Mércores. 01.05.2024
El tiempo

Un comezo deportivo para o Vila de Cee FSF

Un comezo deportivo para o Vila de Cee FSF
Familia do Vila de Cee en Carrral

Segue preparando a campaña o FSF Vila de Cee, despois da súa primeira e gran temporada en competición. O equipo xogou este pasado fin de semán o V Maratón Futsal Femenino "Concello de Carral”, unha boa proba para evaluar as posibilidades da temporada o próximo ano, e resultou moi positivo para o Vila de Cee.

O sábado comezou ás 16:00h xogando contra as Espartanas de Coruña, equipo co cal competirá na Liga Provincial. O Vila de Cee venceu 4-0, nun partido o cal dominou de principio a fin.
Ás 19:00 horas xogou contra “Fora de Xogo” e o equipo volveu mostrarse moi forte conseguindo unha vitoria cun resultado contundente de 5-0.
Xa ás 22:00h afrontou o último partido contra o Grupo Work , tamén rival na Liga Provincial, nun partido moi disputado pero volvendo a vencer por un 3-1.

Retomouse o maratón á mañá do domingo e tocoulle xogar as semifinais co equipo máis forte do Maratón, o “5 Coruña”. Foi un partido moi intenso xogado “de tu a tu” que rematou co resultado de 3-4 vencendo para as herculinas.

Tocaba xogar polo 3º e 4ºposto contra o “Grupo Work”, pero nesta ocasión perdeu o “Vila de Cee” por un resultado moi asustado de 1-0.

Non obstante, cómpre resaltar que as rapazas de Jorge Calabanda, chegaron moi cansadas ao disputar 5 partidos en 2 días e ademais ter que realizar os viaxes tanto do sábado coma do domingo.

Iso si, o FSF Vila de Cee, foi premiado co trofeo a Deportividade.

Foto de Familia en Carral

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios