron dúas ocasións de gol de Lety e Bárbara pero que a porteira coruñesa chapou sen problema.


Liga Provincial, xornada 9

  • Resultado: Espartanas - Fisober B (0-2)
  • FISOBER B: Anabel, Tamara, Laura, Paula Fandiño e Nuriña ; tamén xogaron : Andrea Muíño, Andrea Piroja e Alejandra.
  • Goles: 0-1 Andrea Muíño, 0-2 Andrea Piroja (descanso).

Partido disputado na tarde do sábado no pavillón coruñés de San Francisco Javier onde o filial do Fisober volveu a gañar algo que non facía dende a segunda xornada. As costeiras leváronse os tres puntos ante un equipo que sempre lle pon as cousas moi compricadas , dispuxeron de ocasións para ter un resultado máis abultado pero o seu xogo distou moito do que se espera delas. Xa dende o arranque do partido o dominio foi visitante tentando acadar unha vitoria balsámica. Pero as xóvenes xogadoras do filial mostráronse algo ansiosas e individualistas nos metros finais. As da Costa adiantáronse por mediación dun gol de Andrea Muíño, que ademais no partido mandou dous balóns os paus.

O segundo gol foi obra de Andrea Piroja despois dunha contra e dun tres para un. Aínda así o xogo do filial non foi moi vistoso. Con ese resultado a favor das da Costa por cero a dous chegouse o tempo de lecer. Na segunda metade xa non se moveu o electrónico e os goles das “Andrea´s” prevaleceron. O filial tivo ocasións para aumentar o resultado pero non as aproveitaron. Pola súa banda Anabel que volvía despois dunha lesión tivo unha tarde bastante prácida na portería.

A vindeira semana visita Vimianzo o líder BeArt 5 Coruña arrancando unha xeira de compromisos compricados para o filial.

Liga Provincial, xornada 9

  • Resultado: Cafetería Meca - Ponteceso FSF (2-3).

Gran vitoria das pontecesás, das que lamentamos non poder traer as crónicas por decisión do club. Quedan 3ª, empatadas na segunda praza con 18 puntos, e a só 3 das líderes, unhas intratables BeArt Coruña que aínda non coñecen a derrota.


Eva titular e Patri xa marca na máxima categoría

1ª División Nacional. Xornada 11

  • Resultado: Viaxes Amarelle FSF - Roldán FSF (3-2)
  • Viaxes Amarelle FSF: Eva, Cris, Dolo, Espi, Lidia Mesías (cinco inicial), Patri, Laura Tesouro, Tati, Yaiza, Noe.
  • Goles: 1-0 Lidia (min. 4); 1-1 Inma Sojo (min. 16); 2-1 Patri (min. 18); 2-2 Marta Peñalver (min. 20); 3-2 Lidia (min. 22).
Eva no Viaxes

O Viaxes Amarelle FSF faise con tres puntos importantísimos antes do parón polo Mundial de Costa Rica no que participa a selección española. Un partido onde o conxunto herculino levo o peso do encontro e sempre estivo por diante no marcador. Unha vitoria por 3-2 que vale tres puntos para deixar de ser o colista da clasificación.

As boas novas foron completas para as nosas, pois Eva foi titular na portería, e fixo un gran partido, e ademais Patri xa sabe o que é marcar, pois fixo un importante 2-1 antes do descanso. Aínda sufríu o equipo herculino, pois o Roldán empatou, pero Lidia acadou o gol da vitoria.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Colabora o Fisober, do Lira FSF, e o Vila de Cee FSF, e Viaxes Amarelle.

Comentarios